Conversa usuario:Atobar: Diferenzas entre revisións

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Etiqueta: Envío de mensaxes en masa
Marcio (conversa | contribucións)
Liña 1.415: Liña 1.415:
Saúdos. Acaba de comezar unha votación para a proposta de política oficial da redacción de [[Wikipedia:Categorías/proposta 2017]], seguindo o calendario de votacións proposto [[Wikipedia:A_Taberna_(políticas)#Calendario de votacións de propostas de políticas e normas - xuño, xullo e agosto|aquí]]. Podes ver e participar na votación e conversa sobre a mesma na seguinte ligazón: '''[[Wikipedia:Votacións/Wikipedia:Categorías/proposta 2017]]'''. Grazas! [[Usuario:Banjo|<span style="font-family:Verdana; font-size:medium; color:#000000; text-shadow:gray 0.2em 0.2em 0.5em;">☣'''''Banjo'''''</span>]]&nbsp;[[Conversa usuario:Banjo|<sup><span style="font-family:Verdana; font-size:x-small; color:#dd0000; text-shadow:gray 0.2em 0.2em 0.5em;">'''''tell me'''''</span></sup>]] 11 de agosto de 2017 ás 07:53 (UTC)
Saúdos. Acaba de comezar unha votación para a proposta de política oficial da redacción de [[Wikipedia:Categorías/proposta 2017]], seguindo o calendario de votacións proposto [[Wikipedia:A_Taberna_(políticas)#Calendario de votacións de propostas de políticas e normas - xuño, xullo e agosto|aquí]]. Podes ver e participar na votación e conversa sobre a mesma na seguinte ligazón: '''[[Wikipedia:Votacións/Wikipedia:Categorías/proposta 2017]]'''. Grazas! [[Usuario:Banjo|<span style="font-family:Verdana; font-size:medium; color:#000000; text-shadow:gray 0.2em 0.2em 0.5em;">☣'''''Banjo'''''</span>]]&nbsp;[[Conversa usuario:Banjo|<sup><span style="font-family:Verdana; font-size:x-small; color:#dd0000; text-shadow:gray 0.2em 0.2em 0.5em;">'''''tell me'''''</span></sup>]] 11 de agosto de 2017 ás 07:53 (UTC)
<!-- Mensaxe enviada por User:Banjo@glwiki mediante a lista presente en https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Usuario:MediaWiki_message_delivery/Propostas_de_Pol%C3%ADticas&oldid=4277401 -->
<!-- Mensaxe enviada por User:Banjo@glwiki mediante a lista presente en https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Usuario:MediaWiki_message_delivery/Propostas_de_Pol%C3%ADticas&oldid=4277401 -->

== Emendas no artigo Cantroxo ==

Fixen unhas mudanzas relevantes no artigo Cantroxo, sobre o que discutistes ti e Lameiro
na conversa 34 ¿Lavandula? do primeiro trimestre do 2009.
Podedes botarlle un ollo á miña argumentación da conversa. Grazas.
[[Usuario:Marcio|Marcio]] ([[Conversa usuario:Marcio|conversa]]) 30 de agosto de 2017 ás 18:42 (UTC)

Revisión como estaba o 30 de agosto de 2017 ás 18:42

Benvido á Galipedia, Atobar!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. Arquivo de vellas conversas:

Non chores, Sabeliña

Boas Atobar! Deduzo que es coñecedor de Gustavo Freire, poderías botarlle un ollo á entrada que creei de Non chores, Sabeliña? É un artigo importante (1ª zarzuela en galego) e non sei se estará moi ben... se podes engadir ou corrixir algo agradeceríacho, non son un gran coñecedor de Freire. Graciñas!! Piquito (conversa) 21:56, 28 de xuño de 2012 (UTC)

Ok Atobar, non te preocupes, como hai tempo incluíras a Freire nunha mensaxhe que me mandaras pensei que poderías ser coñecedor da súa obra. Unha aperta, Piquito (conversa) 17:52, 3 de xullo de 2012 (UTC)
Co teu permiso vou poñer a parte as gravacións, para que queden nun apartado independente como estou a facer coas óperas. Piquito (conversa) 17:54, 3 de xullo de 2012 (UTC)

Licenza

Boas. É certo, sempre me esquece poñelo ó final. Tentarei telo sempre en conta, sobre todo dos artigos que traduzo íntegros dunha soa wiki, que é onde máis canta o tema. Un saúdo e a seguir. Breogan2008 (di) 14:33, 9 de xullo de 2012 (UTC)

Ola, vexo que acabas de borrar unha páxina que acababa de crear, Vienne (Isère). O caso é que en Francia temos o departamento Vienne, no centro-oeste do país, e a cidade de Vienne, no centro-leste e no departamento de Isère. Tamén vin que máis dunha ligazón coa páxina do departamento en realidade deberían apuntar á cidade. Estiven dubidando se cambiar o nome do departamento por «Vienne (departamento)» e crear unha nova páxina para a cidade chamada só «Vienne», pero como son moitas as outras páxinas que ligan co departamento pois pensei que era máis sinxelo así. Tamén intentei crrear unha páxina de homónimos, pero non fun capaz. un saúdo--Nicole (conversa) 16:55, 13 de xullo de 2012 (UTC)

Votación Códice Calixtino

Boas Atobar, descoñezo se liches a conversa relativa ao asunto do Liber Sancti Iacobi e o Códice Calixtino. É un tema que non está aclarado no artigo, polo que eu considero que non debería ir á portada por moi de actualidade que estea, xa que ten informacións contraditorias. Recoméndoche que leas a conversa do artigo do Códice e os comentarios da páxina de votación e reconsideres a túa votación se o consideras oportuno, o debate leva parado moito tempo e considero que de ir á pordata poría en dúbida o rigor que ata agora caracterizou á Galipedia. Un saúdo, Piquito (conversa) 08:57, 15 de xullo de 2012 (UTC)

RE: Copenhaguen

A mañei Copenhaguen na lista do revisor ortográfico, a revisión co bot terá que esperar algo máis xa que levo un tempo con el sen funcionar por cambiar de ordenador, teño que voltar a instalalo no novo cando teña un momento. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 23:05, 15 de xullo de 2012 (UTC)

Estatísticas

Fala con -jem- (de Valladolid), que é experto nesas cousas. . HombreDHojalata.conversa 08:57, 16 de xullo de 2012 (UTC)

iws

Meu, ao traducires un artigo, procura incluír unha iw ao artigo en galego noutra wiki, para que os bots o recoñezan e actualicen. Acabo de incluír o do Teatro La Latina na ca:wiki. --Estevo(aei)pa o que queiras... 13:00, 17 de xullo de 2012 (UTC)

Man

Ando de viaxe. Póñome coa imaxe da man en canto volva a casa.--. HombreDHojalata.conversa 14:21, 20 de xullo de 2012 (UTC)

Vitilixe

Non sabía o de vitilixe, pensei que era vitíligo. Xa o cambiei a vitilixe nas tres páxinas que fixen eu (dihidroxiacetona, melanocito, cor do pelo), pero hai outras dúas que non fixen eu que aínda teñen vitíligo. Polo visto dicímolo igual que os italianos e cataláns. Pero os españois, portugueses, ingleses, franceses e alemáns din vitíligo ou vitiligo. Grazas polo aviso. Adeus.--Miguelferig (conversa) 21:54, 20 de xullo de 2012 (UTC)

Re: Automatización artículos creados en gl.wiki (de es.wiki)

Hola, Atobar. Tras estudiar lo que me propones, entiendo que tu lista de usuarios es «fija» y que tu idea sería reproducir con un bot la tarea hasta ahora manual de comprobar las creaciones para cada uno de ellos, uno a uno. No obstante, desde un punto de vista informático veo muchos problemas para sostener esa idea a largo plazo: la lista de usuarios tendría que tener un mantenimiento «manual», particularmente para incorporar a nuevos usuarios, y pensando ya en otros proyectos habría que ir creando listas para cada uno de ellos, multiplicando el esfuerzo. Pensando siempre en la eficiencia y el aprovechamiento del trabajo para calibrar bien el esfuerzo que conviene dedicar a cualquier desarrollo de nuevo código, realmente prefiero no contemplar una solución que no sea general, multiproyecto, eficiente y «limpia».

En este sentido, y puesto que extraer los datos desde las tablas, como hago en el ránking de ediciones, sería bastante complejo, al no podernos apoyar en este caso en un campo específico de la tabla de usuarios, me inclino por pensar en un ranking similar al que actualizaba BOTijo en es.wiki, basado en leer los dumps que se hacen cada pocas semanas de todos los proyectos. Pero aquí se añadiría la complicación de que para gl.wiki actualmente no se están descargando automatizadamente los dumps en Toolserver. Considerando todo esto y la acumulación de tareas pendientes que arrastro, la verdad es que es difícil que me pueda plantear la cuestión individualmente a corto plazo, pero quizás habiendo un interés colectivo detrás y contando con colaboración para resolver las complicaciones o liberar tiempo de otras tareas que poder dedicar a esta, podría abordarlo; si quieres podemos seguir hablando con calma del tema en IRC, donde me encontrarás casi siempre, para evaluar posibles vías y opciones. Saludos, -jem- (conversa) 11:30, 21 de xullo de 2012 (UTC)

Feito. Se queres que me encargue de facer calquera outro, non dubides en contactar comigo. Un saúdo. --Breogan2008 (di) 16:28, 21 de xullo de 2012 (UTC)

Dúbidas en topónimos casteláns

Boas, por un aviso do revisor ortográfico fun ó artigo Eibar e vin a súa conversa. Na conversa quedou en poñelo sen acento pero na lista do revisor está con acento. Como tiña dúbidas consultei o documento da universidade de Vigo e pon Éibar, o que pasa é que non me convence moito porque tamén pon Maxadahonda, Fonlabrada, Almendralexo, etc. ¿Que facemos?, ¿a quen hai que facer caso?. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 13:00, 24 de xullo de 2012 (UTC)

E que facemos coa lista do revisor ortográfico?, haberá que quitalo, non?. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 23:00, 24 de xullo de 2012 (UTC)
Listo, grazas!. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 15:05, 25 de xullo de 2012 (UTC)

RE: Gutenberg

Feito! Feito! Xa tes creado o {{Gutenberg author}}. Vin que xa tiñamos de antes o modelo {{Gutenberg}}, que serve para ligar cos libros presentes no proxecto. Aproveitei para engadirlle algo de documentación. Saúdos! --Toliño Fala aquí comigo 13:51, 27 de xullo de 2012 (UTC)

Hospediero vs Hóspede

Ola Alejandro. Se non estás de vacacións (ou, se estás, cando volvas), gustaríame que mirases isto, que me parece de utilidade para a clarificación terminolóxica. Grazas, un saúdo. Daviña --XoioÉche o que hai 17:19, 4 de agosto de 2012 (UTC)

En canto ás páxinas da Galipedia onde aparece o termo hospedeiro, que non citei no artigo porque sei que non se debe facer, están Cianobacterias, Profilaxe, Retrotransposón, Prión, Juniperus e Enzima, das que en ningunha delas, agás Prión, son eu o primeriro editor (Prión seica foi a miña primeira colaboración coa Galipedia —primeiro fixéraa na Wikipedia— cando aínda non estaba rexistrado como galipedista. --XoioÉche o que hai 17:35, 4 de agosto de 2012 (UTC)

Hóspede/hospedeiro/hospedador/host cell

Eu creo que os problemas con estas palabras veñen de que en inglés host significa só unha cousa, e en castelán e galego (segundo os dicionarios) dúas cousas contraditorias e isto fai que nos textos biolóxicos poida orixinarse ambigüidade. Explícome.

En inglés host só significa persoa que hospeda a outra, por tanto, o hospedeiro ou hospedador. En inglés a persoa que se aloxa nun lugar (nun hotel, pensión, etc.) non é host, senón guest ou tamén lodger, boarder, resident. En castelán e mais en galego (segundo os dicionarios) hóspede significa tanto a persoa que aloxa a outro (o hospedeiro ou hospedador) coma o que se aloxa (o hóspede), polo que significa as dúas cousas (host e guest). En galego hospedeiro (e supoño que se poderá dicir tamén hospedador, se non como nome si como adxectivo) significan o que aloxa a outros. En portugués hóspede é o que se aloxa (só) e hospedeiro ou hospedador é o que aloxa a outro (só), polo que non hai ambigüidade. Por tanto, a tradución da páxina enzima desde o portugués seguramente poñía xa hospedeiro no orixinal (pero hospedeiro é unha palabra galega tamén).

O problema está cando hai que traducir (en libros, revistas científicas, na wikipedia, etc.) frases que veñen do inglés como host cell, que moitas veces as traducimos aquí por "célula hóspede" e en certos casos pode ser ambiguo porque, como dixemos, hóspede significa tanto o que se hospeda coma o que hospeda a outros. Isto pode dar lugar a ambigüidades e confusión en moitos textos onde unha célula é parasitada por un microorganismo ou en casos de endosimbiose. Por exemplo as algas unicelulares Chlorella viven dentro de certas especies do xénero de protozoos Paramecium, o que é un caso de endosimbiose. En galego poderíamos dicir que a célula hóspede é o paramecio, pero tamén poderiamos dicir que é a alga, porque hóspede significa as dúas cousas. En inglés só dirían que o paramecio é a host cell, e en portugués tamén serían claros, porque para eles a alga é o hóspede e o paramecio é o hospedeiro ou hospedador.

Eu non fixen ningunha das páxinas mencionadas por Xoio (pero traducín a parte final de enzima, porque estaba inacabada, e seguín o estilo e as escollas da parte que estaba xa feita, por coherencia, non porque fosen da miña preferencia en todos os casos), pero noutras páxinas que fixen eu, para evitar ambigüidades, moitas veces utilizo "célula hospedadora" ou "hospedador" (hospedeiro non o teño usado) en vez do ambivalente "hóspede". Non me prece que sexa incorrecto dicilo así (vén nos dicionarios) e é moito máis claro. Por que dicides que só se pode utilizar hóspede? Non sei se isto vos será de moita axuda, pero é a miña opinión.

Outra cousa que non ten nada que ver é que deixei un comentario na páxina anterídeo, que eu creo que debería ser anteridio. --Miguelferig (conversa) 19:16, 4 de agosto de 2012 (UTC)

Hóspede

Tes razón co dos significados. Agora que reparo, no dicionario de Xerais onde o vin eu os dous significados contraditorios de hóspede referíanse a persoas que se aloxan ou son aloxadas, pero cando fala de seres vivos só utiliza hóspede co significado de especie que aloxa no seu interior a outra. Haberá que aterse a iso, aínda que volvo a insistir que en moitos casos se vai prestar a confusión, porque os diferentes significados que ten a palabra van interferir uns cos outros, aínda que non se refiran a especies de seres vivos.--Miguelferig (conversa) 19:49, 4 de agosto de 2012 (UTC)

Ampliación da lista de termos do revisor ortográfico

Ola!, xa ampliamos a lista do revisor ortográfico cos termos marcados como incorrectos que saen VOLGa (tendo coidado coas novas incorporacións ó dicionario da RAG) e agora estamos buscando máis listas de termos incorrectos en internete. Se tes algunha idea sobre o tema a ver se podes comentala nesta conversa. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 10:33, 10 de agosto de 2012 (UTC)

LGT

Boas Atobar! Mira unha cousiña, podes borrar Liga Galega de Traiñeiras para poder mover Liga Noroeste de Traíñas cara a súa denominación actual? Grazas, Piquito (conversa) 16:17, 15 de agosto de 2012 (UTC)

Feito! Feito! --Estevo(aei)pa o que queiras... 17:09, 15 de agosto de 2012 (UTC)

Sármata e Sármatas

Boas. Andaba eu mirando cousas pola Galipedia adiante e vin que faltaba o artigo sobre o pobo dos sármatas, así que botei man do artigo da wikipedia castelá e traducino. Despois vin que xa había un artigo Sármata, ao que para máis inri eu mesmo lle engadira unha conversa no sentido de que se movese a Sármatas. O conto é que conviría que a versión que quedase é a de sármatas, pero por aquilo dos historiais non me atrevo a borrar a machada. Podías desfacer a desfeita como deus manda?--Servando2 (Dime) 10:27, 17 de agosto de 2012 (UTC)

Xineceo

Penso que conviña mover o artigo Xineceo a Xineceo (botánica) ou similares, e crear unha páxina de homónimos co nome agora liberado de xineceo para distinguir a parte das flores da habitación onde vivían as mulleres na Grecia antiga, que se podería chamar Xineceo (Grecia), como na wikipedia en español. Xa tes choio ;). Un saúdo--Servando2 (Dime) 23:29, 22 de agosto de 2012 (UTC)

Alejandro Tobar

Boas Atobar! Deixei un comentario na Conversa:Alejandro Tobar, espero que entendas os meus motivos e que non hai nada persoal no que expoño nin te acuso de nada. Unha aperta, Piquito (conversa) 16:34, 24 de agosto de 2012 (UTC)

Ola de novo, Atobar. Non pretendía que entraras na conversa nin iniciar un debate contigo, simplemente considerei que despois da axuda que me ofreceches dende que cheguei aquí, o máis honesto pola miña parte era que estiveras ao tanto do que puñen e dicirche non é por desconfianza a ti, máis que nada por se algún día o vías e non te atoparas con eso así de repente e pensaras o que non é. Un saúdo, Piquito (conversa) 20:58, 25 de agosto de 2012 (UTC)


Árabes ou pobo árabe?

