Festa da empanada da Bandeira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Festa da empanada da Bandeira
Festa da empanada 2009.
Tipofesta gastronómica
Data de fundación1974
EnA Bandeira
PaísGalicia
Na rede
http://festadaempanada.org
editar datos en Wikidata ]

A festa da empanada da Bandeira é unha festa gastronómica celebrada a terceira fin de semana de agosto desde 1974[1] na carballeira da Pomba, na vila da Bandeira (Silleda). Está declarada Festa de interese turístico de Galicia desde o ano 1999.

Características[editar | editar a fonte]

Celébrase un concurso con dúas categorías: para particulares e para restaurantes. Un experto xurado proba todas elas para elixir as mellores, valorando non só o sabor senón tamén a presentación. Despois, as empanadas gañadoras póxanse publicamente entre o público asistente á cita gastronómica, chegando a pagarse por unha empanada 2400 €, récord igualado no ano 2022.

Xunto co concurso, a festa da empanada conta cun pregón e unha comida e cea popular amenizadas con charangas, grupos tradicionais e orquestras. Ademais das empanadas e outros manxares, son moi significativos os festivais da empanada: o Esmorga Folk (terceiro venres de agosto) e o Festival Bandeirock (terceiro xoves de agosto).

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Festas gastronómicas do concello de Silleda

Festa da carne ao caldeiro de Piñeiro | Festa da castaña de Breixa | Festa do chourizo ao viño de Ponte | Festa da empanada da Bandeira | Festa da paella de Cortegada | Festa da rosquilla de Abades | Festa do lacón de Silleda | Romaría da tortilla de Laro