Conversa:Festa gastronómica

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

  • Este artigo non ten nada que ver coa definición de Festa gatronómica nin nada semellante, é máis unha lista de festas gastronómicas de Galiza. Por tanto, propoño movelo a Lista de festas gastronómicas de Galiza. --Fryant 15:01, 8 abril 2007 (UTC)
Concordo. Habería que mover esta páxina cara a, por exemplo: Festas gastronómicas de Galicia. --. HombreDHojalata.conversa 30 de xullo de 2015 ás 21:29 (UTC)[responder]
Concordo Saúdos, --Elisardojm (conversa) 30 de xullo de 2015 ás 22:11 (UTC)[responder]

Afirmación... discutible[editar a fonte]

No artigo dise que:

  • Inda así, por moito que pareza que en Galicia (e no norte ibérico en xeral) se comen moitas graxas, as esaxeradas excelencias da chamada dieta mediterránea non evitan que sexa a España verde onde menos obesidade se rexistra.

Tal cousa:

  1. Habería que referenciala (que aquí se coman máos graxas que no resto do país e que na "España verde" haxa menos obesidade que no resto.
  2. Non é certo que as "excelencias da chamada dieta mediterránea" sexan esaxeradas. As vantaxes da dieta mediterránea son indiscutibles, no sentido de seren máis saudables. Se algunha vez se esaxeraron esas excelencias sería un caso aillado que non pode xeralizarse.
  3. Que esta frase, dentro do artugo sobre Festas gastronómicas non ten ningún sentido. Cabería doutro sobre a alimentación en Galicia, por exemplo, pero non aquí.

Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 14:15, 9 decembro 2008 (UTC)

  • Tras dous anos sen que ninguén achegase base para dicir tal cousa, suprimo esa frase. Pedro --Lameiro (conversa) 11:48, 15 de xaneiro de 2011 (UTC)