Cortegada, Silleda

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cortegada
Igrexa de Santa María de Cortegada, Silleda.JPG
Igrexa de Santa María de Cortegada.
Concello Silleda
Poboación 273 hab. (2011)
Entidades de poboación 15

Santa María de Cortegada é unha parroquia que se localiza no concello de Silleda. Segundo o IGE de 2011 tiña 273 habitantes (143 mulleres e 130 homes), distribuídos en 15 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 375 habitantes.

Historia e patrimonio[editar | editar a fonte]

Destacan os gravados rupestres de Pena Longa e do Castro do Cura no lugar de Cardigonde. No lugar de Camporrapado tivo lugar unha feira o día 24 de cada mes.

En canto á arquitectura, destacan a igrexa de Santa María, do século XVI; e as capelas de Santa Lucía en Framiñan, dos Aflixidos en Camporrapado, de 1812; e de San Brais, na Casa dos Chaos, no lugar do mesmo nome.

Nesta parroquia naceron o político Antón Alonso Ríos e o médico Alfredo Ramos López, ambos no lugar de Camporrapado. Ademais, ten lugar a Festa da Paella, iniciando as festas parroquiais.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Cortegada[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Cortegada no concello de Silleda (Pontevedra)

O Barral | A Brea | O Burgo | Camporrapado | Cardigonde | Os Chaos | Cortegadela | Covas | Fondevila | Framiñán | A Pena | Regalade | A Revolta | Segade | Xubín

Parroquias de Silleda[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Silleda

Abades (Santa María) | Ansemil (San Pedro) | Breixa (Santiago) | Carboeiro (Santa María) | O Castro (San Mamede) | Cervaña (San Salvador) | Chapa (San Cibrao) | Cira (Santa Baia) | Cortegada (Santa María) | Dornelas (San Martiño) | Escuadro (San Salvador) | Fiestras (San Martiño) | Graba (Santa María) | Lamela (San Miguel) | Laro (San Salvador) | Manduas (San Tirso) | Margaride (San Fiz) | Martixe (San Cristovo) | Moalde (San Mamede) | Negreiros (San Martiño) | Oleiros (San Miguel) | Parada (San Tomé) | Pazos (San Martiño) | Piñeiro (San Xiao) | Ponte (San Miguel) | Refoxos (San Paio) | Rellas (San Martiño) | Saídres (San Xoán) | Siador (San Miguel) | Silleda (Santa Baia) | Taboada (Santiago) | Vilar (San Martiño) | Xestoso (Santa María)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]