Manduas, Silleda

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Manduas
Igrexa de San Tirso de Manduas, Silleda.jpg
Igrexa de San Tirso de Manduas.
Concello Silleda
Poboación 1006 hab. (2014)
Entidades de poboación 17

San Tirso de Manduas é unha parroquia que se localiza no concello de Silleda. Segundo o padrón municipal de 2014 tiña 1006 habitantes (498 homes e 508), distribuídos en 16 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 917 habitantes.

Topónimo[editar | editar a fonte]

Segundo o filólogo Joseph-Maria Piel o topónimo procede do latín amandola ("améndoa"), que derivou a Mándolas durante o período suevo (século VI).

Historia e patrimonio[editar | editar a fonte]

A súa igrexa parroquial foi reconstruída na década de 1930, mantendo a porta románica da orixinal. Ten a portada cara ao leste. Hai tres cruceiros no camposanto, no campo da feira e no lugar de Quintela.

A Casa da Viña, onde naceu en 1914 o político e escritor Ramón de Valenzuela, é un pazo con escudo con armas dos Gil, Taboada e Luaces, e león coroado dos Valenzuela e capela dedicada a San Antón. Tamén nesta parroquia naceron o gaiteiro Manuel Dopazo Gontade e o tenor José Vales Mahía e o mestre Víctor Fraiz Villanueva, así como os alcaldes de Silleda Casimiro Fernández Otero e Manuel Cuíña Fernández.

Destaca o núcleo da Bandeira, nacido ao pé do camiño real a Compostela. O seu nome provén do estandarte ou bandeira que tiña unha casa forte no lugar do Fortín e arredor da cal se comezou a celebrar unha feira, que actualmente ten lugar os días 14 e 29 de cada mes. En 1909 fundouse en Bos Aires a Sociedad Pro-Escuelas en Bandeira, que construíu a antiga escola, hoxe convertida no Centro Cultural Vista Alegre. En 1982, neste lugar fundouse a Banda Recreativa e Cultural de Bandeira.

Festas[editar | editar a fonte]

Na vila da Bandeira celébrase a festa da empanada da Bandeira.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Manduas[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Manduas no concello de Silleda (Pontevedra)

Andamollo | A Bandeira | Bravil | A Calzada | O Castro | Crestelle | A Devesa | Ferrozos | Letros | Lourás | Medelo | A Moa | Outeiro | Quintela | San Tirso | Vilaverde | A Viña

Parroquias de Silleda[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Silleda

Abades (Santa María) | Ansemil (San Pedro) | Breixa (Santiago) | Carboeiro (Santa María) | O Castro (San Mamede) | Cervaña (San Salvador) | Chapa (San Cibrao) | Cira (Santa Baia) | Cortegada (Santa María) | Dornelas (San Martiño) | Escuadro (San Salvador) | Fiestras (San Martiño) | Graba (Santa María) | Lamela (San Miguel) | Laro (San Salvador) | Manduas (San Tirso) | Margaride (San Fiz) | Martixe (San Cristovo) | Moalde (San Mamede) | Negreiros (San Martiño) | Oleiros (San Miguel) | Parada (San Tomé) | Pazos (San Martiño) | Piñeiro (San Xiao) | Ponte (San Miguel) | Refoxos (San Paio) | Rellas (San Martiño) | Saídres (San Xoán) | Siador (San Miguel) | Silleda (Santa Baia) | Taboada (Santiago) | Vilar (San Martiño) | Xestoso (Santa María)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]