Breixa, Silleda
Breixa | |
---|---|
![]() Igrexa parroquial. | |
Concello | Silleda[1] |
Provincia | Pontevedra |
Poboación | 120 hab. (2011) |
Entidades de poboación | 5[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Santiago de Breixa é unha parroquia que se localiza no concello de Silleda. Segundo o padrón municipal de 2011 tiña 120 habitantes (61 homes e 59 mulleres), distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 174 habitantes.
Patrimonio[editar | editar a fonte]
Na parroquia consérvanse os petróglifos do Primadorno e o castro das Penas. A Igrexa de Santiago de Breixa é un pequeno templo románico no que destaca a rica decoración interior, moi ben conservada, cun notable arco dobre de medio punto no acceso ó presbiterio, así como o variada imaxinería representada nos capiteis: leóns, centauros, aves, sereas, grifóns etc.
O Pazo de Fares foi construído no século XVI e vencellada aos Negreiros e Portela.
Nesta parroquia naceron o político Gumersindo Otero García e o cóengo e arquiveiro Antonio García Conde.
Festas[editar | editar a fonte]
Na parroquia ten lugar a festa da castaña de Breixa.
Galería de imaxes[editar | editar a fonte]
Representación do Purgatorio.
Grifóns nun capitel.
Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]
Lugares de Breixa[editar | editar a fonte]
Lugares da parroquia de Breixa no concello de Silleda (Pontevedra) | |
---|---|
Breixa | Breixiña | O Castro de Breixa | O Outeiro | A Pena |