Corredoira, Cerdedo-Cotobade
Coordenadas: 42°29′49″N 08°26′29″O / 42.49694, -8.44139
Corredoira | |
---|---|
![]() Foxo do Lobo. | |
Concello | Cerdedo-Cotobade[1] |
Provincia | Pontevedra |
Área | 6,8 km² |
Poboación | 108 hab. (2019) |
Densidade | 15,88 hab./km² |
Entidades de poboación | 11[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
San Gregorio de Corredoira é unha parroquia do concello de Cerdedo-Cotobade. Segundo o IGE[2], en 2015 tiña 127 habitantes (64 homes e 63 mulleres), distribuídos en 10 entidades de poboación, o que supón un descenso en relación co ano 2005 cando tiña 166 habitantes.
Patrimonio[editar | editar a fonte]
Na parroquia está o Foxo do Lobo, os restos dun foxo de lobo feito para acantoar os lobos. Tamén se atopa nesta parroquia a carballeira de Don Elías, ó pé do monte Coirego. Desde este cumio, a 774 metros de altitude, vense as rías de Vigo, Pontevedra e Arousa.
Festas[editar | editar a fonte]
A mediados de xuño ten lugar a festa do requeixo.
Galería de imaxes[editar | editar a fonte]
- Artigo principal: Galería de imaxes de Corredoira, Cerdedo-Cotobade.
Ponte Serrapio, sobre o río Almofrei.
Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]
Lugares de Corredoira[editar | editar a fonte]
Lugares da parroquia de Corredoira, no concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade | |
---|---|
A Anta | O Carballal | O Casal | O Lombiño | O Lombo | O Meixoeiro | O Outeiro | A Pedra Picada | As Pozas | A Redonda | O Val |