Ola Atobar, vexo que trocaches a páxina de Pobos árabes por árabes, ben, pero se se troca pobos árabes por árabes tamén haberia que trocar outras páxinas que enpezan por pobo exemplo: Pobo xitano, Pobo ainu, Pobos xermánicos, etc... non che parece! Un saudo.--Alfonso mande 12:28, 31 de agosto de 2012 (UTC)

Mover Menandro

Boas, teño máis traballo para ti: sería mover Menandro a Menandro (comediógrafo), para librar espazo e crear Menandro como páxina de homónimos. --Servando2 (Dime) 14:58, 4 de setembro de 2012 (UTC)

Perfecto, xa me poño logo a iso--Servando2 (Dime) 17:56, 4 de setembro de 2012 (UTC)

Pedirle peras al olmo

Os equivalentes desta locución serían, por exemplo: Pedirlle pan ó vento, Perdirlle peras ó carballo, Pedirlle landras ó castiñeiro. Saúdos --Lameiro (conversa) 16:58, 6 de setembro de 2012 (UTC)

Paralímpicos

Grazas Atobar, o certo é que xa me chamara a atención que en tódalas wikis aparecera como paralímpicos menos na nosa, non cambiei nada porque non dudei do usuario que creou Xogos Paraolímpicos, procedo pois a cambialo todo. Saúdos, Piquito (conversa) 20:21, 6 de setembro de 2012 (UTC)

*Anémona de mar

Ola Alejandro. Hai tempo que non falamos. Se andas aínda por aquí, e podes, gustaríame que botaras unha ollada á Conversa:Anémona de mar. Grazas. Luís. --XoioÉche o que hai 19:42, 13 de setembro de 2012 (UTC)

É que tamén o avisei a el, que estamos nestes días con amábeis discusións (ates, polémicas). Non lle dixen quen fora o 1º editor (pero iso pódese ver se se mira).--XoioÉche o que hai 13:29, 14 de setembro de 2012 (UTC)

Dúbidas con *baterista

Boas, teño dúbidas de se unha palabra é correctas ou non, para min é incorrectas pero a ver o que dis ti. A cuestión é *baterista, en castelán e en portugués está a aceptada pero no o atopei nin no dicionario da RAG nin no Xerais. Está ben ou hai que amañala?. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 00:35, 26 de setembro de 2012 (UTC)

Si, xustamente! :), moi ben, graciñas. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 07:44, 26 de setembro de 2012 (UTC)

Má herba

Perdón, metín a zoca, Má é correcta e sinónimo de mala, podes restaurar a páxina?. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 11:13, 27 de setembro de 2012 (UTC)

Mira..., saúdos, --Elisardojm (conversa) 11:17, 27 de setembro de 2012 (UTC)
Si, eu tamén piquei :). Saúdos, --Elisardojm (conversa) 11:33, 27 de setembro de 2012 (UTC)

Outra dúbida

Atopei agora bastantes artigos co termo "daí", en teoría contracción de de+aí, isto é correcto?, eu penso que non pero non estou cento por cento seguro. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 23:06, 5 de outubro de 2012 (UTC)

Moitas grazas. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 23:37, 5 de outubro de 2012 (UTC)

Grazas

Grazas por enmendares a desfeita que fixen en Wikipedia:Artigos de calidade. Editei dende un patacón vello que teño no choio con Windows 2000 e un navegador prehistórico e non había xeito de recoñecer o que estaba a facer. Coido que non vou usalo máis! Moitas grazas e un saúdo! --Paradanta (Cóntame) 14:58, 9 de outubro de 2012 (UTC)

Quenllas e tiburóns

Ola Alejandro. Volvín cambiar o pé da foto (que me cambiaras ti no artigo Branquia), porque o tiburón representado non é unha quenlla. Afortunmadamente, a RAG rectificou a súa primeira postura de non admitir o termo tiburón e xa, hai anos, modificou algo a definición de quenlla no dicionario de 1997 (aínda que non o suficiente —xa que na 1ª acepción do termo seguía seguía sen admitir como sinónimo tiburón—) pero, posteriormente (vía, por exemplo, o Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos, editado pola Xunta e co "tratamento terminolóxico" de Manuel González González e o Termigal, xa admitiron o antes tan prohibido nome; finalmente, máis recentemente, no dicionario on line, a propia RAG admite sen problemas tibiurón, como sinónimo de quenlla en sentido amplo. Ver aquí En realidade, quenlla-quenlla, só hai una especie. --XoioÉche o que hai 21:48, 9 de outubro de 2012 (UTC)

Parabéns

Quería, se mo permites, felicitarte polo teu artigo de opinión de hoxe no Faro de Vigo. Máis claro, auga. --Paradanta (Cóntame) 14:30, 11 de outubro de 2012 (UTC)

Reversão em outubro de 2012

Entendo que meu conhecimento em galego seja limitado e considerado duvidoso (e não desminto, ele é sim), mas eu questionei, há alguns dias, a ausência de fontes para afirmações sobre a língua portuguesa, da qual sou nativo, tanto na conversa quanto, mais recentemente, no artigo sobre a língua galega. Não há tal coisa de supremacia lisboeta, e para fazer tais afirmações, fontes são necessárias! Sou conhecido na Wikipédia em inglês por editar sobre a língua portuguesa por lá, e eu saberia sobre tais supostos preconceitos linguísticos influenciando nosso padrão escrito. Vou salvar minhas edições novamente caso a conversa não seja respondida em doze (12) horas, pois acredito que não há motivos para as reversões. Obrigado. Lguipontes (conversa) 05:08, 13 de outubro de 2012 (UTC)

Nova ferramenta

Podes levar a cabo a miña petición? --Vivaelcelta {conversa  · contribucións} 12:55, 15 de outubro de 2012 (UTC)

Opinar

Podes dar a túa opinión aquí é que fai falta cuórum. --Vivaelcelta {conversa  · contribucións} 07:36, 19 de outubro de 2012 (UTC)

Décimo aniversario

Boas, fai tempo fixen unha proposta na taberna para tratar de organizar algún evento para o décimo aniversario da Galipedia e gustaríame que deras alí a túa opinión. Só che pido que poñas as túas impresións sobre a proposta, as túas ideas, as cousas coas que estás dacordo ou desacordo para tentar levar adiante esa idea, se é posible. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 01:07, 21 de outubro de 2012 (UTC)

Ola!, aquí estamos facendo unha pequena votación para ver se poñemos un aviso na cabeceira da Galipedia, precisamos o teu voto para tomar unha decisión, poderías botarlle un ollo? Saúdos, --Elisardojm (conversa) 21:29, 25 de outubro de 2012 (UTC)
Como xa hai 9 propostas para facer e o tempo non para propuxen na taberna que se faga unha votación para escoller o que facer. Se tes un momento podes dar alí o teu voto, a favor ou en contra, para pasar á seguinte fase. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 12:32, 12 de novembro de 2012 (UTC)
Xa estamos votando as propostas para celebrar o décimo aniversario, que remata mañá a última hora, pasa pola páxina e vota as que máis che interesen! Saúdos, --Elisardojm (conversa) 26 de novembro de 2012 ás 13:58 (UTC)[responder]

Boas, xa rematou a votación e as propostas con máis aceptación foron Wikipedia:Difusión nos medios e Wikipedia:Participación activa, fixen unhas páxinas separadas para ir organizando mellor eses eventos. Nos próximos días haberá que traballar nesas páxinas para darlles máis forma a esas propostas. :) Ó mesmo tempo na taberna fixen un comentario para tentar levar adiante a proposta das conferencias, podes comentar alí o que che parece. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 1 de decembro de 2012 ás 02:42 (UTC)[responder]

Gulo gulo en galego

Ola Alejandro.Que eu saiba, este bicho non ten nome en galego (polo que cómpre inventar un).

1. Cousas que seguramente ti xa mirarías e, por tanto, saberás

A especie Gulo gulo (Linnaeus, 1758), da familia dos mustélidos e único representante do xénero Gulo Pallas, 1780, ten unha distribución pola taiga (ou mellor sería dicir taigá, para manter a pronuncia da palabra rusa da que deriva, тайга́) ou bosque de coníferas boreal, polo que, ao non formar parte da fauna galega, non ten nome galego de seu, e os (poucos) galegoescribintes interesados na zooloxía non se preocuparon del. Eu, si, pero dediqueime máis, en principio, aos nomes dos compoñentes da fauna ibérica e europea máis meridional e central, pero tamén pensei no animliño en cuestión, naturalmente (mira o parágrafo 3). Non o vin nos dicionarios galegos grandes, nin no DEGU de Ir Indo/La Voz de Galicia (non teño licencia para usar a EGU on line de In Indo, e non sei se estará alí).

Os nomes vulgares da especie nas lingus do noso contorno son (vai en primeiro lugar o nome principal):

  • Castelán: glotón ou carcayú (nome este último, que ten toda a pinta de ser dunha lingua indíxena norteamericana, probabelmente da zona de Oregón que, en tempos, formaba parte do vicerreino da Nova España).
  • Portugués: glutão ou carcaju.
  • Catalán: golut
  • Francés: glouton ou carcajou.
  • Italiano: volverina ou ghiottone
  • Inglés: wolverine, glutton, carcajou, shuk bear, quickhatch.
2. Consideracións sobre o nome científico que, ás veces, convén ter en conta para derivar un nome vulgarizado inexistente

Pallas denominou ao xénero Gulo. En latín, o substantivo gulo probabelmente deriva do adxectivo do latín clásico gulōsus, -a, -um, que significa 'lambón', 'larpeiro' (que lle gustan as larpeiradas) e tamén 'comellón' (que come moito).

3. O que pensei eu

Nun principio, pensei en comellón (larpeiro e lambón non me parecían adecuados, porque o animal come carne que, aínda que para el se cadra é unha larpeirada, quizais o autor de Gulo pensaba máis ben en que comía vorazmente; pero non me acabou de convencer, porque se apartaba algo do que os terminólogos científicos (mesmo os afeizoados, coma min) chaman a universalidade da linguaxe científica, así que non o incluín na letra "C" do meu inacabado dicionario... e esperei ao "G" (que xa o teño feito, pero non publicado). E alí está. Tendo en conta as recomendacións das NOMIG de que, para a introdución de terminoloxía científica cómpre ver as solucións das linguas románicas en xeral, e da portuguesa en paricular (antes), ou da preferencia da solución portuguesa (despois do acordo de 2003) e, en ambos os casos, sempre que non sexan contrarias á estrutura do idioma galego decidín incluílo como glutón, admitindo como sinónimo carcaxú. É dicir, a solución portuguesa, pero adaptada á morfoloxía galega. Particularmente penso que, nos neoloxismos, sempre é preferíbel a solución portuguesa, adpatada ás normas galegas, para procurar a maior aproximación ao galego-portugués, que xa bastante castrapizado temos o noso idioma (por iso agora, que se pode, prefiro dicir preferíbel no canto de preferible).

Espero que estas miñas reflexións podan sevirte dalgunha axuda. --XoioÉche o que hai 17:17, 24 de outubro de 2012 (UTC)

Praga

Boas Atobar!! Propuxen o artigo de Praga para calidade, o certo é que os problemas sinalados inicialmente se solucionaron satisfactoriamente e tan só queda unha pequena eiva: as ligazóns vermellas (que aínda así son menos de 20 en todo o artigo). Como sei que es amante da literatura quixera pedirche se podes completar as ligazóns vermellas da sección de literatura do artigo, se cadra deste xeito podemos crealas todas para o peche da votación. Pídocho máis que nada porque aínda estou creando algunha que outra sección e eu non vou ter tempo. Anímote tamén a que votes (a favor ou en contra), xa que tan só hai oito votos e tamén porque considero importante o teu voto pola túa traxectoria na wiki. Unha aperta, Piquito (conversa) 17:59, 30 de outubro de 2012 (UTC)

Grazas Atobar!! Calquera achega, por pequena que sexa está ben. Piquito (conversa) 12:43, 31 de outubro de 2012 (UTC)

*Reparto > repartición

Boas! mira un detalle. Estes días atopei de casualidade que o termo *reparto é incorrecto e segundo o Gran Xerais debe usarse repartición. Temos case 1000 artigos, nunha busca inicial, dese termo incorrecto e incluso nomes de artigos xa que en gran parte dos artigos de cine úsase *reparto como en Little Miss Sunshine, XVII edición dos Premios Goya, Premio María Casares á mellor actriz de reparto ou Oscar ó mellor actor de reparto. ¿Realmente é un erro ou podería aceptarse o uso de *reparto para eses casos? É que o de repartición sóname demasiado forzado e non sei..., ti que dis? Saúdos, --Elisardojm (conversa) 20:28, 19 de novembro de 2012 (UTC)

Vale tomo nota entón. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 08:55, 20 de novembro de 2012 (UTC)

Re:Marcador senref

Tes razón que puxen ese marcador para que se soubese que lle falta unha parte importante, e incluso básica dos artigos, non me pareceu que o aviso dera impresión de falta de fiabilidade pero supoño que pode dar pé a malentendidos. Limitarei o seu uso ós casos nos que haxa polémica. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 22 de novembro de 2012 ás 13:20 (UTC)[responder]

Vencellada

Boas, outra dúbida. Na lista de erros do revisor ortográfico aparece vencellada/o/as/os>ligada/o/as/os, no dicionario en liña da RAG non aparece, pero no Xerais si. Está ben aínda que non apareza no RAG, non si? Saúdos, --Elisardojm (conversa) 23 de novembro de 2012 ás 22:25 (UTC)[responder]

Feito! Feito! Saúdos, --Elisardojm (conversa) 25 de novembro de 2012 ás 23:25 (UTC)[responder]

De casta le viene al galgo

Así, a bote pronto:

  • Cal nas unllas, cal nos pés has de imitar a quen es.
  • Ou nas unllas ou nos pés, has de imitar a quen es.

Pedro --Lameiro (conversa) 27 de novembro de 2012 ás 19:09 (UTC)[responder]

unificar páxinas

Ola! ¿Poderías unificar as páxinas Miguel II de Rusia e Miguel Aleksandrovich de Rusia? Xa falei con Xoacas que foi quen colocou o marcador de borrado, pero respondeume que: "O artigo permanecerá baixo o título de Miguel II de Rusia, e a páxina de Gran Duque Miguel bla bla bla será unha redirección que conducirá ó artigo. Un saúdo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 24 de novembro de 2012 ás 15:38 (UTC)" pero todo segue igual. Un saúdo. --AMPERIO (conversa) 29 de novembro de 2012 ás 12:51 (UTC)[responder]

Moitas gracias pola túa axuda. Un saúdo --AMPERIO (conversa) 29 de novembro de 2012 ás 13:09 (UTC)[responder]

Vandalismo

Boas Atobar! Acábome de atopar unha acción de vandalismo desta IP: 85.91.87.244

Como vin que ten varios avisos notifícoche que vandalizou de novo, concretamente creou unha entrada que era lixo, por se queres bloquear a IP (que pertence a un IES), ou se prefires que alguén contacte co centro. Unha aperta!!! Piquito (conversa) 3 de decembro de 2012 ás 15:50 (UTC)[responder]

Maiúscula en accidente xeográfico

Boas, estes días atopei unhas edicións que están cambiando ría de X por Ría de X poñendo no resumo de edición: a palabra Ría forma parte do topónimo polo tanto debe ir en maiúscula.. ¿Isto é correcto?, se é correcto..., entón tódolos accidentes xeográficos deberían ir en maiúscula? Saúdos, --Elisardojm (conversa) 31 de decembro de 2012 ás 16:16 (UTC)[responder]

Xa o aclarou Estevoaei, o accidente xeográfico non se considera parte do nome en galego polo tanto non vai en maiúscula. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 31 de decembro de 2012 ás 16:18 (UTC)[responder]
Pois non sei se está totalmente claro, se podes pasa por esta conversa. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 31 de decembro de 2012 ás 19:30 (UTC)[responder]
Moitas grazas e o mesmo che desexo :). Saúdos, --Elisardojm (conversa) 4 de xaneiro de 2013 ás 12:29 (UTC)[responder]

Homónimos de oca

Boas, outra pregunta. Na páxina Oca (homónimos) dise que oca pode referirse "Á oca, un animal, correctamente denominado ganso en galego." que liga correctamente a ganso. Debemos ter un termo incorrecto nesa páxina? Eu por min borraba esa frase porque non me parece que sexa axeitado que esté aí, ti que dis?. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 17 de xaneiro de 2013 ás 10:32 (UTC)[responder]

Listo, grazas e non te preocupes de nada que non tiña présa ningunha. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 21 de xaneiro de 2013 ás 09:46 (UTC)[responder]

Un par de cousiñas

Boas Atobar! Vin que viviches un tempo en Marsella e Copenhaguen, animaríaste a ampliar a información sobre algunha delas? Ao ter vivido nelas podes aportar máis do que podamos os que nunca estivemos nelas. Noutra orde de cousas, vin que hai un tempo creaches o artigo do dodecafonismo; relacionado co dodecafonismo (indirectamente) creei o artigo Wozzeck (polo momento o artigo máis longo sobre unha ópera e o máis logo de todas as Wikipedias), poderíaslle botar un ollo por temas de lingua, ver se é comprensible... vamos, o que serían os criterios de calidade? Non sei se engadir algo máis de aquí, se cres que se pode engadir algo e o queres engadir ti, adiante, senón xa o fago eu. Perdoa que te dea tanto traballo, querería avaliar o meu traballo e polo que teño visto nas votacións a artigos de calidade por exemplo es crítico e esixente cos artigos, e ao ter creado o artigo do dodecafonismo deduzo que algo de interese tes no tema. Unha aperta!!! Piquito (conversa) 18 de febreiro de 2013 ás 20:23 (UTC)[responder]

Moitas grazas polas correccións Atobar!! O das cidades non era para xa, era máis que nada unha idea porque penso que as túas aportacións poden ser moi boas. Apertas!! Piquito (conversa) 18 de febreiro de 2013 ás 22:35 (UTC)[responder]

Dúbida de plural

Mira unha cousa que non estou seguro porque mirando a Normativa do galego non me aclaro, o plural de hábil é hábeis? Saúdos, --Elisardojm (conversa) 21 de febreiro de 2013 ás 11:55 (UTC)[responder]

Non sei por que teima nunca me cadra ben esa norma. Moitas grazas! --Elisardojm (conversa) 21 de febreiro de 2013 ás 13:33 (UTC)[responder]

Proposta

Boas, fixen unha proposta urxente na taberna, se tes un momento bótalle un ollo a ver que che parece.

Fixen tamén unha especie de nota de prensa polos dez anos e os 100 M artigos, mételle man todo o que queras. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 6 de marzo de 2013 ás 13:36 (UTC)[responder]

Moitas grazas, quizáis sexa un pouco curto pero foi o que se me ocorreu nun momento rápido, a ver se entre todos podemos engadirlle un pouco máis de contido para que quede máis xeitoso e logo xa se envía. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 6 de marzo de 2013 ás 17:08 (UTC)[responder]

Hola

Hola, Florerias ayudarme mejorar la estos articulos gracias; Basílica de Nosa Señora da Candelária, Virxe da Candelaria.--79.158.242.224 8 de marzo de 2013 ás 19:18 (UTC)[responder]

consejos vendo y para mí no tengo...

