Festa da filloa de Muimenta

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Área da festa.
Placas.

A Festa da filloa de Muimenta é unha festa gastronómica que se celebra o día 1 de maio na localidade de Muimenta (Cospeito) desde 1992. No 2008 declarouse Festa de interese turístico de Galicia.

Historia[editar | editar a fonte]

A primeira edición xurdiu coa finalidade de recadar fondos para a organización da Mostra Exposición Muimenta (MOEXMU) que daquela contaba con oito anos de existencia. Desde o ano 2000 convócase un Concurso de debuxo e relato[1] coa filloa como tema central. No certame participa o alumnado de numerosos centros de ensino da Terra Chá.

No ano 2005 creouse, por iniciativa da Comisión Organizadora, a Escola de Filloeiros e Filloeiras na que ducias de nenas e nenos aprenden a elaboración e os segredos das filloas. A partir do ano 2010, esta Escola depende da Asociación Cultural Aquilino Iglesia Alvariño.

No ano 2013 tramitouse ante o Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo a declaración como Festa de Interese Turístico Internacional por parte do Goberno de España.

Organización[editar | editar a fonte]

A festa está organizada pola Asociación de Empresarios a través das distintas comisións encargadas da organización de Moexmu, coa colaboración de entidades públicas como o Concello de Cospeito, a área de Cultura da Deputación de Lugo, a Xunta de Galicia ou a Universidade de Santiago.

Notas[editar | editar a fonte]