Quintillán, Forcarei

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 42°37′45″N 8°23′30″O / 42.6292452, -8.3915656

Quintillán
Igrexa de Quintillán.jpg
Igrexa de Quintillán
ConcelloForcarei
Poboación181 hab. (2014)
Entidades de poboación5

San Pedro de Quintillán é unha parroquia que se localiza no concello de Forcarei, na comarca de Tabeirós - Terra de Montes. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 256 habitantes (131 mulleres e 125 homes), distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 286 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 181 habitantes, sendo 84 homes e 97 mulleres.

Topónimo[editar | editar a fonte]

Topónimo de posesor, do nome Quintilianus que sería o posesor ou dono das terras.[1]

Historia[editar | editar a fonte]

A sociedade dos emigrantes da Terra de Montes na Arxentina, Residentes del Ayuntamiento de Forcarey en El Plata Pro Cultura y Protección, fundada o 22 de outubro de 1922 axudou a erguer un edificio escolar no lugar de Levoso. A primeira pedra colocouse o 4 de setembro de 1927, inaugurándose un ano despois.

Patrimonio[editar | editar a fonte]

A igrexa de San Pedro de Quintillán conserva varias imaxes do século XVI e unha pía bautismal do XIV. Existen numerosos cruceiros, entre os que destaca o "Cruceiro das Procesións", barroco e moi historiado, no adro da igrexa parroquial.

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Quintillán[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Quintillán no concello de Forcarei (Pontevedra)

A Graña de Cabanelas | A Graña de Umia | Levoso | Quintillán | Rozados

Parroquias de Forcarei[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Forcarei

Aciveiro (Santa María) | Castrelo (Santa Mariña) | Dúas Igrexas (Santa María) | Forcarei (San Martiño) | A Madanela de Montes (Santa María Madanela) | Meavía (San Xoán) | Millarada (San Amedio) | Pardesoa (Santiago) | Pereira (San Bartolomeu) | Quintillán (San Pedro) | San Miguel de Presqueiras (San Miguel) | Santa Mariña de Presqueiras (Santa Mariña) | Ventoxo (San Nicolao)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Orgullo pola toponimia en Forcarei". Carta Xeométrica. 18/10/2017. Consultado o 19/10/2017. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]