Festa do cogomelo de Soutelo de Montes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Vista da vila de Soutelo.

A festa do cogomelo de Soutelo de Montes é un evento gastronómico que ten lugar na localidade de Soutelo de Montes no concello de Forcarei (provincia de Pontevedra).

A festa[editar | editar a fonte]

Ten lugar no outono, normalemente un domingo no mes de outubro ou novembro. Xunto ca degustación de cogomelos tamén teñen lugar outras actividades como rutas de ciclismo e sendeirismo, unha feira de artesanía, concurso de cestas de cogomelos e de produtos da terra.

Ao mediodía os asistentes teñen a oportunidade de degustar os fungos, entre os que se poden atopar níscaros, boletus e cantharellus entre outros. Á parte dos cogomelos tamén se serven outros produtos como xabarín ou callos.

Para culminar a festa ofrécense sobremesas elaborados polos veciños (rosquillas, filloas...)

Festas gastronómicas do concello de Forcarei

Festa da richada de Forcarei | Festa do caracol da Graña do Umia | Festa do cogomelo de Soutelo de Montes