Si, mira: hola. Veño por: http://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Conversa_usuario:Nemigo&redirect=no precisamente o texto que inclúo na miña páxina (páxina que non é miña e eu NON emprego) púxose por ti. Ante a imposibilidade de contactar contigo xa que ti tes desahabilitado o envío de correos electrónicos. Seguro que hai unha norma que che permite non ter que recibir correos electrónicos e moito menos obrigarte a respostar. Eu si teño esa opción activa e resposto aos que me envíen. Cuestións persoais, respostas personalizadas. Paréceme o axeitado. Os problemas que ti teñas ca wikipedia arránxalos con eles e co seu sistema. Eu non che vou contar as ducias de mensaxes que teño enviado a usuarios (moitos deles admins) e aos cales non respostan nada. ¿Onde está esa normativa que obriga a... responder?

Pero rematando polo final do teu texto (a parte superior non esta referenciada e por tanto segundo as propias normas da wikipedia -que podes consultar ti mesmo- non hai porque atender e moito menos ter en conta) preguntas porque se edita ca IP e se resposta como usuario rexistrado (esto todo é 100% legal e permitido por wikipedia, este uso das normas da wikipedia para o que me convén e pasardelas cando non me compre... ) Desde que emprego ese sistema o número de discusións por edicións de aportacións na wikipedia é cero patatero. Oes: nin un problema con ninguén! Penso que diante semellante éxito é o sistema correcto. Editar con IP para aportacións na wikipedia e empregar usuario rexistrado para cuestións administrativas. Os problemas veñen con xente (non te deas por aludido) que están empeñados en dar opinións que ninguén lles pediu e facer aportacións sen referenciar e de orixe e fin descoñecido. En fin que non da para máis a historia. Coidate moito, segue a cumprir as normas que segundo ti existen e os demáis non cumpren e boeno. Pois iso: a pasalo ben. Saúdos --Nemigo 9 de marzo de 2013 ás 22:46 (UTC)[responder]

Árbore xenealóxica

Boas Atobar!! Decidinme a ampliar o artigo de Jean Sibelius, quería poñer unha árbore xenealóxica como noutros artigos mais non sei cómo funciona o modelo. Copiei o que aparece en Valentín Paz-Andrade, mais non sei cómo facer para poñer máis pólas (o lugar de onde tiro a árbore é esta e quería tentar que fose o máis completo posible, cos avós e os fillos de Sibelius e pode que mesmo netos). Sabes cómo vai ou quen me podería axudar? HombreDHojalata, que fixo os de Paz-Andrade e Fraga está ausente, así que non sei a quén recurrir... Moitas grazas de antemán!!! Piquito (conversa) 16 de marzo de 2013 ás 10:41 (UTC)[responder]

Moitas grazas, copiarei a mensaxe anterior e enviareilla. Piquito (conversa) 16 de marzo de 2013 ás 11:49 (UTC)[responder]

The Beatles

Boas, mira, na cabeceira do artigo de The Beatles vin unha cousa que non estou seguro de que esté ben, di: "incorporando a miúdo elementos clásicos, entre outros, de forma *innovativa nas súas cancións." ¿Innovativa é correcto? Saúdos, --Elisardojm (conversa) 18 de marzo de 2013 ás 12:11 (UTC)[responder]

E podes modificalo tamén en Wikipedia:Artigo destacado? Non sei por que non me deixa... Saúdos, --Elisardojm (conversa) 18 de marzo de 2013 ás 21:26 (UTC)[responder]

Bloqueo de Nemigo

Ola Atobar. O outro día bloqueaches a Nemigo cun bloqueo de 3 días, bloqueo que xa expirou. Pero súa páxina de conversa dixeches que Nemigo edita como IP e comenta como usuario rexistrado, e en cambio no teu rexistro non vexo que bloquearas a ningunha IP. E é válido o voto de Nemigo en Wikipedia:Votacións á administración/Eleccións/Usuario:Elisardojm despois que o bloquearas. PD: El votou antes do bloqueo. Saúdos!--Vivaelcelta {conversa  · contribucións} 19 de marzo de 2013 ás 19:11 (UTC)[responder]

Con respecto a editar con IP, agora xa dá igual, pero díxeno para que non puidera evadir o seu bloqueo, pero se ó bloquear a conta de usuario xa bloqueas a IP, pois entón xa está. E con respecto o voto, non sei se é válido ou non, díxencho, por se non te decataras, aínda que está vez dá igual porque non modifica nada. Saúdos! --Vivaelcelta {conversa  · contribucións} 20 de marzo de 2013 ás 13:25 (UTC)[responder]

Conflito de edición

Ola Atobar, sinto o do conflito de edición en Chinua Achebe, foi porque lle engadín a súa data de falecemento. Un saúdo. --JaviP96 23 de marzo de 2013 ás 19:40 (UTC)[responder]

Ola Atobar, poderías referenciar ese artigo e retirarlle o marcador {{sen referencias}}? Por certo, cando traduzas doutra wikipedia coma no caso de Benjamin Constant tenta manter as referencias, xa que a wikipedia non é unha fonte primaria. Saúdos. --JaviP96 10 de abril de 2013 ás 13:41 (UTC)[responder]

Vale, pero para a próxima vez tenta indicalo xa no resumo cando crees o artigo, con respecto ás traducións, en caso de que o artigo traducido teña poucas notas ou sen importancia, o que podes é poñer é algo de bibliografía. Un saúdo! --JaviP96 11 de abril de 2013 ás 17:01 (UTC)[responder]

Tradución

Boas Atobar!!! Estou ampliando o artigo de Sibelius que crearas hai uns anos e quería traer uns contidos da wiki en francés, mais o meu francés é moi malo... poderías traducir eses dous parágrafos? Xa están marcados co modelo {{entradución}}, se non podes xa mirarei cómo facer. Conto con engadir algo máis da wiki en francés, así que se te interesa e se non te importa avísote se preciso algo de axuda. Unha aperta!!! Piquito (conversa) 10 de abril de 2013 ás 14:19 (UTC)[responder]

Risas

Como se escriben as expresións que imitan o son da risa? Eu coñezo ga e ha para *ja, ge e he para *je, e supoño que gi e hi tamén estarán ben, pero úsanse para o resto go, ho, gu e hu? :) Saúdos, --Elisardojm (conversa) 16 de abril de 2013 ás 23:50 (UTC)[responder]

Grazas, engadido ó revisor ortográfico :D. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 17 de abril de 2013 ás 12:28 (UTC)[responder]

Proposta

Boas, abrin un fío de conversa na taberna que penso que é de interese de toda a comunidade, está en Wikipedia:A_Taberna_(propostas)#Votacións. Agradeceríache que o leras. Un saúdo!!! Piquito (conversa) 23 de abril de 2013 ás 17:11 (UTC)[responder]

Ola

Ola, por favor, axude-me a mellorar este artigo, grazas: Pedro de Betancur.--79.155.93.5 2 de maio de 2013 ás 17:32 (UTC)[responder]

1000 artigos que toda Wikipedia debería ter

Ola Atobar, vin que creaches varios artigos dos 1000 que toda Wikipedia debería ter (Guerra Civil, militar, guerra, ficción e supoño que uns cantos máis), porén todos se tratan de bosquexos, poderías amplialos, para que polo menos chegaran aos 10kb e deixaran esta categoría para pasar a esta ou, mellor aínda, a estoutra? Saúdos. --JaviP96 11 de maio de 2013 ás 16:54 (UTC)[responder]

Este mes creo que "nos desfaremos" de preto de 70 bosquexos, ti vai ampliando os que xa creaches segundo poidas (se como xa dixeches non se melloraron antes), e se unha vez os remates, te animas a ampliar algúns outros, serías de gran axuda. Un saúdo! --JaviP96 12 de maio de 2013 ás 08:51 (UTC)[responder]

Dúbidas ortográficas

Boas!, teño unhas dúbidas que non puden resolver nin co dicionario en liña da RAG nin co Xerais, a ver se ti me podes axudar. Atopei nun artigo os termos xentuza e cadalso, xentuza non sei se será correcto porque o que atopei foi xentalla, e cadalso tampouco o atopei pero imaxino que o correcto será cadafalso, non? Saúdos, --Elisardojm (conversa) 22 de maio de 2013 ás 20:27 (UTC)[responder]

Moitas grazas! :) Saúdos, --Elisardojm (conversa) 24 de maio de 2013 ás 00:47 (UTC)[responder]

Revisión de Joyce Hatto

Ola Alex.

Tes un momento para revisar Joyce Hatto? Non se entende moi ben.

Graciñas, un abrazo. --. HombreDHojalata.conversa 31 de maio de 2013 ás 15:55 (UTC)[responder]

Patos, gansos, cisnes e outros bichos

Ola Alejandro. Gustaríame, se podes, que lle botases una ollada á páxina de conversa do artigo Pato. --XoioÉche o que hai 6 de xullo de 2013 ás 11:56 (UTC)[responder]

Xuntanza

Boas, propuxen na taberna facer unha xuntanza de galipedistas, se che interesa o tema comenta por alí o que che parece e o lugar e datas que estarías libre. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 10 de setembro de 2013 ás 09:00 (UTC)[responder]

Boas, primeiro quero pedirche desculpas por non facer avanzar este tema debidamente pero lamentablemente estes dous últimos meses estiven ocupado con outras cousas. Quería volver a relanzar esta proposta e para iso pediríache que actualizaras as datas nas que estarías dispoñible no mes de novembro para facer o encontro. Tamén propuxen separar o encontro da presentación en Ourense polo que me gustaría que comentaras esa idea. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 18 de outubro de 2013 ás 00:14 (UTC)[responder]

Zelandia / Celandia (e Nova Zelandia / Nova Celandia)

Ola Alejandro. Bótalle, se tes tempo, un ollo á páxina de Conversa de Celandia. Un saúdo, Luís. --XoioÉche o que hai 24 de setembro de 2013 ás 16:02 (UTC)[responder]

Charla no CESGA

Boas, para a semana imos ir Agremón e máis eu a Santiago a charlar sobre a Galipedia, se queres e tes tempo ó mellor poderíamos quedar despois para falar un pouco e tomar unhas cervexiñas :). Vou a avisar tamén a Estevoaei. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 27 de setembro de 2013 ás 22:33 (UTC)[responder]

Día da xuntanza

Boas, mira, Estevo propuxo facer a xuntanza o día 30 de novembro en Pontevedra xa que coincide co Culturgal, cando poidas, comentas alí se che vale a data e o sitio? Saúdos, Elisardojm (conversa) 16 de novembro de 2013 ás 01:47 (UTC)[responder]

Esta fin de semana que ven é a do 30 e a temos que decidir o sitio para a xuntanza, paréceche ben o de Pontevedra ou queres propor outro sitio? Saúdos, --Elisardojm (conversa) 25 de novembro de 2013 ás 01:24 (UTC)[responder]
Moi ben, se hai novas xa che aviso. Unha aperta! --Elisardojm (conversa) 25 de novembro de 2013 ás 10:27 (UTC)[responder]

Xuntanza o sábado día 30

Despois de moitas voltas, perdón pola parte que me toca a este respecto, parece que este vindeiro sábado día 30 vai ser cando se faga a xuntanza. Pasa pola conversa da taberna e vota pola cidade na que queres que nos xuntemos. Tamén podes propor co teu voto unha hora de quedada e así imos perfilando os detalles. A ver se nos vemos o sábado! Saúdos, --Elisardojm (conversa) 26 de novembro de 2013 ás 09:10 (UTC)[responder]

Fixen un pequeno resumo da reunión na conversa da taberna. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 11 de decembro de 2013 ás 02:35 (UTC)[responder]

Proposta nova

Boas Atobar! Deixei unha proposta na taberna, se podes e queres pásate a opinar e aportar as túas ideas e aportacións sobre os temas que máis controles, chega con que vaias a Wikipedia:A_Taberna_(propostas)#Artigos_que_a_Galipedia_debera_ter. Unha aperta!! Piquito (conversa) 12 de decembro de 2013 ás 13:56 (UTC)[responder]

Illano?

Boas, o outro día estiven fedellando no artigo das illas Ons e atopei o termo "illano" e non sei se é correcto. Mirei no dicionario en liña da RAG e non atopei nada e no Xerais o que ven é illán/ana. Será correcta a forma "illano"? Saúdos, --Elisardojm (conversa) 20 de decembro de 2013 ás 12:48 (UTC)[responder]

Moitas grazas!, póñome a amañalo. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 20 de decembro de 2013 ás 15:52 (UTC)[responder]

Florín

Cando teñas un momento, podes revisar a conversa de Florín arubeño para confirmar ou desmentir o comentario que fixeron? Saúdos e boas festas!, --Elisardojm (conversa) 24 de decembro de 2013 ás 08:45 (UTC)[responder]

Moitas grazas!! Saúdos, --Elisardojm (conversa) 24 de decembro de 2013 ás 12:21 (UTC)[responder]

Prezado Atobar, respecto ao sufixo -eño agora mesmo teño a man como referencia o "Dicionario de ortografía da lingua galega" da editorial Galinova no que na entrada Xentilicios (foráneos) di:

"Outras terminacións teñen vinculación con áreas xeográficas concretas:

-Ámbito árabo-musulmán, -í/-ís: magrebí, magrebís; marroquí, marroquís -Ámbito hispano, -eño/-eña: limeño, limeña; madrileño, madrileña (...)"

Buscarei outras referencias máis porque me soa de telo lido noutros sitios.

Con todo, dado que o artigo conforme o historial foi elaborado a partir da versión en francés e castelán da wikipedia deduzo que o xentilicio "arubeño" tirouse directamente do español, a única lingua que ten tal forma. Non dei atopado ningunha obra autorizada que prescriba algunha forma galega para o xentilicio de Aruba. Non obstante dita ausencia non me parece que xustifique aceptar sen mais e difundir un castelanismo. A miña proposta de substituír "arubeño" por "arubano" en consonancia co portugués, italiano e inglés segue a lóxica que levou a substituír no seu momento o xentilicio castelanizante "congoleño" por "congolés": o Congo non é un país hispano, así que non lle corresponde o sufixo -eño.

Como dis ti o mellor é facer unha consulta ao ILG ou á RAG, mais mentres penso que se non se sabe cal é o xentilicio correcto pódese usar a perífrase " florín de Aruba", como fai por exemplo o catalán. Dese xeito non se difunden no galego formas erróneas que despois vai ser difícil eliminar.

Sería moi necesario que se aprobase unha listaxe de topónimos e xentilicios para usar na galipedia e que servise para resolver conflitos de edición. Teño visto cousas moi raras que colonizan artigos e artigos e que parecen obra de tradutores automáticos ou case, como "o Afastado Oriente" no canto do castelán "el Lejano Oriente" que me parecen sen sentido. Será "Extremo Oriente", ou?

Cordiais saúdos.

--Marcio (conversa) 26 de decembro de 2013 ás 23:47 (UTC)[responder]

Reparto e repartimento

Boas!, unha cousiña máis antes de que remate o ano :) Estamos debatindo na miña páxina de conversa o uso axeitado do termo *reparto, xa comentei o que falaramos fai tempo sobre o tema pero vistas as webs que o usan non sei que dicir..., a ver se para o ano que ven podes botarlle un ollo :) Bo ano!, --Elisardojm (conversa) 31 de decembro de 2013 ás 16:30 (UTC)[responder]

Moitas grazas, agora xa o teño ben claro :) Saúdos, --Elisardojm (conversa) 2 de xaneiro de 2014 ás 09:45 (UTC)[responder]

Reino de León

Boas Atobar, deixei unha mensaxe na Conversa:Reino de León, que penso é da túa interese, posto que ti xa comentaches o artigo Unha aperta!--AMPERIO (conversa) 8 de xaneiro de 2014 ás 12:31 (UTC)[responder]

Proposta na taberna

Boas, hai unha proposta na taberna para tentar organizar un traballo conxunto da comunidade, se che interesa comenta alí o que che parece, a proposta está aberta e se a comunidade o decide pode ser adaptada ó que faga falta. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 14 de xaneiro de 2014 ás 01:28 (UTC)[responder]

Wikirreto

Aí che vai:

Coordenadas

Boas, non sei se saberás como se fai, pero poderías botarlle un vistazo ao mapa do artigo Zafarraya para ver por que non sae no mapa? Gracias--AMPERIO (conversa) 25 de xaneiro de 2014 ás 19:51 (UTC)[responder]

Non hai problema, xa lle escribín a Elisardojm. Un saúdo! --AMPERIO (conversa) 25 de xaneiro de 2014 ás 19:58 (UTC)[responder]

Proposta na taberna

Boas Atobar, deixei unha proposta en Wikipedia:A Taberna (técnica) que creo que é da interese de todos. Agradeceríache que deras a túa opinión. Un saúdo --AMPERIO (conversa) 27 de xaneiro de 2014 ás 10:55 (UTC)[responder]

Engra

Ola Atobar!

Unha cousa, vin que o artigo engra foi eliminado para pasalo ao dicionario; cando se pasan artigos ao dicionario, que criterio se segue?, porque existe en moitas linguas este artigo. Ou é porque era moi escaso. E que coido que a Wikipedia é un dos mellores dicionarios que hai para traducir dunha a outra lingua; e neste caso, non coñecía a palabra galega desta ferramenta. Grazas. Saúdos. Nachonion (conversa) 26 de febreiro de 2014 ás 14:55 (UTC)[responder]

Ola Alex.

Anímaste a comezar da:Xosé María Díaz Castro? --. HombreDHojalata.conversa 27 de febreiro de 2014 ás 21:20 (UTC)[responder]

Opinión

Boas Atobar! Poderías opinar sobre esto? Graciñas! Piquito (conversa) 4 de marzo de 2014 ás 10:40 (UTC)[responder]

Os Povos Decidem

Retirei do texto que Os Povos Decidem fora outra forma de grafar o nome da coalición, deixei tamén unha mensaxe da páxina de conversa cos motivos, non sei se estarás de acordo.--Sernostri (conversa) 23 de marzo de 2014 ás 14:33 (UTC)[responder]

Tal e tales?

