Festa gastronómica
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde maio de 2012.) |
Unha festa gastronómica é un evento celebrado co gallo de exaltar un determinado produto ou grupo de produtos alimenticios. Algunhas delas están declaradas Festas de interese turístico de Galicia ou de Interese turístico nacional.
As festas gastronómicas foron fomentadas co réxime franquista tras pasaren os efectos de racionamento da guerra civil española, e mesmo se declararon algunhas de interese turístico nacional (a festa do pemento da Arnoia ou a festa do polbo do Carballiño). A Xunta de Galicia seguiu con esta política e popularizáronse festas coma a festa do cocido de Lalín.
Festas gastronómicas de Galicia
- Artigo principal: Festas gastronómicas de Galicia.
Primeiro trimestre
Segundo trimestre
Terceiro trimestre
As celebracións adoitan concentrarse nos meses intermedios do ano debido a que no hemisferio norte é verán. De feito, as persoas emigradas en América do Sur que buscan recuperar os seus costumes realízanas contra fin de ano. En realidade non se trata de xuntarse para comer, senón de comer para xuntarse. Na actualidade, coa crecente urbanización de Galicia, as festas gastronómicas non son máis ca unha substitución (ás veces un remedo mal logrado) das romarías que levan xuntando ás parroquias veciñas durante séculos. Xa nas cantigas de amigo da época medieval aparecían as xuntanzas nun subxénero específico: a cantiga de romaría. Esta tradición está tan enraizada na sociedade galega que mesmo no proceso de aculturación actual vive un grande esplendor.
Cuarto trimestre
Os alimentos exaltados van facéndose cada vez de dixestión máis pesada a medida que vai chegando o inverno: cocido, capón, androia, chourizo... Isto débese ás esixencias alimentarias do clima, que piden unha comida máis enerxética.
Asemade tamén van aparecendo nestes meses produtos de tempada, que aparecen especialmente nesta época: queimada (trala vendima), cogomelos, castañas etc, loxicamente coincidindo coa etapa anual de máxima produción.
Data | Festa | Produto | Lugar |
---|---|---|---|
Segunda semana de outubro | Festa do marisco do Grove | Marisco | O Grove |
Outubro | Festa da castaña de Breixa | Castaña | Breixa (Silleda) |
Domingo anterior ao 9 de outubro | Festa da faba de Lourenzá | Faba de Lourenzá | Lourenzá |
Segundo domingo anterior de outubro | Festa do caracol de Santa María de Sacos | Caracol | Sacos (Cerdedo-Cotobade) |
Último domingo de outubro | Festa da vieira de Bueu | Vieira | Bueu |
Outubro ou novembro | Festa do cogomelo de Soutelo de Montes | Cogomelo | Soutelo de Montes |
1 de novembro | Festa do cogomelo das Pontes de García Rodríguez | Cogomelo | As Pontes de García Rodríguez |
11 de novembro | Festa da castaña asada de Ourense | Castañas asadas | Ourense |
Penúltimo domingo de novembro | Festa do cabazo de Cabral | Cabazo | Cabral (Vigo) |
Fin de semana previa á Noiteboa | Feira do capón de Vilalba | Capón | Vilalba |
Notas
- ↑ "A Feira do Viño de Chantada será coma sempre a segunda fin de semana de marzo", nova na televisión local Televinte, 16 de xaneiro de 2013
Este artigo ou categoría carece de ligazóns interlingüísticas. Engádellas premendo na opción "Engadir ligazóns" da columna da esquerda e escribindo o código de lingua e mais o nome correspondente a este artigo ou categoría nesa lingua. Logo diso retira o modelo {{Seniw}} da páxina.Colabora connosco neste artigo e noutros en condicións semellantes para que a Galipedia mellore e medre. |