Festa do polbo do Carballiño
| Festa do polbo do Carballiño | |||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| Wikidata C:Commons |
A festa do polbo do Carballiño é unha festa gastronómica celebrada no concello ourensán do Carballiño o segundo domingo de agosto. Está declarada Festas de interese turístico internacional[1].
Aínda que a vila se atopa lonxe do mar, consómese polbo desde antigo, traendo polbo seco froito do intercambio comercial coas rexións costeiras de Galiza. Na actualidade o xeito máis común de preparalo é á feira. O labor das polbeiras do Carballiño é recoñecido en toda Galiza.
En 2014, a Real Academia Galega ratificouse no uso da forma polbo como normativa fronte á forma pulpo, que o concello do Carballiño solicitara que fora recoñecida tamén, baseándose en que é así como se coñece comunmente na localidade.[2] De feito, na páxina web do concello mantense a denominación Festa do Pulpo e exáltase o traballo de pulpeiros e pulpeiras.[3]

Este artigo sobre Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "A Festa do Polbo do Carballiño, declarada de interese turístico internacional". Nós Diario. 6 de xullo de 2022.
- ↑ "'Pulpo' no entra na RAG", en La Voz de Galicia 29.03.2014.
- ↑ "Ven e vive O Carballiño". Consultado o 24.07.2025..