Unha pregunta, é correcto poñer "tais" como plural de "tal"? Saúdos, --Elisardojm (conversa) 24 de marzo de 2014 ás 14:04 (UTC)[responder]

Xa me parecía..., pois outro cholliño para facer :) Grazas e un saúdo!, --Elisardojm (conversa) 24 de marzo de 2014 ás 21:08 (UTC)[responder]

Votación para anunciar as votacións de artigos de calidade

Boas, cando teñas un momento, poderías revisar e achegar as túas ideas e voto nesta proposta?. Grazas, --Elisardojm (conversa) 26 de marzo de 2014 ás 02:08 (UTC)[responder]

Proposta

Boas Atobar!, cando teñas un momento, poderías revisar e achegar as túas ideas e voto nesta proposta?. Un saúdo! --AMPERIO (conversa) 2 de abril de 2014 ás 11:17 (UTC)[responder]

Opinión

Boas, fixen unha proposta na taberna, dado que é un asunto que afectaría á portada creo que canta máis xente opine mellor. Un saúdo, Piquito (conversa) 14 de abril de 2014 ás 17:31 (UTC)[responder]

Dúbida con *sigue

O termo *sigue é incorrecto, non? Busquei a aquí a conxugación de seguir e pon que sigue só se pode usar no Imperativo, uso moi pouco frecuente nos artigos da Galipedia, así que moitas das aparicións que hai de *sigue haberá que amañalas por "segue", non? Haberá que metelo tamén na lista do revisor ortográfico indicando que é incorrecto salvo que se use como forma do Imperativo, non? Saúdos, --Elisardojm (conversa) 15 de abril de 2014 ás 07:55 (UTC)[responder]

E outra máis da que non estou seguro, o termo "feirado" é correcto segundo a RAG? No dicionario en liña acabo de mirar e non aparece, pero na miña cachola penso que vin algunha nova fai tempo de que si que ían a aceptalo, vale ou non vale? Saúdos, --Elisardojm (conversa) 15 de abril de 2014 ás 08:13 (UTC)[responder]
Grazas! Saúdos, --Elisardojm (conversa) 15 de abril de 2014 ás 09:11 (UTC)[responder]

Plural de tal

Teño unha dúbida co plural de "tal" (por exemplo a expresión "como tal", como sería en plural?) porque en varios sitios está a usarse "talles", o plural é "tales"? Saúdos, --Elisardojm (conversa) 28 de abril de 2014 ás 09:22 (UTC)[responder]

Deixa que xa cho preguntei fai un tempo! Esta cabeciña! Saúdos, --Elisardojm (conversa) 28 de abril de 2014 ás 09:30 (UTC)[responder]
Moitas grazas! Saúdos, --Elisardojm (conversa) 28 de abril de 2014 ás 11:53 (UTC)[responder]

Mundial de Fútbol Brasil 2014

Ola! Grazas por avisar, pasóuseme xa que estes días non podo atender moito por aquí. Vouno quitar, aínda que traballarei un pouco máis nel cando pase o lío. Saúdos!--Adorian (conversa) 8 de maio de 2014 ás 20:36 (UTC)[responder]

Tradución das citas

Boas Atobar! Abrín un debate na Taberna para tentar aclararnos sobre a tradución/non tradución das citas, sería boa cousa contar coa túa participación. Saúdos! --Norrin (Fálame) 16 de xuño de 2014 ás 08:07 (UTC)[responder]

Poñendo

Teño unha dúbida, atopei 150 e pico páxinas (co google, ó mellor ó final son menos) que teñen o termo "pondo", pode usarse así ou hai que cambialos a "poñendo"? Saúdos, --Elisardojm (conversa) 4 de xullo de 2014 ás 15:37 (UTC)[responder]

Ah, vale, non caera no pór, tomo nota! Saúdos, --Elisardojm (conversa) 4 de xullo de 2014 ás 23:13 (UTC)[responder]

Dúbida con sé

Boas, mira unha preguntiña. O outro día atopei un artigo que usaba "sé" referíndose a unha empresa, pero polo que vin no dicionario paréceme que só se pode usar cando se fala de dunha igrexa, non? Polo menos esas eran as únicas acepcións que viñan, ti sabes se tamén pode usarse noutros eidos? Saúdos, --Elisardojm (conversa) 10 de xullo de 2014 ás 21:31 (UTC)[responder]

Moi ben, tomo nota na lista de termos do revisor e moitas grazas! Saúdos, --Elisardojm (conversa) 11 de xullo de 2014 ás 08:51 (UTC)[responder]

Opinión

Boas, fixen unha nova proposta na taberna e creo que é importante que opine o maior número de usuarios posible, polo que pido a túa opinión. Un saúdo, Piquito (conversa) 12 de xullo de 2014 ás 14:42 (UTC)[responder]

Galencontro 2014

Propuxen na taberna facer un novo galencontro de galipedistas, en Coruña ou en Lugo dependendo da aceptación da xente. Tamén se poden propor temas para tratar no encontro aínda que non se poida asistir. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 14 de outubro de 2014 ás 23:37 (UTC)[responder]

*Casillas

Boas, mira unha cousiña, que estou quitando todos os *casillas e nun sitio atopei a expresión "frecuentemente saca a Holden das súas casillas". Como amaño a expresión "quitar a alguén das súas *casillas"? Facer rabear?, ou hai algo máis acaído? Saúdos, --Elisardojm (conversa) 23 de outubro de 2014 ás 11:58 (UTC)[responder]

Aí está! :), moitas grazas! Saúdos, --Elisardojm (conversa) 23 de outubro de 2014 ás 21:02 (UTC)[responder]

*púbrico

Unha preguntiña "técnica", o termo *púbrico, é un hipergaleguismo ou un lusismo? E outra cousa, cando teñas un momentiño, podes revisar arcaísmo que á frase onde está "Deus" creo que lle falta algo... Saúdos, --Elisardojm (conversa) 9 de novembro de 2014 ás 09:10 (UTC)[responder]

Grazas pola aclaración de *púbrico, pero o do arcaísmo segue sen encaixarme... Unha das palabras é albanel, e a outra? Ou é que albanel ven de dúas palabras medievais (nese caso habería que indicalas porque sen iso non se entende e eu non as coñezo)? Ou estase a referir a ren e res? porque nese caso creo que habería que mellorar a redacción... Saúdos, --Elisardojm (conversa) 9 de novembro de 2014 ás 22:18 (UTC)[responder]

Edición da entrada "lusofonía"

Boas Atobar.

Son Majoalpe, estudante do último ano do Grao en galego-portugués. Estou a elaborar un traballo sobre a lusofonía, e intentando ampliar a información deste concepto na Wikipedia. O traballo está sendo revisado por dous profesores. En caso de haber algún problema coa edición, agradeceríache que contactases comigo para explicarme o motivo. Irei ampliando o contido ao longo destes días. Un saúdo.

Nova proposta na taberna

Fixen unha nova proposta na taberna, cando teñas un momento bótalle un ollo. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 19 de decembro de 2014 ás 01:50 (UTC)[responder]

Proposta

Boas, fixen unha proposta en Conversa:Galicia na que creo que deberías participar como administrador. Un saúdo --AMPERIO (conversa) 30 de decembro de 2014 ás 10:34 (UTC)[responder]

Datas antigas

Outra cousa. Estase tratando un tema na taberna que coido que pode ser necesario cambiar na Galipedia. Nese comentario trátanse dúas cousas, unha que as datas Antes de Cristo non leven signo negativo, coma -10, e por outra usar AEC en vez de a. de C.

Eu creo que as datas anteriores a Cristo non deberían levar o signo negativo e ser 10 a. C. pero non sei se hai algunha razón especial para estean así. Ti cres que é correcto manter as datas negativas?

No de usar AEC xa non concordo porque entendo que non é un termo coñecido abondo para que o poidamos usar aquí. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 5 de xaneiro de 2015 ás 09:05 (UTC)[responder]

What are you talking about

The provide proper credits when using my photos.

I should be allowed to delete my own user page, and express the fact that I think it is a JOKE that I can not vote for my own photo on a sister site when I am a valued contributor on the EN project.

Please explain what calling out the truth (This is a joke!) can be offensive to anyone. I am well aware of the Wikipedia "Rules" and it does not say that I may not have a opionion and/or express it. In the USA that is covered by the First Amendment [1] of the constitution. What was it that you found offensive? PLease be respectful of the Creative Commons license used when I DONATE my work to commons. WPPilot (conversa) 27 de xaneiro de 2015 ás 12:48 (UTC)[responder]

Ohh so Jerk is a bad word here on this project. Remove my account please. I will delete my user and talk pages, this is not one of the projects I will be contributing to. PLease provide proper credits under the creative commons 3.0 attributions requirments if my photos are used here, goodbye. WPPilot (conversa) 27 de xaneiro de 2015 ás 13:49 (UTC)[responder]

Aviso de wikimaratón en Vigo

Boas, puxen unha nota na taberna e coméntocho por se che interesa. Tamén pedín un permiso urxente para cambiar o aviso da cabeceira dos artigos, se ves algún problema coméntao alí. Saúdos, Elisardojm (conversa) 23 de febreiro de 2015 ás 10:13 (UTC)[responder]

Méritos das propostas

Boas Atobar! Non puxen os "méritos" do artigo na votación da Sinfonía nº 8 (Sibelius) porque fun eu o que creou o artigo, así que para evitar suspicacias decidín que todo aquel que estea interesado lea o artigo e xulgue se cre que é digno de ser artigo de calidade en lugar de botarlle flores ao meu traballo (o que se pode ver mal). Se cres que é mellor que o poña podo facelo. Unha aperta! Piquito (conversa) 23 de febreiro de 2015 ás 14:31 (UTC)[responder]

Ola de novo! Xa engadín unha descrición na páxina de votación, creo que máis ou menos un se pode facer unha idea do contido do artigo e o que pode aportar. Unha aperta!! --Piquito (conversa) 23 de febreiro de 2015 ás 17:12 (UTC)[responder]

Opinión

Boas! Deixei un comentario na conversa do libro de estilo que fai referencia ás notas nos artigos, se podes e queres podes deixar a túa opinión. Un saúdo! Piquito (conversa) 4 de marzo de 2015 ás 10:20 (UTC)[responder]

Doce aniversario da Galipedia

Na taberna hai unha nova proposta que pode ser do teu interese.

Esta mensaxe foi enviada coa ferramenta de Mensaxes masivas da Galipedia, se non queres recibir máis mensaxes deste xeito podes borrarte da lista de subscritores aquí. Saúdos.

Nova proposta

Boas! Fixen unha nova proposta na taberna, podes vela aquí e opinar. Un saúdo!! Piquito (conversa) 14 de marzo de 2015 ás 22:32 (UTC)[responder]

Pregunta polo medio

Boas meu, resulta que no obradoiro que fixemos en Vigo comentáronme que en galego non existía o termo "media", busqueino no dicionario da RAG e no Gran Xerais e non ven realmente. Pola contra temos o artigo Mediana, que é unha páxina de homónimos, e dúas páxinas con ese nome e outra en vermello. Como comemos isto? Saúdos, --Elisardojm (conversa) 15 de marzo de 2015 ás 11:01 (UTC)[responder]

Perdón, lieime, o que quería buscar era mediana, pero agora si a atopei no Gran Xerais pero só para as acepcións de cálculo(esta acepción si que non está no RAG) e xeometría, pero non para o muro de separación. Quizais esta última acepción sexa incorrecta, non?
E perdón polo lío :) Saúdos, --Elisardojm (conversa) 15 de marzo de 2015 ás 21:56 (UTC)[responder]
Entón, quitarei esa acepción da páxina de homónimos de mediana, non? Saúdos, --Elisardojm (conversa) 15 de marzo de 2015 ás 22:18 (UTC)[responder]

Adaptación do formato dos números no sistema wiki

Boas, na taberna hai unha nova proposta que debe ser votada pola comunidade para saber se é aceptada ou non. Se tes un momento libre precisamos a túa opinión para decidir entre todos a mellor opción. Saúdos, MediaWiki message delivery (conversa) 16 de marzo de 2015 ás 08:58 (UTC)[responder]

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de Mensaxes masivas de MediaWiki, se non queres seguir recibindo estas mensaxes podes quitar o teu usuario desta lista.

Eliminar usuario

Hola, Atobar. Hace cuatro años me propusiste eliminar mi usuario. Perdona que no haya contestado antes, pero estaba durmiendo. Elimíname, por favor. Gracias. --Temporal (conversa) 18 de marzo de 2015 ás 10:25 (UTC)[responder]

Dogo, Doxe, Doge

Boas, cando teñas un momento, poderías botarlle unha ollada a unha pregunta que hai na taberna de axuda? É sobre como poñer en galego o termo italiano Doge. Saúdos, Elisardojm (conversa) 24 de marzo de 2015 ás 09:34 (UTC)[responder]

Grazas! :) Saúdos, --Elisardojm (conversa) 24 de marzo de 2015 ás 16:12 (UTC)[responder]

Primeiras xornadas "Coñece a Galipedia na UDC" e galencontro na Coruña

Boas, na taberna hai unha nova sobre unha actividade da Galipedia na Coruña. Tamén se precisa a túa colaboración para decidir se poñer ou non un aviso sobre a mesma. Saúdos, MediaWiki message delivery (conversa) 25 de marzo de 2015 ás 12:05 (UTC)[responder]

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de Mensaxes masivas de MediaWiki, se non queres seguir recibindo estas mensaxes podes quitar o teu usuario desta lista.

Proposta para reorganizar a páxina de artigos de calidade

Boas, na taberna hai unha proposta para reorganizar a páxina de artigos de calidade. Se tes un momento libre agradeceríamos a túa participación na conversa. Saúdos, MediaWiki message delivery (conversa) 22 de abril de 2015 ás 22:29 (UTC)[responder]

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non queres seguir recibindo estas mensaxes podes quitar o teu usuario desta lista.

Proposta para cambiar o logo para o Día das Letras

Boas, na taberna hai unha proposta para cambiar o logo da wikipedia polo Día das Letras. Se tes un momento libre agradeceríamos a túa participación na conversa. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 13 de maio de 2015 ás 13:42 (UTC)[responder]

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non queres seguir recibindo estas mensaxes podes quitar o teu usuario desta lista.

Deixei unha mensaxe sobre como cambiar o logo na taberna. Agora hai que buscar unha páxina onde quede a man. Saúdos, Elisardo usando o MediaWiki message delivery (conversa) 18 de maio de 2015 ás 01:02 (UTC)[responder]

Castelanismos

Boas meu, cando teñas un momento, poderías revisar o artigo Castelanismos léxicos? É que iso de "no resto dos casos emprégase tela." non me cadra nada. Ou é que non o entendo. E se tal dálle un repaso xeral porque penso que ese artigo pode ter máis dun problema. Saúdos, Elisardojm (conversa) 25 de maio de 2015 ás 15:26 (UTC)[responder]

Grazas! :) Saúdos, --Elisardojm (conversa) 25 de maio de 2015 ás 16:25 (UTC)[responder]
Outra dúbida, *adosar é arrimar, pero *adosado, como é? É para metela na lista do revisor ortográfico :) Saúdos, --Elisardojm (conversa) 25 de maio de 2015 ás 17:32 (UTC)[responder]
Moi ben, grazas de novo. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 25 de maio de 2015 ás 22:54 (UTC)[responder]

Dúbidas varias

Boas, estou revisando un artigo e teño un par de dúbidas, é unha tradución do artigo en inglés, Le Sacre du printemps:

  • para traducir "revivals" usouse reavivamentos, vale así ou haberá algún termo mellor?
  • usa o termo "coreografiada" que non sei se debería substituírse por "coreografada" por coreografar?, igual que "fotografada" de fotografar? Saúdos, Elisardojm (conversa) 9 de xuño de 2015 ás 10:58 (UTC)[responder]
Entón, "fotografada" tamén é incorrecto? Saúdos, --Elisardojm (conversa) 9 de xuño de 2015 ás 23:26 (UTC)[responder]
Ah, vale, xa o pillei, grazas! Saúdos, --Elisardojm (conversa) 9 de xuño de 2015 ás 23:40 (UTC)[responder]

Non deixes que a UE nos roube a Liberdade de Panorama

Boas, na taberna hai un aviso sobre un posible cambio na lexislación europea para cambiar a Liberdade de Panorama que faría que unha gran cantidade das imaxes da Wikipedia tiveran que ser borradas. É importante que coñezas este problema e que actúes dentro do que poidas. Saúdos, MediaWiki message delivery (conversa) 22 de xuño de 2015 ás 10:17 (UTC)[responder]

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non queres seguir recibindo estas mensaxes podes quitar o teu usuario desta lista.

Poñer aviso polo tema da liberdade de panorama

Boas, fixen unha proposta na taberna para poñer un aviso nos artigos polo tema da Liberdade de Panorama que está a revisarse na Unión Europea. Se tes un momento libre bótalle unha ollada. Saúdos, Elisardo. MediaWiki message delivery (conversa) 23 de xuño de 2015 ás 17:50 (UTC)[responder]

Proposta de cambio do logotipo para o Día de Galicia

Na taberna hai unha proposta para cambiar o logotipo da Galipedia no Día de Galicia. Se tes un momento libre agradeceríamos a túa participación na conversa. Saúdos, MediaWiki message delivery (conversa) 20 de xullo de 2015 ás 11:05 (UTC)[responder]

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non queres seguir recibindo estas mensaxes podes quitar o teu usuario desta lista.

Sumagre

Boas noites, Alejandro. Eu nunca escoitara ese nome para designar a ningunha árbore, pero buscando nas miñas Guías teño que dicir que, existir, existe. Na Nomenclatura vernácula da flora vascular galega, de Losada Cortilas, E. e outros (Consellería de Agricultura, 1992), cítase o sumagre ou sumagreira como nome común do Rhus coriaria. Na Guía das árbores de Galicia, de Marisa Castro e outros (Xerais, 1989), descríbese o Zumaque de Virxinia, como nome común galego do Rhus typhina; parece ser que só existe (ou existía daquela) un exemplar no parque de Padrón. Non o atopo en ningunha outra Guía. Con estes mimbres non creo que poidamos dar por bo o nome de sumagre como nome común en Galicia para este xénero, polo que creo que o mellor sería renomear como título o nome científico Rhus. Un saúdo, Pedro --Lameiro (conversa) 4 de setembro de 2015 ás 23:05 (UTC)[responder]

Proposta para o 2017

Boas, na taberna hai unha proposta para desenvolver un grupo de artigos relevantes e que podería ser do teu interese. Saúdos, MediaWiki message delivery (conversa) 17 de setembro de 2015 ás 17:16 (UTC)[responder]

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non queres seguir recibindo estas mensaxes podes quitar o teu usuario desta lista.

