Feira do viño do Rosal
Aparencia
A feira do viño do Rosal é unha festa de interese turístico celebrada no municipio do Rosal,[1] pertencente á comarca do Baixo Miño. Esta feira, que se celebra desde 1993, ten como obxectivo primordial promocionar os sectores vinícolas, conserveiros e de produtos típicos da horta e a flor que se producen no Val do Rosal.[2]
Historia
[editar | editar a fonte]No s. XII os monxes do mosteiro de Santa María de Oia eran os encargados de coidar as plantacións do viñedo e foi nesa época cando o viño acadou o seu maior auxe.
Ten lugar na praza do Calvario, con nove casetas pertencentes ás respectivas bodegas. Paralelamente á celebración da feira realízanse exposicións culturais, actividades para nenos/as, exposicións filatélicas, actuacións musicais etc.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ M. J. F. (16 de xullo de 2018). "La Feira do Viño do Rosal supera las expectativas de los 30.000 visitantes". La Voz de Galicia (en castelán).
- ↑ "Feira do Viño do Rosal". Cultura de Galicia.