Saltar ao contido

Amil, Moraña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaAmil, Moraña
Imaxe

Localización
Mapa
 42°32′25″N 8°35′01″O / 42.540278, -8.583611
EstadoEspaña
Comunidade autónomaGalicia
Provinciaprovincia de Pontevedra
ConcelloMoraña Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación336 (2022) Editar o valor en Wikidata
Código INE36032010000 Editar o valor en Wikidata

Enciclopedia Galega Universal: 73431

San Mamede de Amil é unha parroquia que se localiza no concello de Moraña. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 472 habitantes (253 mulleres e 219 homes), distribuídos en 16 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 522 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 414 habitantes, sendo 197 homes e 217 mulleres.

Etimoloxía

[editar | editar a fonte]

O topónimo Amil procede do xenitivo dun nome de posesor de orixe xermánica. Isto é, vén do nome dun antigo proprietario das terras chamado Alamirus, forma latinizada composta polos elementos góticos alls (todo, moi) e mereis (célebre, famoso).[1]

O topónimo galego Amil, á súa vez, pasou a ser tamén un antropónimo. Como nome de persoa, na orixe, era usado como masculino, mais debido á advocación mariana hoxe é moito máis frecuente velo como feminino.[2] Como apelido, existen por volta de 1000 persoas apelidadas Amil na Galiza.[3]

Patrimonio histórico-artístico

[editar | editar a fonte]

A igrexa parroquial foi construída en 1781.

En 1892 rematouse de construír o Santuario da Virxe dos Milagres, onde se celebra o primeiro domingo despois do 8 de setembro a Romaría dos Milagres de Amil, á que asisten milleiros de peregrinos de toda Galicia.

A tradición popular conta que todo naceu dun milagre acontecido no século XVIII. Había un labrego chamado Sebastián, que debía percorrer un longo camiño ata unha fonte afastada para conseguir a auga necesaria para regar a súa horta e a dar de beber ó seu gando, polo que rezaba con devoción á Virxe. Un día, despois de rezar pedindo axuda, púxose a cavar na terra e milagrosamente comezou a brotar un manancial. A auga era tan abondosa que mesmo lle permitiu construír un muíño que movía a auga deste manancial.

De aí a cantiga popular:

"Miña Virxe dos Milagres/ que fas milagres na terra,/ fixeches nace-la auga/ na fonte da Rozavella" [4].

Ademais, na parroquia hai varios cruceiros dos séculos XVIII e XIX,

[editar | editar a fonte]
  • Miña Virxe dos Milagres,/ os milagres vanse vendo,/ âs rapaciñas de agora/ vaille a barriga crecendo [5].
  • Miña Virxe dos Milagres/ vive no alto da Chan,/ para ver os mariñeiros/ como vogan polo mar [6].

Nesta parroquia celébrase desde 1970 a festa gastronómica do porquiño á brasa.

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]

Lugares e parroquias

[editar | editar a fonte]

Lugares de Amil

[editar | editar a fonte]
Lugares da parroquia de Amil no concello de Moraña (Pontevedra)

O Apedrado | Barro | Cartamil | O Castriño | A Chan | O Outeiro | A Picota | Piñeiro | Pumardatán | A Rozavella | Ruibal | Torre de Abaixo | Torre de Arriba | Vilacova

Parroquias de Moraña

[editar | editar a fonte]
Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Moraña

Amil (San Mamede) | Cosoirado (Santa María) | Gargantáns (San Martiño) | Lamas (Santa Cruz) | Laxe (San Martiño) | Rebón (San Pedro) | Saiáns (San Salvador) | San Lourenzo de Moraña (San Lourenzo) | Santa Xusta de Moraña (Santa Xusta)

  1. "Guía de nomes galegos - Amil". Real Academia Galega. Consultado o 28 de xaneiro de 2026.
  2. "Amil". Enciclopedia Galega Universal. Consultado o 28 de xaneiro de 2026.
  3. "Cartografía dos apelidos de Galicia - Amil". Instituto da Lingua Galega. Consultado o 28 de xaneiro de 2026.
  4. Gran Enciclopedia Galega, 2003, s. v. Amil
  5. Gran Enciclopedia Galega II, s. v. Amil. Fermín Bouza Brey: "Cantigas populares da Arousa", en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos III, 1929, 153-204 [en facsímile II], 189. No texto: âs rapaciñas. Refírese á Virxe dos Milagres de Amil, que Bouza Brey sitúa no concello de Cuntis, cando en realidade se atopa en Moraña, concello lindeiro con aquel.
  6. A Chan é un lugar da mesma parroquia de Amil.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • BOUZA BREY, Fermín: "Cantigas populares da Arousa", en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos III, 1929, 153-204.
  • VAQUEIRO, Vítor: Mitoloxía de Galiza. Lendas, tradicións, maxias, santos e milagres, ed. Galaxia, Vigo 2011.