Invitación á entrega do Premio Princesa de Asturias de Cooperación Internacional

Boas, na taberna hai unha nova sobre unha invitación para asistir á cerimonia da entrega do Premio Princesa de Asturias de Cooperación Internacional concedido á Wikipedia, e que podería ser do teu interese. Saúdos, MediaWiki message delivery (conversa) 30 de setembro de 2015 ás 11:24 (UTC)[responder]

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non queres seguir recibindo estas mensaxes podes quitar o teu usuario desta lista.

Calendario de votacións de propostas de políticas e normas para outubro, novembro e decembro

Boas, na taberna hai unha nova conversa sobre unha serie de novas propostas de políticas que se van a votar próximamente. Anímase a tódolos usuarios e editores da Galipedia a revisar a mensaxe e as próximas propostas e participar nas conversas correspondentes para acadar o maior consenso posible. Saúdos! MediaWiki message delivery (conversa) 2 de outubro de 2015 ás 10:41 (UTC)[responder]

Anuncio da segunda malla de artigos da Galipedia

Boas, na taberna hai unha nova proposta para organizar a Segunda malla de artigos da Galipecia, e que podería ser do teu interese. Saúdos, MediaWiki message delivery (conversa) 3 de outubro de 2015 ás 04:09 (UTC)[responder]

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non queres seguir recibindo estas mensaxes podes quitar o teu usuario desta lista.

Mazá, conxunto de casas?

Boas, mira unha pregunta, no dicionario da RAG mazá non ten a acepción de conxunto de casas delimitado por rúas por todos os seus lados, entón como lle chamamos en galego? ou falta esa acepción no dicionario? Saúdos, --Elisardojm (conversa) 8 de outubro de 2015 ás 11:41 (UTC)[responder]

Grazas! Saúdos, --Elisardojm (conversa) 8 de outubro de 2015 ás 13:33 (UTC)[responder]

Boas! Estou a traballar nunha proposta de política para os títulos dos artigos sobre organizacións (nomeadamente partidos políticos e sindicatos, organizacións internacionais, centros educativos e equipos deportivos). Agradeceríache que lle botaras unha ollada e que fixeras os comentarios e achegas que consideraras na conversa. Se adoitas traballar en artigos sobre equipos deportivos a túa axuda sería de especial interese, pois está moi verde o tema. Tamén convén un pulo especial á proposta de partidos. Grazas! --Norrin (Fálame) 16 de outubro de 2015 ás 20:16

Segunda malla de artigos da Galipedia

Esta semana, do 19 ó 25 de outubro, ambos inclusive, organízase a Segunda malla de artigos da Galipedia. A idea é que durante esta semana todos traballemos nos artigos con problemas que están na categoría Atención, para amañalos e que non enchan a Galipedia. Nesa categoría hai agora 355 artigos, se cada usuario activo amaña catro artigos remataremos o choio antes de rematar a semana! Saúdos, MediaWiki message delivery (conversa) 19 de outubro de 2015 ás 00:31 (UTC)[responder]

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non queres seguir recibindo estas mensaxes podes quitar o teu usuario desta lista.

Islandés

Boas, por casualidade non coñecerás a alguén que teña coñecementos de islandés para revisar e amañar a páxina Ilmur, si? Saúdos, Elisardojm (conversa) 23 de outubro de 2015 ás 23:30 (UTC)[responder]

nome de lugares

Recebín unha mensaxe de Atobar dicindome que o lugar de Piñeiros, non é Piñeiros, segundo el, é Os Piñeiros. Pois non amigo Atobar, foi, é e será Piñeiros, o mesmo pasa co barrio A Vista en Seaia. Saudos. José do Arnado José do Arnado (conversa) 24 de outubro de 2015 ás 22:59 (UTC)[responder]

Segundo wikimaratón do Día da Ciencia en Galego

Na taberna hai unha información sobre o Segundo wikimaratón do Día da Ciencia en Galego que pode ser do seu interese. Tamén hai unha votación para engadir un aviso na cabeceira dos artigos sobre este evento e para a que se solicita a participación da comunidade. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 27 de outubro de 2015 ás 09:54 (UTC)[responder]

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non queres seguir recibindo estas mensaxes podes quitar o teu usuario desta lista.

Proceso de escolla de artigos bos

Boas, na taberna hai unha proposta para comezar a revisar o proceso de selección de artigos bos na Galipedia, e que pode ser do seu interese. Nesta fase debateranse os detalles necesarios para permitir a escolla deste tipo de artigos que mellorarán a calidade e visibilidade do proxecto. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 29 de outubro de 2015 ás 11:24 (UTC)[responder]

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Proposta para organizar a páxina dos artigos de calidade

Boas, na taberna hai unha proposta para organizar a páxina dos artigos de calidade na Galipedia, e que pode ser do seu interese. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 11 de novembro de 2015 ás 10:38 (UTC)[responder]

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

RE

Boas! A verba árabe é [المجاهدين‎], plural de [مجاهد‎]. De xeito separado, serían [ا ل م ج ا ه د ي ن‎] e [م ج ا ه د‎], respectivamente, e transliterado [(al) m_xah_dyn] e [m_xah_d], enchendo as vogais e facendo as adaptacións previstas, [muxahidin] e [muxahid]. Entendo por tanto que o título máis axeitado sería Muxaidin, que é forma plural. Espero que che sirva, saúdos! --Norrin (Fálame) 20 de novembro de 2015 ás 09:13 (UTC)[responder]

Perdón, acabo de ver un erro! Sería muxahidin, con <h>, non muxaidin. Saúdos! --Norrin (Fálame) 21 de novembro de 2015 ás 12:08 (UTC)[responder]

RE:Bulgakov

Boas Alejandro! A romanización máis axeitada de Михаил Афанасьевич Булгаков sería Mikhail Afanasevich Bulgakov, sen acentos, que o ruso non ten: márcanse para indicar a pronuncia, mais no ruso (e nas linguas eslavas con alfabeto cirílico en xeral) non se emprega acento gráfico. Saúdos! --Norrin (Fálame) 30 de novembro de 2015 ás 22:34 (UTC)[responder]

Non é molestia algunha home! Neste outro caso o nome ruso é Иван Сергеевич Тургенев, e a romanización sería Ivan Sergeevich Turgenev. Ten en conta que a pronuncia no AFI é [tʊrˈɡʲenʲɪf]: o Turguiéñef non representa para nada isto. Antes de inventar transliteracións ad hoc, penso que é moito mellor empregar a transliteración oficial do ruso (a que che puxen antes). Saúdos, e calquera cousa, pregunta sen problemas! --Norrin (Fálame) 2 de decembro de 2015 ás 08:09 (UTC)[responder]

Votacións de propostas de políticas - Actualización a decembro de 2015

Ola! Na taberna hai unha nova mensaxe de actualización sobre as votacións de políticas en curso e as próximas votacións programadas. O calendario completo pódese consultar aquí, e podes unirte á lista de mensaxes Usuario:MediaWiki message delivery/Propostas de Políticas para recibir unha mensaxe na túa páxina de conversa cada vez que comece unha nova votación.

A intención desta mensaxe e das consecuentes por medio desa lista é que a maior cantidade de editores posibles estean ao tanto do plan, e poidan colaborar na redacción final con correccións de erros ortográficos, mellora de redaccións ou no caso de non estar de acordo con algo debatilo antes e tentar acadar un consenso previo antes das propias votacións.

Saúdos! Banjo tell me1 de decembro de 2015 ás 09:14 (UTC)[responder]

File:Casas_en_Bolaño,_Castroverde,_Lugo.JPG

Boas Atobar! Poderías subir Ficheiro:Casas en Bolaño, Castroverde, Lugo.JPG a Commons? --AMPERIO (conversa) 3 de xaneiro de 2016 ás 13:28 (UTC)[responder]

Como ti queiras. Como vin que a subiches ti pensei que só podías subila ti. Pero xa o fago eu entón. --AMPERIO (conversa) 3 de xaneiro de 2016 ás 16:01 (UTC)[responder]

Votacións de propostas de políticas - xaneiro 2016

Ola! Na taberna hai unha nova mensaxe de actualización sobre as próximas votacións de políticas programadas. O calendario completo pódese consultar aquí, e podes unirte á lista de mensaxes Usuario:MediaWiki message delivery/Propostas de Políticas para recibir unha mensaxe na túa páxina de conversa cada vez que comece unha nova votación.

A intención desta mensaxe e das consecuentes por medio desa lista é que a maior cantidade de editores posibles estean ao tanto do plan, e poidan colaborar na redacción final con correccións de erros ortográficos, mellora de redaccións ou no caso de non estar de acordo con algo debatilo antes e tentar acadar un consenso previo antes das propias votacións.

Saúdos! Banjo tell me 11 de xaneiro de 2016 ás 08:01 (UTC)[responder]

can you translate this article in your language?

Wish the best for you ... Could you please write a article in your languge, based on "Laki_dialect" or لکی??? """"Please. Article about Laki_dialectis . If you do that, please put interwiki link into English version. ""--Hosseinblue (conversa) 12 de xaneiro de 2016 ás 11:16 (UTC)[responder]

Laki

Aínda que xa este feito o artigo Lingua laki, bótalle unha ollada se tes tempo, por se hai algunha cousa rara. --AMPERIO (conversa) 12 de xaneiro de 2016 ás 12:11 (UTC)[responder]

Comentarios a colaboración con Fundación Cela

Boas, fai unhas semanas deixei un comentario na taberna sobre a posibilidade de colaborar coa Fundación Cela. Xa respondeu Estevoaei pero sería interesante que máis xente comentara o que lle parece esta iniciativa para poder contactar cos da Fundación para levar o proxecto adiante ou non. Saúdos, MediaWiki message delivery (conversa) 20 de xaneiro de 2016 ás 12:03 (UTC)[responder]

Schachnovelle

Ola Atobar! Movín o artigo Schachnovelle (novela) a simplemente Schachnovelle. Moitas grazas por crear o artigo!! Un saúdo!! --Piquito (conversa) 21 de xaneiro de 2016 ás 23:07 (UTC)[responder]

Tempo seica perdido en Galaxia e Palestina

Fixeche mal ao revertir os cambios. En Palestina, moléstome mellorando o texto (estilo, puntuación, etc) e agora revertes. Antes de revertir moléstate en lelo, mira os fallos que ten, e dime qué está mal na miña edición (ortografías aparte, que aí podo cair), ou corríxeo tí mesmo. Outra cousa é unha falta de respeito. En Galaxia, postulado actualmente para artigo de calidade, fálase en repetidas ocasións da materia escura como feito científico demostrado, eu corrixo para incorporar a visión correcta: é unha hipótese.

Olla, eu teño outras cousas que facer, e se gasto tempo editando a Wikipedia é só para MELLORALA, segundo as miñas modestas capacidades. Saúde.--Gradebo (conversa) 28 de xaneiro de 2016 ás 16:43 (UTC)[responder]

Os acertos da edición anterior están ben, pero os da miña edición non? As túas accións na Wikipedia son coma as dun Arihanta, que xa non crean karma? No momento en que revertiche diche por boa a edición anterior. Comprendo que é difícil de admitir para algunhas persoas. Pensei que terías a delicadeza de volver a correxir tí mesmo cando menos esa cousa que xa sabes, e agora isto... [movo a cabeza en xesto de desaprobación]. Fáiteme bon! --Gradebo (conversa) 28 de xaneiro de 2016 ás 17:56 (UTC)[responder]

Votacións de propostas de políticas - febreiro 2016

Ola! Na taberna hai unha nova mensaxe de actualización sobre as próximas votacións de políticas programadas. O calendario completo pódese consultar aquí, e podes unirte á lista de mensaxes Usuario:MediaWiki message delivery/Propostas de Políticas para recibir unha mensaxe na túa páxina de conversa cada vez que comece unha nova votación.

A intención desta mensaxe e das consecuentes por medio desa lista é que a maior cantidade de editores posibles estean ao tanto do plan, e poidan colaborar na redacción final con correccións de erros ortográficos, mellora de redaccións ou no caso de non estar de acordo con algo debatilo antes e tentar acadar un consenso previo antes das propias votacións.

Saúdos! Banjo tell me 1 de febreiro de 2016 ás 08:34 (UTC)[responder]

* Feno

Ola Atobar,

Ben pensei en pór ou non a redirección, e sei que normativamente é feo. Se ben é certo, feno é unha variedade dialectal moi documentada en dicionarios galegos, así coma a forma coincidente en portugués. Decidín que non aparecese no artigo por non ser a recomendada pola Real Academia Galega, pero sería unha mágoa que alguén non atopase o artigo por carecer de ligazón. Un saúdo.Nachonion (conversa) 4 de febreiro de 2016 ás 14:59 (UTC)[responder]

Tes razón. Restaurei a redirección e engadín o nome e dúas referencias no corpo do artigo principal. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 4 de febreiro de 2016 ás 15:07 (UTC)[responder]

Graciñas: curso forzoso

Moitas grazas pola corrección feita, escapoume. Estou escribindo no ordenador axeitado para portugués, que insiste en corrixir todo. --Judcosta (conversa) 5 de febreiro de 2016 ás 18:51 (UTC)[responder]

Boas meu! Desfíxen a túa edición en Wikipedia:Votacións/Redeseño da Portada, mas que nada porque ata o día 15 de abril non comeza a votación :). Aínda hai tempo de revisar as propostas e facer modificacións e demais. Cando comeze a votación ese día enviarei unha mensaxe xeral para que todo o mundo estea atento. Banjo tell me 11 de febreiro de 2016 ás 16:21 (UTC)[responder]

Serra do Eix_

Ola Alex.

Movín Serra do Eixo a Serra do Eixe. É o que din a maioría das fontes, inda que hai algo de convivencia das dúas formas. Na Diciopedia do século 21 aparecen as dúas. No DOG atopo Serra do Eixe 27 veces e Serra do Eixo 3 veces e en MeteoGalicia Serra do Eixe 148 veces e Serra do Eixo 2 veces.

Outro tema: Por se queres volver participar: volveu abrirse Wikipedia:Sobre Galicia/Propostas/Revista Gallega.

Un saúdo. --. HombreDHojalata.conversa 15 de febreiro de 2016 ás 19:23 (UTC)[responder]

¡Mucho gracias!

¡Mucho gracias por la corrección de la pagode de Hoang Phuc!. ¡Mucho gracias por su ayuda! Lo siento mi español no es bueno porque estoy aprendiendo este idioma en Duolingo. Soy miembro de Wikipedia vietnamita.113.161.220.139 18 de febreiro de 2016 ás 09:48 (UTC)[responder]

Estadio de Riazor e artigo duplicado

Ola! É a primeira vez que respondo a unha conversa porque até o de agora non sabía como facelo (e non sei se agora irá ben). Sobre o artigo duplicado do Trofeo Conde de Fenosa non hai nin que falar, decateime antes de ver a túa mensaxe. As causas de que o fixera foi que cando o quixen ligar co estadio de Riazor non aparecía por defecto e como a versión española non era moi longa non dubidei e me poñer a traducila.

Saúdos de WiKorunna!

Pseudónimos

Chamo ao debate sobre un tema de pseudónimos que me gustaría que me axudásedes. Gustaríame que me axudase a recadar a maior base posible para o debate. Moitas grazas! --Xabier Cid Talk 2 me, please 2 de marzo de 2016 ás 08:32 (UTC)[responder]

Nectarina

Chámase nectarina. Segundo o Dicionario de Alimentación e Restauración (Termigal. RAG 2012):

  • nectarina s.f. Melocotón da planta Prunus persica var. nucipersica, de pel lisa de cor amarela avermellada e carne branca ou amarelada, branda, moi zumarenta e doce, pouco adherida á carabuña. es nectarina. es peladillo. en nectarine.

Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 15 de marzo de 2016 ás 18:35 (UTC)[responder]

Taboleiro dos administradores

Boas a todos, deixei unha mensaxe no Taboleiro dos administradores para coñecer a vosa opinión sobre o criterio a seguir no caso dos artigos con copyvio. Un saúdo! --MediaWiki message delivery (conversa) 21 de marzo de 2016 ás 11:48 (UTC)[responder]

Etiqueta en progreso

Contesteiche na miña páxina de conversa, non sei se che sae a notificación (onde debo contestar?), pero estou de acordo contigo. Este comentario é por unha dúbida de como funcionan os sistemas de notificación, así que o podes borrar. --Iagocasabiell (conversa) 3 de abril de 2016 ás 14:49 (UTC)[responder]

Nova escolla de artigos bos

Boas, xa se aprobou o proceso de escolla de artigos bos polo que xa se pode comezar a propor e votar esta nova categoría. Anímate a propor artigos, e revisa e vota as novas propostas! Saúdos,--MediaWiki message delivery (conversa) 7 de abril de 2016 ás 02:38 (UTC)[responder]

Sen votacións para artigos destacados na portada para 2018

Boas, hai unha proposta na taberna para eliminar no futuro a escolla de artigos destacados para a portada e substituílos polos artigos de calidade e os bos que vaian sendo escollidos, podes consultala aquí. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 9 de abril de 2016 ás 17:19 (UTC)[responder]

Como lle chamamos?

Boas meu, como lle chamamos a isto? Saúdos, Elisardojm (conversa) 9 de abril de 2016 ás 19:19 (UTC)[responder]

Grazas, pois xa a temos sudaoiro. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 9 de abril de 2016 ás 19:55 (UTC)[responder]
Sonábame raro pero como non tiña nin idea... :D Saúdos, --Elisardojm (conversa) 9 de abril de 2016 ás 20:03 (UTC)[responder]

Ola! Xa comezou a votación para decidir se cambiamos o deseño da portada da Galipedia, en base a este debate previo. A votación rematará o 15 de maio de 2016. Hai varias propostas e varios apartados nos que votar, as instrucións para a votación atópanse ó comezo da propia proposta. Se cumpres os requisitos para votar podes seguir as instrucións alí indicadas para emitir o teu voto, e se non os cumpres tamén estás invitado a pasarte pola votación e deixar a túa opinión nos comentarios. Saúdos! Banjo tell me 15 de abril de 2016 ás 07:14 (UTC)[responder]

José Manuel Vázquez Varela

Ola Alejandro, como estás? Hai moito tempo que non sei nada de ti. O motivo desta mensaxe é para dicirte que as modificacións que fixeches no sentido de galeguizar nomes de institucións nas publicacións do persoeiro, están orixinalmente en castelán, polo que as puxen así, respectando o orixinal. Unha aperta. Luís. --XoioÉche o que hai 15 de abril de 2016 ás 14:28 (UTC)[responder]

Capacidade ou aforo?

Boas, unha pregunta, o termo aforo é correcto en galego? Non o atopo nin no dicionario da RAG nin no Gran Xerais... Saúdos, Elisardojm (conversa) 22 de abril de 2016 ás 17:27 (UTC)[responder]

Vale, moitas grazas pola axuda! Saúdos, --Elisardojm (conversa) 22 de abril de 2016 ás 18:43 (UTC)[responder]

Sorpasso

Ola, Atobar. Sorpasso é un italianismo que non aparece recollido en ningún diccionario de galego, malia que se emprega a cotío nos medios de comunicación en galego. Algo que, ao meu entender, non ten por que ser unha limitación para ter artigo enciclopédico. Non entendo, entón, a túa contribución na miña páxina de conversa. Debería sorpasso ser un artigo da Wikipedia en galego ou do Wikizionario? Saúdos.--ArtaiGZ (conversa) 4 de maio de 2016 ás 16:59 (UTC)[responder]

  • E con respecto ao seu uso, emprégase. Ademais das referencias no artigo sobre o artigo en La Voz de Galicia, segundo o blog de César Lorenzo, xornalista de A Nosa Terra, "Cando empreguemos estranxeirismos (case sempre da linguaxe deportiva ou militar aplicados á pugna política) é conveniente que vaian en cursiva. “En Vimianzo o BNG fai demarrage e amplía a súa forza”. “En Ourense, DO confirma o sorpasso sobre un PSOE que é agora a terceira forza no Concello”.A lingua da política.--ArtaiGZ (conversa) 4 de maio de 2016 ás 17:03 (UTC)[responder]
Ok, continuei co debate na páxina de conversa expondo por que non ha de ser borrado. Agardamos a que se pronuncien outros usuarios, pero penso que se se elimina este artigo, habería que eliminar varias ducias, honestamente. Saúdos.--ArtaiGZ (conversa) 4 de maio de 2016 ás 17:28 (UTC)[responder]

Bloqueo ip

Boas Atobar, vexo un pouco excesivo o bloqueo por 3 días á ip 193.144.97.57. Xa lle deixei un aviso na súa conversa, e non fixo máis edicións ca esa. Pero como ti vexas.--AMPERIO (conversa) 5 de maio de 2016 ás 11:24 (UTC)[responder]

Dígoo máis que nada por que seguramente sexa a ip dunha escola e ese usuario xa non estea editando. --AMPERIO (conversa) 5 de maio de 2016 ás 11:25 (UTC)[responder]

Aviso votación para administrador

Hai unha aberta unha votación para decidir se outorgalle a Chairego apc as funcións de administrador.--MediaWiki message delivery (conversa) 5 de maio de 2016 ás 15:40 (UTC)[responder]

Amaía

Ola, Alejandro! Copio de Edelmiro Bascuas (2002):

A Maía, comarca al SO. de Santiago en el valle de los ríos Sar y Sarela;
aparece ya en la Divisio Theodomiri como una de las demarcaciones de la sede iriense: Amaeam 569; in finibus Amaee 858, infinibus Amaee 915, 922, 924, 927, 932, 934, 952, 986, 1028; in finibus Amee 927, 958, h. 1028; Montem Sacrum et Ambas Amaeas 927; commissos Amaea et Monte Sacro 1019; Amaya 1205, 1227. En A Maía (escrito también A Mahía) la inicial de Amaía se separa por falso corte y se reinterpreta como artículo.

Non aparece recollido no Nomenclátor, pero entendo xa que logo que debe ser Amaía, aínda que non sei se debe levar tamén artigo (Val de Amaía / Val da Amaía?)

Vou seguir mirando, se sei algo novo xa aviso. Saúdos! --Estevo(aei)pa o que queiras... 11 de maio de 2016 ás 21:35 (UTC)[responder]

Parabéns!

Ata a Galipedia chegan as novas dos premios. Parabéns!--Agremon(contacto) 15 de maio de 2016 ás 13:52 (UTC)[responder]

Dirección

Unha dúbida, no dicionario en liña da RAG para o termo dirección só fala de "dirixir", non é correcto usalo como sinónimo de enderezo? Saúdos, Elisardojm (conversa) 19 de maio de 2016 ás 12:31 (UTC)[responder]

Vale, tomo nota, grazas! Saúdos, --Elisardojm (conversa) 19 de maio de 2016 ás 12:41 (UTC)[responder]

Muchas gracias, y desculpas el incomode. Un saludo de Caselle Landi!

Rei Momo (conversa) 22 de maio de 2016 ás 18:37 (UTC)[responder]

Uvas de oso

Síntoo, Alejandro, pero as miñas guías ignoran esta especie. Non me aparece nin polo nome común, nin polo científico (nin polos sinónimos que dá a wiki española). E entre as Ericas que recollen ninguna ten ese nome nin parecido. Consultei tamén o Catálogo da Flora vascular galega, de Niño, Losada e Castro. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 22 de maio de 2016 ás 21:13 (UTC)[responder]

RE:Iesinei vs Yesinei

Boas Alejandro! O certo é que ningunha das dúas, a romanización sería Enisei. Saúdos! --Norrin (Fálame) 23 de maio de 2016 ás 07:10 (UTC)[responder]

Proposta para limitar o tempo dos dereitos de administración

Boas, na taberna hai unha proposta para limitar o tempo dos dereitos de administración. Se tes un momento libre agradeceríamos a túa participación na conversa. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 25 de maio de 2016 ás 23:07 (UTC)[responder]

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non queres seguir recibindo estas mensaxes podes quitar o teu usuario desta lista.

Superficies

Ola, os datos das superficies saqueinos da sección de mapas que ten a xunta. Un saúdo --RMGAvania (conversa) 9 de xuño de 2016 ás 10:09 (UTC)[responder]

Támese

Vaia, pois xa quitei tódolos Támesis que había... Saúdos, Elisardojm (conversa) 12 de xuño de 2016 ás 01:15 (UTC)[responder]

Vale, tes razón, menos mal :) Saúdos, --Elisardojm (conversa) 12 de xuño de 2016 ás 15:53 (UTC)[responder]

Villa ou vila romana

É correcto "villa romana", como en Villa Galaico-Romana de Toralla, ou ten que ser sempre Vila Galaico-Romana de Toralla? Saúdos, Elisardojm (conversa) 14 de xuño de 2016 ás 17:09 (UTC)[responder]

Referencias

Boas, gracias polo consello. Como vostede pode ver os avisos están en artigos que non teñen ningunha referencia, ou a que teñen é unha afirmación, ou só teñen unha referencia. Polo tanto, o seu sería referenciar datas, datos do INE... En todo caso queda para vostedes, eu non son editor. Saúdos.--37.10.164.122 20 de xuño de 2016 ás 11:31 (UTC)[responder]

Nese caso gracias pola aclaración. Se teño tempo máis adiante rexistrareime e tratarei de solventar esas eivas de referencia nos artigos. --37.10.164.122 20 de xuño de 2016 ás 11:38 (UTC)[responder]

Fosa cubital

Ola. Moitas grazas por moveres o título deste artigo. Unha aperta. Luís. --XoioÉche o que hai 7 de xullo de 2016 ás 10:32 (UTC)[responder]

Shachnovelle

Boas Atobar! En Wikipedia:Artigos bos/Propostas/Schachnovelle (ópera) HombreDHojalata chamou a atención sobre os nomes duns autores que aparecen na sección do argumento que non teñen ligazón interna. Pregunteille a Estevo(aei) se sabía a quen se refiren e díxome que te preguntara a ti, que saberías mellor. Grazas, Piquito (conversa) 29 de xullo de 2016 ás 11:27 (UTC)[responder]

Acabo de ver que xa os puxeras. Grazas! Piquito (conversa) 29 de xullo de 2016 ás 11:40 (UTC)[responder]

Utitilizase con acento

Boas, cando poidas, podes revisar se o termo "utilizase" que esta no artigo bagazo deberia levar acento? Saudo, Elisardojm (non podo firmar ben porque dame un erro a tableta)

Grazas ós dous! :) Saúdos, --Elisardojm (conversa) 30 de xullo de 2016 ás 22:45 (UTC)[responder]

Unha cervexa

Como lle chamamos á *caña de cervexa?, que ben viña unha agora :). Saúdos, Elisardojm (conversa) 30 de xullo de 2016 ás 23:04 (UTC)[responder]

RE:Reversión

Boas. Tes que desculpar, pero non entendín moi ben o de "desvirtuaba o artigo". Esa edición do bot eliminou unha etiqueta </p> orfa e engadíu varios "nbsp" entre os valores numéricos e unidades... É unha edición de código estándar que non modifica en nada a aparencia final do artigo. Banjo tell me 2 de agosto de 2016 ás 13:47 (UTC)[responder]

No problemo :). Pode ser que o navegador nun momento puntual non rematase de cargar por completo a páxina a primeira vez. Banjo tell me 2 de agosto de 2016 ás 14:01 (UTC)[responder]

A grandes trazos

Substituíno porque aquí [2] a forma "a grandes rasgos" aparecía incorrecta e daban por correcta "con poucas palabras". Un saúdo! --Isili0n (conversa) 9 de agosto de 2016 ás 12:51 (UTC)[responder]

Crítica da razón pura

Tes razón, non hai tradución ao galego, procedo a poñer o título orixinal. Grazas --Xas (conversa) 20 de agosto de 2016 ás 19:03 (UTC)[responder]

Imaxe Trapero Pardo

Pois, efectivamente, enganeime e a estatua é de Puro Cora e non de Trapero Pardo. Grazas polo aviso, a ver se se pode mudar o nome da foto que eu non dou. Saúdos!--Adorian (conversa) 25 de agosto de 2016 ás 19:46 (UTC)[responder]

Reflexións sobre os artigos de calidade

Boas, na taberna hai unha proposta para comentar varios aspectos sobre a escolla dos artigos de calidade e que pode ser do seu interese. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 31 de agosto de 2016 ás 00:29 (UTC)[responder]

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Cintas

Nin idea, Alejandro. As miñas guías de plantas en Galicia non inclúen plantas de xardín, polo que esta planta non figura en ningunha das que acabo de consultar. En castelán chámase cinta' e cintas e non sei se terá nome propio en galego, pero cinta acáelle ben. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 13 de setembro de 2016 ás 18:23 (UTC)[responder]

Exotopónimos

Ola. Non creei eu a listaxe, pero si contribuín a buscar fontes. Está en Lista de exónimos en galego. Un saúdo--Jglamela (conversa) 21 de setembro de 2016 ás 11:57 (UTC)[responder]

RE:*Deterioro

Cambiei as que puiden. Quedan moitas outras nas que o bot non pode axudar, ou ben o artigo cambia moito ou precisa un cambio de xénero no adxectivo como comentas, neses hai que facelo á man. De todas formas se atopas unha tendencia que se repita avisa e podo darlle outra pasada. Banjo tell me 21 de setembro de 2016 ás 19:13 (UTC)[responder]

Fun cambiando a man as que atopei na procura da propia wiki. Probablemente quede algunha máis solta por aí, pero o groso xa debería quedar amañado. Banjo tell me 21 de setembro de 2016 ás 19:50 (UTC)[responder]

Nucleósido

Xa o revisei. Nucleósido é con acento. A confusión desa IP é que inicialmente quixo poñer nucleótido (o que despois borrou), pero os nucleótidos só son os monofosfato (segundo a IUPAC), como os que forman parte do ADN (IUPAC nucleotide). Os demais son considerados nucleósidos difosfato ou trifosfato, aínda que ten habido certa confusión no uso destes termos. Mesmo é frecuente que algunhas obras antigas digan que o ATP é un nucleótido, pero a IUPAC non opina así actualmente. Eu mesmo non o tiña claro antes debido a este uso laxo.--Miguelferig (conversa) 7 de outubro de 2016 ás 09:06 (UTC)[responder]

RE: Portal Suecia

Ola Atobar. Non entendo cal é o problema de engadir a barra de portal ao final dos artigos, certamente non molesta a ninguén (xa se fixo así o deseño para que non molestara, e o lugar no que aparece tamén está escollido a ese fin). Os portais son ferramentas moi útiles para ter unha visión global dun tema, unhas veces estes temas son máis concretos e outras menos, isto é: no partal do hóckey sobre xeo só aparecerán artigos relacionados con ese deporte, mais no portal de Suecia aparecerán artigos moi diversos (entre eles os equipos e competicións que hai no portal do hóckey sobre xeo). O que estou a facer o fago seguindo o exemplo da Wikipedia en lingua francesa, xa o fixen así cos artigos do portal da India, os do hóckey a patíns, o hóckey sobre xeo, o ballet ou a ópera, para deste xeito darlle unha maior visibilidade aos portais. Creo que o problema máis ben está nos portais que poidan interferir noutros, isto é, onde poñemos a Claudio Abbado? no portal de Italia (cando o haxa) ou no de Lombardía? Creo que como a barra está nun lugar onde non interfire nin molesta á lectura do artigo, non é algo que afecte aos contidos dos artigos (de feito creo que pode aportar unha visión global, neste caso sobre o país de procedencia desas persoas), nin é un cambio estético significativo, non paga a pena comezar un debate na taberna sobre este tema, persoalmente creo que non vai enriquecer nada. No que si concordo contigo é en non poñer o carteliño no filme (por certo, hai dous filmes americanos na categoría, non lin os artigos, pero algo parece non cadrar). Se ti consideras que o tema é moi importante ábroo, aínda que eu non o vexo necesario. Un saúdo, Piquito (conversa) 7 de outubro de 2016 ás 22:39 (UTC)[responder]

Non concordo co teu procedemento, considero que hai cousas moito máis importantes que precisan deste espazo. Piquito (conversa) 8 de outubro de 2016 ás 11:59 (UTC)[responder]
Ola de novo. Creo que non me expliquei ben, cando digo que non concordo co teu procedemento refírome a que non me parece ben que antes de rematar a conversa abras o debate. Cando che contestei díxenche que non tiña ningún problema por abrilo, pero antes de facelo esperaba a túa opinión por se a miña argumentación cambiárache o punto de vista. A min paréceme perfecto que teñas unha visión distinta do tema, e é bo, non se trata diso... cando digo que hai cousas máis importantes que precisan dese espazo refírome a cousas que para min son importantes de verdade, por exemplo, o machismo imperante na Galipedia, con categorías todas que fan referencia a profesións de homes (véxase as categorías de escritores, que é cercana a ti, e que debería ser, na miña opinión "escritoras e escritores..."), que o nome do espazo de debate da Galipedia teña o nome dun lugar tradicionalmente vetado ás mulleres, que os contidos femininos non teñan visibilidade na Galipedia... todas esas cousas relacionadas coa muller si son importantes para min, non se a barra de portal vai en artigos de persoas, vilas, ou marcas de coches. Máis nada, só quería explicar que o problema non era por abrir ou non a discusión, senón polo xeito de actuar que tiveches. Un saúdo, Piquito (conversa) 16 de outubro de 2016 ás 21:35 (UTC)[responder]

Pagoda

Tes toda a razón, non reparei na páxina de conversa. Cría que a construción tiña o mesmo nome. Xa desfixen o cambio. Grazas polo aviso e un saúdo. --Chairego apc (conversa) 12 de outubro de 2016 ás 17:20 (UTC)[responder]

vandalismo

Ola, por que me acusaches de vandalismo? (aínda que despóis te botaches para atrás) cal foi o artigo que te chamou a atención? --MaestroKarin (conversa) 13 de outubro de 2016 ás 08:37 (UTC)MaestroKarin[responder]

Ola Atobar! Por desgraza non podo referenciar todo o completamente que quixera o antescrito. Podo dicir de que arquivo saqueino, pero non quero de momento dar o detalle da fonte. É unha información que ofrece novos datos sobre as relacións entre nai e filla e que, sobre todo, pon en contexto o matrimonio entre Manuel e Rosalía, desmentindo a idea de que foi o embarazo de Rosalía o que precipitou a súa voda. En fin, espero que máis adiante poda servir mellor á Galipedia. Un saúdo!--Castelao (conversa) 15 de outubro de 2016 ás 16:26 (UTC)[responder]

Aporte

Grazas!! Un saúdo. --Chairego apc (conversa) 18 de outubro de 2016 ás 13:22 (UTC)[responder]

Marcador sen imaxe

A proposta que se fixera para os marcadores en progreso estache aquí. Coido que é posible adaptalo si, tamén podería procurar encargarme de mover os marcadores cara o fondo dos artigos usando o bot no caso de que se acorde mudalo. Máis tarde faigo un draft do deseño e avísote para que revises. Banjo tell me 18 de outubro de 2016 ás 15:39 (UTC)[responder]

Modelo:Sen imaxe/probas - Bótalle un vistazo a ver que che parece. Banjo tell me 18 de outubro de 2016 ás 20:04 (UTC)[responder]
Modificado. Banjo tell me 19 de outubro de 2016 ás 06:14 (UTC)[responder]
Tamén entendo que non debería suscitar problemas, entra dentro do mesmo estilo de marcador de "traballo en progreso", neste caso na parte ilustrativa. Por min dámoslle caña. Pola tarde-noite farei o cambio e moverei os marcadores co bot. Banjo tell me 19 de outubro de 2016 ás 10:01 (UTC)[responder]
Feito! Feito! Púxose algo tontiño o bot aí nun momento, pero creo que xa quedaron todos listos. Bótalle un vistazo, se ves algo que non quedase ben avisa. Banjo tell me 19 de outubro de 2016 ás 19:09 (UTC)[responder]

Historia da lingua galega

Boas, cando teñas un momento, podes botarlle un ollo ás últimas modificacións do artigo Historia da lingua galega? Saúdos, Elisardojm (conversa) 20 de outubro de 2016 ás 07:51 (UTC)[responder]

Grazas! Saúdos, --Elisardojm (conversa) 20 de outubro de 2016 ás 21:14 (UTC)[responder]

Calendario de votacións de propostas de políticas e normas para novembro de 2016

Boas, na taberna hai unha nova conversa sobre unha serie de novas propostas de políticas que se van a votar próximamente. Anímase a tódolos usuarios e editores da Galipedia a revisar a mensaxe e as próximas propostas e participar nas conversas correspondentes para acadar o maior consenso posible. Saúdos! Banjo tell me 25 de outubro de 2016 ás 09:04 (UTC)[responder]

Saúdos. Acaba de comezar unha votación para a proposta de política oficial da redacción de Wikipedia:Fontes fiables, seguindo o calendario de votacións para novembro proposto aquí. Podes ver e participar na votación e conversa sobre a mesma na seguinte ligazón: Wikipedia:Votacións/Wikipedia:Fontes fiables. Grazas! Banjo tell me 3 de novembro de 2016 ás 23:27 (UTC)[responder]

RE:* Estonio > estoniano

Feito! Feito! para *estonio estoniano. O feminino dá moitos problemas e falsos positivos si, incluso co propio "estoniano" tamén o detecta como falso positivo. Aí haberá que ir caso por caso á man Banjo tell me 4 de novembro de 2016 ás 20:05 (UTC)[responder]

Toada

Boas!, mira, cando teñas un momento podes revisar o título do artigo toada]? No gran Xerais pon que toada é unha cántiga de melodía monótona, cousa que non me cadra moito co que se di no artigo de que é un xénero musical... Saúdos, Elisardojm (conversa) 10 de novembro de 2016 ás 23:17 (UTC)[responder]

Ó mellor hai que poñer tonada en cursiva... Saúdos, --Elisardojm (conversa) 10 de novembro de 2016 ás 23:24 (UTC)[responder]
Pois foi unha casualidadade por culpa dun vandalismo, ata esas edicións poden valer para algo?! :) Saúdos, --Elisardojm (conversa) 11 de novembro de 2016 ás 10:23 (UTC)[responder]

Saúdos. Acaba de comezar unha votación para a proposta de política dunha nova redacción para os criterios dos artigos de calidade, seguindo o calendario de votacións para novembro proposto aquí. Podes ver e participar na votación e conversa sobre a mesma na seguinte ligazón: Wikipedia:Votacións/Novo texto para os criterios de calidade. Grazas! Banjo tell me 11 de novembro de 2016 ás 07:03 (UTC)~[responder]

Saúdos. Acaba de comezar unha votación para a proposta de aprobación da política Wikipedia:Votacións/Wikipedia:Consenso, seguindo o calendario de votacións para novembro proposto aquí. Podes ver e participar na votación e conversa sobre a mesma na seguinte ligazón: Wikipedia:Votacións/Wikipedia:Consenso. Grazas! Banjo tell me 18 de novembro de 2016 ás 11:19 (UTC)[responder]

Escoito campás

Boas, mira unha pregunta, é correcto o termo tañer? É que non o atopo en ningún dicionario....Saúdos, Elisardojm (conversa) 20 de novembro de 2016 ás 00:40 (UTC)[responder]

E outra, non atopo por ningures maullar, estou durmindo? Saúdos, --Elisardojm (conversa) 20 de novembro de 2016 ás 01:56 (UTC)[responder]
Si, xusto! Si que estaba a durmir... Moitas grazas! :) Saúdos, --Elisardojm (conversa) 20 de novembro de 2016 ás 11:28 (UTC)[responder]

Parlamentarios

Grazas! Xa o fago. --Xas (conversa) 24 de novembro de 2016 ás 15:46 (UTC)[responder]

Saúdos. Acaba de comezar unha votación para a proposta de aprobación da política Wikipedia:Eliminación rápida/Proposta 2016, seguindo o calendario de votacións para novembro proposto aquí. Podes ver e participar na votación e conversa sobre a mesma na seguinte ligazón: Wikipedia:Votacións/Wikipedia:Eliminación rápida/Proposta 2016. Grazas! Banjo tell me 25 de novembro de 2016 ás 08:08 (UTC)[responder]

As Fragas son ou é?

Boas, fixeron un cambio no artigo das Fragas do Eume que non estou seguro de se é correcto, a ver se o podes revisar. Resulta que cambiaron o texto "As fragas do Eume son un parque natural " por "As fragas do Eume é un parque natural "..., debería ser "son" porque son varias fragas ou está ben así porque é unha entidade agrupada? Saúdos, Elisardojm (conversa) 29 de novembro de 2016 ás 10:49 (UTC)[responder]

Ah, pois a primeira edición foi con "é" así que queda así, grazas. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 29 de novembro de 2016 ás 21:36 (UTC)[responder]

Traducir o título do mapa

OK, quede, logo, o título traducido ao galego, ida que conste que non estou de acordo.[3]

En "FONTÁN RODRÍGUEZ, DOMINGO". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.  por exemplo, refírense a ela, varias veces como "Carta geométrica de Galicia". --. HombreDHojalata.conversa 29 de novembro de 2016 ás 17:26 (UTC)[responder]

RE

Boas Atobar! A transliteración de Новое время (газета) sería Novoe vremia. Saudos! --Norrin (Fálame) 8 de decembro de 2016 ás 10:05 (UTC)[responder]

Desaugue

Non teño claro como substituír "desaugue". En https://gl.wikipedia.org/wiki/Wikipedia:Erros_de_ortograf%C3%ADa_e_desviaci%C3%B3ns temos que como substantivo o correcto é "desaugadoiro". Ao tentar levalo á práctica, hai moita complexidade. No bUSCatermos rexistran termos que non conteñen "desaugadoiro": "arco de desaugamento", "auga de desaugamento", "auga de escoamento", "canal de recollida", "canle de escoamento" e "comporta de desaugamento".Unhanova (conversa) 9 de decembro de 2016 ás 11:19 (UTC)[responder]

Cambios en ligazóns internas Galicia a Pobo galego

Boas Atobar, estou cambiando algunhas ligazóns internas e engadindo onde non hai porque entendo que o artigo pobo galego está máis relacionado que o de Galicia, dende o punto de vista etnográfico, cando falamos de persoas. Tamén creo que é máis incluínte nalgúns casos, como por exemplo, Xavier Gómez Noya non é un galego nado en Galicia, senón que naceu en Basilea, pero os seus pais son emigrantes galegos, polo que se pode dicir que forma parte do "pobo galego". A miña intención non é cambialo indiscriminadamente en tódolos artigos senón incluír a ligazón onde sexa preciso. Un saúdo.--Breogan2008 (conversa) 12 de decembro de 2016 ás 12:15 (UTC)[responder]

Paréceme ben. Incluireino só onde non haxa ligazón. Saúdos.--Breogan2008 (conversa) 12 de decembro de 2016 ás 12:30 (UTC)[responder]

Bot

Como se pon a traballar un bot? Quería poñer a traballar un para substituír "sustancia" por "substancia".Unhanova (conversa) 13 de decembro de 2016 ás 13:38 (UTC) Propuña o do bot porque vin que "sustancia" estaba en 169 entradas, comecei a corrección e todas eran "substancia" e, por ser a Wikipedia unha enciclopedia, as posibilidades de que "sustancia" fose correcto, pensei que eran practicamente inexistentes. Mais sempre existe a posibilidade.Unhanova (conversa) 14 de decembro de 2016 ás 09:06 (UTC) Sustancia en todos os usos que atopei era forma errónea, non recomendada, mais si atopei unha páxina na que non se podería usar un bot por ter bibliografía en castelán.Unhanova (conversa) 14 de decembro de 2016 ás 09:41 (UTC)[responder]

Mouchos

Nin idea, Alejandro. Estiven buscando na miña biblioteca pero non atopei nada ó respecto. Vexo que o DRAG (en papel de 1997 e on line) si que restrinxen, na definición, oulear/ouvear (e ouleo/ouveo) ó can, o lobo "e outros animais". Supoño que de aí conclúe que "só é propia do lobo e outros mamíferos semellantes" (como tal, o can). Lancei a pregunta a ver se alguén me responde. Un saúdo, Pedro --Lameiro (conversa) 19 de decembro de 2016 ás 18:22 (UTC)[responder]

Ben. Xa teño algunha información.
  • Segundo Eladio Rodríguez, os mouchos mouchean (mouchear: "Cantar o graznar el mochuelo o MOUCHO."), e mesmo aparece no refraneiro: "Cando o moucho mouchea nin chove nin xea".
  • Un ornitólogo de Cambados dime que chían, aínda que chiar non ten recollida esa acepción específica. Xa o recolleu Lamas Carvajal: "os roucos chíos do moucho chegaban á miña alcoba monótonos, estridentes , fatídicos e con forza" (Lamas Carvajal: Saudades gallegas)
  • Hai máis formas xenéricas: asubiar: "O demo do merlo moucho toda a noite asubiou, alá pola mañán cedo abreu as alas e marchou" (Domingo Blanco: A poesía popular en Galicia).
  • Berrar: "...as niebras de cor sombriso qu ' aló nas montañas rolan , os berros do triste moucho..." (Rosalía: Cantares gallegos).
  • Ou unha forma poética: chorar: "Eu ben vin estar o moucho chorando naquel penedo : chora moucho, chora moucho chora , que non teño medo" (Pérez Ballesteros: Cancionero popular gallego); "Ladra o can, o moucho chora, o lobo no monte ouvea, roxen as follas e o vento ..." (Álbum de la caridad, 1862).

O TILG devolve moitas máis aparicións de "moucho", pero xa está ben por hoxe, ¿non? Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 20 de decembro de 2016 ás 18:38 (UTC)[responder]

Franco Grande non fai outra cousa que copiar o dicionario de Eladio Rodríguez. En todo caso, alégrame que che fose útil. Pedro --Lameiro (conversa) 20 de decembro de 2016 ás 20:06 (UTC)[responder]

Re:Actualidade

Pois non che sei doutro sistema. Síntocho. Feliz ano. --. HombreDHojalata.conversa 31 de decembro de 2016 ás 12:02 (UTC)[responder]

Wikirreto

Feliz aninovo! Hoxe dá comezo a nova edición do Wikirreto 2017. Anímate a participar!

Tras o e tras a

Boas e feliz ano que temos por diante! :) A primeira pregunta do ano penso que vai a serche ben doada de responder, as formas *"tras o" e *"tras a" son correctas ou sempre ahi que usar tralo e trala (e so plurais, claro)? Pregunto para asegurar, porque nunha consulta rápida saen máis de mil "tras o"...! Saúdos, Elisardojm (conversa) 4 de xaneiro de 2017 ás 14:11 (UTC)[responder]

Non te preocupes estas cousas non teñen présa, moitas grazas! Saúdos, --Elisardojm (conversa) 4 de xaneiro de 2017 ás 22:05 (UTC)[responder]

Share your experience and feedback as a Wikimedian in this global survey

Referencias

  1. This survey is primarily meant to get feedback on the Wikimedia Foundation's current work, not long-term strategy.
  2. Legal stuff: No purchase necessary. Must be the age of majority to participate. Sponsored by the Wikimedia Foundation located at 149 New Montgomery, San Francisco, CA, USA, 94105. Ends January 31, 2017. Void where prohibited. Click here for contest rules.

Saúdos. Acaba de comezar unha votación para a proposta de varios axustes no Libro de estilo da Galipedia, anunciada nesta mensaxe da taberna. Podes ver e participar na votación e conversa sobre a mesma na seguinte ligazón: Wikipedia:Votacións/Axustes no libro de estilo. Grazas! Banjo tell me 15 de xaneiro de 2017 ás 00:16 (UTC)[responder]

Crave?

Boas, mira, o termo crave é correcto ou non? É que non o atopo nin como termo correcto nin como incorrecto, e parece que temos unhas 170 páxinas que o usan... Saúdos, Elisardojm (conversa) 21 de xaneiro de 2017 ás 00:01 (UTC)[responder]

Xusto o que eu pensaba, moitas grazas! Saúdos, --Elisardojm (conversa) 21 de xaneiro de 2017 ás 00:49 (UTC)[responder]

*Xelo

Boas, unha pregunta, que tipo de erro é *xelo? Un hipergalegismo, un vulgarismo? ou que? Saúdos, Elisardojm (conversa) 2 de febreiro de 2017 ás 18:36 (UTC)[responder]

Wikimaratón urxente maña

Boas, pídovos o voso apoio para organizar un wikimaratón para mañá, máis info en Wikipedia:Taboleiro_dos_administradores/Problemas_varios#Wikimarat.C3.B3n_para_ma.C3.B1.C3.A1 Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 10 de febreiro de 2017 ás 15:35 (UTC)[responder]

Papo da perna

Boas, cando teñas un momento, podes botar unha ollada ó artigo papo da perna? Unha ip está empeñada en engadir *pantorra ó artigo e como non está no DRAG non sei se deixalo ou quitalo. Pon de referencia "Rivas Quintas, Eligio (1978). Frampas, contribución al diccionario gallego." pero tendo en conta que é do 78 non sei ata que punto será admisible... Eu puxen no artigo "ás veces tamén chamado pantorra" para indicar que era unha forma "diferente" e quitou o "de ás veces"... Deixámolo ou que lle facemos? Saúdos, Elisardojm (conversa) 14 de febreiro de 2017 ás 08:41 (UTC)[responder]

Grazas! Saúdos, --Elisardojm (conversa) 14 de febreiro de 2017 ás 12:04 (UTC)[responder]

Linguaxe non sexista nos modelos e categorías

Boas, na taberna hai unha proposta para intentar facer que a Galipedia use unha linguaxe non sexista nos modelos e nas categorías. Se ten un momento libre agradeceríamos a súa participación na conversa. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 16 de febreiro de 2017 ás 00:36 (UTC)[responder]

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

O exemplo da RAE

O exemplo que dá a RAE http://www.rae.es/consultas/los-ciudadanos-y-las-ciudadanas-los-ninos-y-las-ninas é fatal. "Todos los ciudadanos mayores de edad tienen derecho a voto." . Foron escoller un exemplo moi malo, xa que é perfectamente utilizable para argumentar a ambigüidade, xa que as mulleres tardamos moito tempo en ser consideradas cidadás, en ter dereitos de cidadanía e voto, en que "cidadáns", desde que foi a Revolución Francesa, foi durante máis tempo privativo que xenérico. Unhanova (conversa) 16 de febreiro de 2017 ás 08:58 (UTC) Imaxina se pos ese exemplo en pasado "Todos los ciudadanos mayores de edad tenían derecho a voto." Unhanova (conversa) 16 de febreiro de 2017 ás 09:08 (UTC)[responder]

O debate

Estou de acordo contigo en que o enunciado da miña proposta parte dunha posición. Levo pouco tempo na Galipedia, cando a fixen non sabía que ía haber outra, pensei que tiña unha dificultade técnica. De feito, metín a zoca aí atrás porque o mesmo que corrixo "convertiuse" por "converteuse", houbo uns días en que cambiei "home" por "ser humano" naqueles casos en que interpretei que "home" era equivalente a "ser humano" e, ao non haber acordo neste tema, teño que localizar eses cambios e desfacelos. Ademais, pola intervención de Miguelferig no debate, descubrín que pode ser que interpretase mal e algúns "homes" en zooloxía non sexan "ser humano". Pedinlle axuda para localizar eses días, que me diga algunha páxina de mutacións que non afectan as mulleres. Estou de acordo en que é difícil debater sen nos facer dano. No das emocións, quedei impresionada cando lin nun Luzes dun colectivo moi dividido que, para poder chegar a acordos e avanzar nun debate, como había moitas emocións, tiveron que falar por listas de correo electrónico sen que ninguén soubese que persoa estaba detrás de contas con números, para así poder escoitarse. Espero que non nos suceda :) Unhanova (conversa) 16 de febreiro de 2017 ás 12:19 (UTC)[responder]

Inclusa de incluír?

Unha dúbida, neste texto "a escama tectriz inclusa fica oculta no estróbilo polas escamas seminíferas" do artigo Abeto español, o termo "inclusa" é correcto? Non debería ser "incluída"? Saúdos, Elisardojm (conversa) 16 de febreiro de 2017 ás 18:29 (UTC)[responder]

DD, si a fraseciña é das boas :D Xa está amañado o da *inclusa, moitas grazas. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 17 de febreiro de 2017 ás 01:42 (UTC)[responder]

Alusións

Ola Atobar. Pediríache que a próxima vez que te moleste algo que eu diga ou faga mo fagas saber na miña páxina de conversa en lugar de malmeter e tentar poñer a outras persoas na miña contra, dígoo por esta mensaxe que lle deixaches a Unhanova na que me citas e interpretas as miñas palabras ao teu parecer para facerme quedar mal (Piquito nesta ocasión optou por, á súa maneira, dicir... saberás ti o que eu quería dicir con iso ou se ía por ti... pregunta e eu explico, nunca tiven problema en facelo con ninguén). Non creo que atopes en ningunha páxina de usuario unha mensaxe miña na que intente predispoñer a alguén na túa contra. Grazas. Piquito (conversa) 16 de febreiro de 2017 ás 21:32 (UTC)[responder]

En Galiza

Boas outra vez. Estou atopando en moitas páxinas a expresión "na Galiza", isto é correcto? Non ten que ser "en Galiza"? Saúdos, Elisardojm (conversa) 17 de febreiro de 2017 ás 09:44 (UTC)[responder]

Vale, tomo nota do dos xentilicios que non me decatara diso, moitas grazas. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 17 de febreiro de 2017 ás 10:58 (UTC)[responder]

2 fotografias en Ignacio Xosé III Iunan

Querido Atobar, como estàs? Yo bien!

Por favor, te pido 2 minutos para traduzir en gallego las 2 fotografia que he carregado en esta pagina, 2 minutos solamente.

Muchas gracias para tu contexto precioso!

Rei Momo (conversa) 21 de febreiro de 2017 ás 00:29 (UTC)[responder]

dúbida da lingua

Boas Atobar, vin no artigo Cidade de México que aparece a forma d'La Magdalena, ese d'La, aparte de non ter sentido coa L, tampouco podería usarse como d'A Magdalena non?--AMPERIO (conversa) 22 de febreiro de 2017 ás 23:11 (UTC)[responder]

Moitas grazas. Un saúdo. --AMPERIO (conversa) 23 de febreiro de 2017 ás 13:03 (UTC)[responder]

Your feedback matters: Final reminder to take the global Wikimedia survey

(Sorry to write in English)

Saúdos. Acaba de comezar unha votación para a proposta de varios axustes na política actual de ligazóns externas. Podes ver e participar na votación e conversa sobre a mesma na seguinte ligazón: Wikipedia:Votacións/Wikipedia:Ligazóns externas/Proposta 2017. Grazas! Banjo tell me 24 de febreiro de 2017 ás 09:32 (UTC)[responder]

Catorce aniversario da Galipedia

Boas, na taberna hai unha proposta para buscar un logotipo para celebrar o catorce aniversario da Galipedia, será o vindeiro día 8 de marzo, e decidir se facer algunha actividade especial ese día. Se ten un momento libre agradeceríamos a súa participación na conversa. Saúdos, MediaWiki message delivery (conversa) 5 de marzo de 2017 ás 02:37 (UTC)[responder]

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Lathyrus odoratus

Si, Alejandro. Así o recolle o Catálogo da flora vascular galega, de Niño Ricoi e outros (Xunta de Galicia 1994). E tamén vén con esta denominación nalgúns dos dicionarios clásicos do DdD. Que tçodalas preguntas sexan tan fáciles coma esta. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 8 de marzo de 2017 ás 13:35 (UTC)[responder]

Bom dia, querido Atobar, como estàs?

He abiero esta nueva pagina, y por favor, te pido 2 minutos por un contexto y una tradución rapida. Solamente 2 minutos.

Muchas gracias por tu ajuda preciosa!

Rei Momo (conversa) 13 de marzo de 2017 ás 08:31 (UTC)[responder]

Saúdos. Acaba de comezar unha votación para a proposta de aprobación da política de títulos dos artigos sobre organizacións. Podes ver e participar na votación e conversa sobre a mesma na seguinte ligazón: Wikipedia:Votacións/Wikipedia:Títulos dos artigos sobre organizacións. Grazas! Banjo tell me 17 de marzo de 2017 ás 19:10 (UTC)[responder]

RE:Traducido de

Moi boas tardes Atobar. Grazas polo consello, tereino en conta en sucesivas traducións. Un saúdo, --RubenWGA (conversa) 15 de abril de 2017 ás 12:36 (UTC).[responder]

Introdución en Rosalía de Castro

Boas noites Atobar. Só me remitín a seguir as indicacións que deu Banjo nunha das súas edicións en Wikipedia:Sobre Galicia/xullo 2017: "Precisa ampliar a introdución, tanto aquí coma no propio artigo. [...]". Desculpa se non me parei a especificar devandita razón. Un saúdo, --RubenWGA (conversa) 17 de abril de 2017 ás 19:56 (UTC).[responder]

Sobeiras

Boas, cando teñas un momento, podes mirar se no artigo Johan Zorro úsase correctamente o termo "sobeiras"? É que a min non me cadra pero como é unha palabra que non coñecía.... Saúdos, --Elisardojm (conversa) 19 de abril de 2017 ás 16:31 (UTC)[responder]

Moitas grazas! Saúdos, --Elisardojm (conversa) 19 de abril de 2017 ás 18:28 (UTC)[responder]

División Azul

Boas, o artigo División azul ten a segunda palabra do título en minúscula, iso é correcto? Non debía ser División Azul, coas dúas en maiúscula? A maiores, agora están a cambiarse as ligazóns ó artigo por "división azul", coas dúas en minúscula, iso está ben? Eu sempre o vin en todas partes coas dúas en maiúscula... Cando poidas, comenta o tema na páxina de conversa do artigo.... Saúdos, Elisardojm (conversa) 23 de abril de 2017 ás 07:53 (UTC)[responder]

Moitas grazas, si haberá que unificar a unha das formas, mirarei un pouco máis para ver cal será máis axeitada. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 23 de abril de 2017 ás 22:24 (UTC)[responder]
Boas, non atopo referencias para "División azul", a segunda con minúscula, polo tanto penso que deberíamos cambiar o título do artigo a "División Azul", ti que dis? Comentareino tamén na conversa do artigo. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 24 de abril de 2017 ás 07:36 (UTC)[responder]

Solamente una foto en Bixara Pedro al-Rai

Querido Atobar, como estàs? Yo voy bien!

Por favor, he colocado una foto en esta pagina, cpoiando un poco de Maurizio Malvestiti. Te pido por favor una relctura por un contextito, solamente 3 minutos. Grazie mille por todo!

Rei Momo (conversa) 28 de abril de 2017 ás 10:58 (UTC)[responder]

Xoá

Ola Alejandro. Tes toda a razón: non encontrei nada en que basearme para facer a adaptación (porobabelmente mala) ScioàXoá. Polo tanto, penso que sería mellor conservar o nome en italiano, Scioa (catalán, inglés), ou na adaptación do ge'ez Šewā como Shewa (castelán). Por iso marquei o artigo como lixo e fien unha nova páxina co nome Sioa. Unha aperta, Luís. --XoioÉche o que hai 28 de abril de 2017 ás 15:40 (UTC)[responder]

Pomatomus saltatrix

Non, Alejandro. Trátase dunha especie propia, diferente do bocarte e -normalmente- máis grande que este. Chámase anchova ou anjova en castelán, e non lle sei nome galego, nin siquera se se pesca nas nosas augas (aínda que si se pesca en Portugal, tampouco sería de estrañar que chegase ata aquí). As estatísticas de Pesca de Galicia non recollen este peixe.

O "Vocabulario nultilingüe de organismos acuáticos" recolle o Pomatotyus saltator baixo o nome galego de Anchoa (e anchova en castelán e en portugués); así que deduzo que "saltator" é un sinónimo de "saltatrix". E, por parte, recolle o bocarte, Engraulis encrasicolus (que dará as anchoas cando as metan na lata).

Hai unha Resolución de Pesca que recolle as denominacións comúns das especies de pesca e acuicultura. Inclúe tamén as dúas especies: bocarte = boquerón (cast) = Engraulis encrasicolus, e anchova (gal) = anchova (cast) = Pomatomus saltatrix. Pero esta resolución non é nada fiable como referencia de nomes galegos.

Non che sei máis. Espero que isto te axude. Saúidos, Pedro --Lameiro (conversa) 1 de maio de 2017 ás 11:42 (UTC)[responder]

É dicir, que vai haber dúas "anchoas": o bocarte (Engraulis encrasicolus) enlatado, e o Pomatomus saltatrix sen enlatar. Vai preparando a páxina de homónimos. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 8 de maio de 2017 ás 22:29 (UTC)[responder]

En galego

Boas meu, unha pregunta, como se di en galego *ajuar? É que non o dou atopado... Saúdos, Elisardojm (conversa) 3 de maio de 2017 ás 10:27 (UTC)[responder]

Graciñas! Saúdos, --Elisardojm (conversa) 3 de maio de 2017 ás 11:09 (UTC)[responder]

Unha terapia perigosa

Boas, Atobar. O filme estreouse en galego, si. Non engadira aínda a referencia onde a atopara o título porque xa morrera a ligazón. Botei un anaco buscándoa e atopeina en web archive, polo que procedo a engadila. Grazas por estar pendente.--Breogan2008 (conversa) 23 de maio de 2017 ás 13:46 (UTC)[responder]

RE

Boas Alejandro! A transliteración axeitada de Евгений Иванович Замятин sería Evgenii Ivanovich Zamiatin. Saúdos! --Norrin (Fálame) 27 de maio de 2017 ás 18:41 (UTC)[responder]

Saúdos. Acaba de comezar unha votación para a proposta de política oficial da redacción de Wikipedia:Punto de vista neutral, seguindo o calendario de votacións para novembro proposto aquí. Podes ver e participar na votación e conversa sobre a mesma na seguinte ligazón: Wikipedia:Votacións/Wikipedia:Punto de vista neutral/proposta 2017. Grazas! Banjo tell me 2 de xuño de 2017 ás 09:01 (UTC)[responder]

Proposta para a organización da terceira malla da Galipedia

Boas tardes, na taberna hai unha proposta para organizar a terceira malla de artigos da Galipedia e que pode ser do seu interese. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 14 de xuño de 2017 ás 16:06 (UTC)[responder]

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Saúdos. Acaba de comezar unha votación sobre a proposta Wikipedia:Votacións/Cambio de nome de categorías de personalidades e creación de categorías por sexo. Podes ver e participar na seguinte ligazón: Wikipedia:Votacións/Cambio de nome de categorías de personalidades e creación de categorías por sexo. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 16 de xuño de 2017 ás 22:13 (UTC)[responder]

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

RE:Precuela

Pois tes razón que non te avisei, pensei en facelo e tiña idea de que xa o fixera... Como me patinan as neuronas! :) Saúdos, Elisardojm (conversa) 20 de xuño de 2017 ás 11:29 (UTC)[responder]

Xa sei o que pasou, ía deixarche a mensaxe onte pero ó final quedei durmido e non lle din a gardar :) Saúdos, Elisardojm (conversa) 20 de xuño de 2017 ás 16:48 (UTC)[responder]

RE:Correccións

Boas tardes Atobar. Comprendo o que queredes expresar e non volverá acontecer pois. Un saúdo, --RubenWGA (conversa) 22 de xuño de 2017 ás 10:00 (UTC).[responder]

Conmebol Libertadores

Ola, eu observo que este artigo ten tido un cambio de nome nun curto espazo de tempo e quería protexela contra as transferencias porque a corrente é o nome oficial do torneo. Cos mellores cumprimento. --2x2leax (conversa) 26 de xuño de 2017 ás 01:58 (UTC)[responder]

RE:Comandante

Boas tardes Atobar. Tes moita razón, polo que procedín do mesmo xeito que me indicaches no teu comentario. Moitísimas grazas polo consello. Un saúdo, --RubenWGA (conversa) 29 de xuño de 2017 ás 16:43 (UTC).[responder]

Saúdos. Acaba de comezar unha votación para a proposta de política oficial da redacción de Política de protección, seguindo o calendario de votacións para novembro proposto aquí. Podes ver e participar na votación e conversa sobre a mesma na seguinte ligazón: Wikipedia:Política de protección/proposta 2017. Grazas! Banjo tell me 30 de xuño de 2017 ás 07:34 (UTC)[responder]

Saúdos. Acaba de comezar unha votación para a proposta de política oficial da redacción de Política de protección, seguindo o calendario de votacións para novembro proposto aquí. Podes ver e participar na votación e conversa sobre a mesma na seguinte ligazón: Wikipedia:Política de protección/proposta 2017. Grazas! Banjo tell me 30 de xuño de 2017 ás 07:34 (UTC)[responder]

Terceira malla de artigos da Galipedia

Como se anunciou na taberna, durante esta semana, do 3 ó 9 de xullo, estamos a facer a Terceira malla de artigos da Galipedia. Todo o mundo pode colaborar e precisamos axuda para amañar estes artigos con problemas. Anímate e achégate á malla!! Saúdos, MediaWiki message delivery (conversa) 3 de xullo de 2017 ás 08:35 (UTC)[responder]

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Nova dúbida

Boas rapaz, como se di en galego os *gallos que lle saen ós mozos na puberdade? Saúdos, Elisardojm (conversa) 7 de xullo de 2017 ás 08:49 (UTC)[responder]

Moi ben, grazas! Saúdos, --Elisardojm (conversa) 7 de xullo de 2017 ás 08:59 (UTC)[responder]

Saúdos. Acaba de comezar unha votación para a proposta de política oficial da redacción de Wikipedia:Proselitismo, seguindo o calendario de votacións para novembro proposto aquí. Podes ver e participar na votación e conversa sobre a mesma na seguinte ligazón: Wikipedia:Votacións/Wikipedia:Proselitismo. Grazas! Banjo tell me 20 de xullo de 2017 ás 08:43 (UTC)[responder]

Arrigo Boito

Boas Atobar, o artigo Arrigo Boito, que fixeches ti, ten o marcador de demasiado curto, a ver se podes revisalo e amañalo. Saúdos, Elisardojm (conversa) 20 de xullo de 2017 ás 10:31 (UTC)[responder]

Tamén se marcou como curto Gaetano Donizetti. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 20 de xullo de 2017 ás 11:19 (UTC)[responder]
E tamén Farinelli. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 20 de xullo de 2017 ás 13:00 (UTC)[responder]
Tamén está marcado Katja Kean. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 21 de xullo de 2017 ás 08:26 (UTC)[responder]
E Sergei Prokofev. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 21 de xullo de 2017 ás 09:15 (UTC)[responder]
Acumúlase o choio con Bedřich Smetana :) Saúdos, --Elisardojm (conversa) 21 de xullo de 2017 ás 09:19 (UTC)[responder]
Tamén en Claudio Monteverdi. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 21 de xullo de 2017 ás 12:45 (UTC)[responder]
E Carl Maria von Weber tamén está marcado... Saúdos, --Elisardojm (conversa) 21 de xullo de 2017 ás 13:09 (UTC)[responder]
Tamén ten a marca Viroloxía. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 22 de xullo de 2017 ás 02:03 (UTC)[responder]
Tamén é curto William Randolph Hearst. Saúdos, Elisardojm (conversa) 25 de xullo de 2017 ás 21:26 (UTC)[responder]

──────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────── Boas, tamén está marcado Antonio Machado Álvarez. Saúdos, Elisardojm (conversa) 25 de xullo de 2017 ás 23:20 (UTC)[responder]

Tamén é curto Vampirismo. Saúdos, Elisardojm (conversa) 27 de xullo de 2017 ás 15:46 (UTC)[responder]
E Mark Kelly. Saúdos, Elisardojm (conversa) 28 de xullo de 2017 ás 21:34 (UTC)[responder]
Tamén está marcado Bruce McCandless II. Saúdos, Elisardojm (conversa) 28 de xullo de 2017 ás 21:37 (UTC)[responder]
E Profeta e Profecía. Saúdos, Elisardojm (conversa) 28 de xullo de 2017 ás 21:48 (UTC)[responder]
Tamén Rómulo Betancourt. Saúdos, Elisardojm (conversa) 29 de xullo de 2017 ás 02:11 (UTC)[responder]
E Saltacionismo. Saúdos, Elisardojm (conversa) 30 de xullo de 2017 ás 11:23 (UTC)[responder]

Boas, tamén se marcou como curto Sergey Brin. Saúdos, Elisardojm (conversa) 31 de xullo de 2017 ás 09:11 (UTC)[responder]

Tamén Leslie Nielsen. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 1 de agosto de 2017 ás 22:25 (UTC)[responder]
Boas, tamén é curto Militar. Saúdos, Elisardojm (conversa) 2 de agosto de 2017 ás 23:52 (UTC)[responder]
E tamén Sistema sensorial. Saúdos, Elisardojm (conversa) 3 de agosto de 2017 ás 00:00 (UTC)[responder]

Carallo

Boas outra vez, o artigo Carallo, que fixeches ti, ten o marcador de investigacións orixinais, a ver se podes revisalo e amañalo. Saúdos, Elisardojm (conversa) 20 de xullo de 2017 ás 10:34 (UTC)[responder]

Eu non lles puxen o marcador, só son un recadeiro :) Saúdos, --Elisardojm (conversa) 20 de xullo de 2017 ás 21:52 (UTC)[responder]
Tamén Hattrick (xogo). Saúdos, Elisardojm (conversa) 31 de xullo de 2017 ás 21:21 (UTC)[responder]

Fotografías cedidas por terceiros

O mellor e máis sinxelo e que as suba o propio fotógrafo. Explícalle como.

Outra opción, máis complexa, é que as subas ti a Wikimedia Commons e que o fotógrafo envíe un correo electrónico segundo o especificado en Commons:OTRS/gl (hai que lelo todo ben). Aí falan de que tardan sobre 47 días en completar o proceso. --. HombreDHojalata.conversa 20 de xullo de 2017 ás 22:14 (UTC)[responder]

Pero se o precisades, eu coñezo xente que está en OTRS e que pode revisar os correos con maior antelación, ese tempo é unha estimación con moito "colchón" porque as colas de correo vanse consultando cando os revisores poden. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 21 de xullo de 2017 ás 08:10 (UTC)[responder]

Porto ou O Porto?

Boas meu, hoxe veño con outra leria :) Poderías botar un ollo ó comentado na taberna? Pero sen présa. Saúdos, Elisardojm (conversa) 1 de agosto de 2017 ás 11:23 (UTC)[responder]

Lonxitude de artigos curtos

Boas, hai unha proposta na taberna para determinar a lonxitude dos artigos curtos, todos os comentarios son benvidos. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 1 de agosto de 2017 ás 11:57 (UTC)[responder]

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Asociación de amigas e amigos da Galipedia

Boas, hai unha proposta na taberna para a creación dunha asociación de apoio á Galipedia, todos os comentarios son benvidos. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 9 de agosto de 2017 ás 06:51 (UTC)[responder]

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Saúdos. Acaba de comezar unha votación para a proposta de política oficial da redacción de Wikipedia:Categorías/proposta 2017, seguindo o calendario de votacións proposto aquí. Podes ver e participar na votación e conversa sobre a mesma na seguinte ligazón: Wikipedia:Votacións/Wikipedia:Categorías/proposta 2017. Grazas! Banjo tell me 11 de agosto de 2017 ás 07:53 (UTC)[responder]

Emendas no artigo Cantroxo

Fixen unhas mudanzas relevantes no artigo Cantroxo, sobre o que discutistes ti e Lameiro na conversa 34 ¿Lavandula? do primeiro trimestre do 2009. Podedes botarlle un ollo á miña argumentación da conversa. Grazas. Marcio (conversa) 30 de agosto de 2017 ás 18:42 (UTC)[responder]