Wikipedia:Difusión nos medios
Esta páxina é para organizar unha das dúas propostas escollidas para celebrar o décimo aniversario da Galipedia. A outra proposta escollida é a de Wikipedia:Participación activa. A páxina inicial das propostas podes consultala aquí.Creouse tamén a páxina Wikipedia:Relatorios décimo aniversario para coordinar e debatir esa actividade. |
Difusión nos medios de comunicación
[editar a fonte]Proposta
[editar a fonte]Contactar cos medios de comunicación para pedir que fagan entrevistas e reportaxes sobre a Galipedia para publicar nas datas do aniversario. Poderíase contactar cos periódicos, diferentes radios e a TVG.
Necesidades
[editar a fonte]- Textos con información para enviar ós medios
- Galipedistas dispostos a ser entrevistados
Os que queran e teñan dispoñibilidade de facer esta actividade poden apuntarse nesta táboa indicando o seu concello e os comentarios que vexan oportunos. Se queredes poñer máis información poden poñerse outras columnas.
Provincia da Coruña | ||
Usuaria/o | Concello | Observacións |
---|---|---|
--Elisardojm (conversa) 3 de decembro de 2012 ás 23:48 (UTC) | Culleredo | |
Texto da cela | Texto da cela | Texto da cela |
Texto da cela | Texto da cela | Texto da cela |
Provincia de Lugo | ||
Usuaria/o | Concello | Observacións |
--Agremon | Ribadeo | A nivel comarcal, tentarei promocionar as actividades cos contactos que xa teño feitos. |
Texto da cela | Texto da cela | Texto da cela |
Provincia de Ourense | ||
Usuaria/o | Concello | Observacións |
Texto da cela | Texto da cela | Texto da cela |
Texto da cela | Texto da cela | Texto da cela |
Provincia de Pontevedra | ||
Usuaria/o | Concello | Observacións |
--Xas (conversa) 9 de decembro de 2012 ás 21:49 (UTC) | Lalín | |
--Beninho --Beninho (conversa) 21 de febreiro de 2013 ás 18:30 (UTC) | Marín | |
Texto da cela | Texto da cela | Texto da cela |
Proposta de texto para enviar ós medios
[editar a fonte]A Galipedia é un proxecto colaborativo que naceu o 8 de marzo do 2003 para crear unha enciclopedia libre e en galego. Detrás dos seus 214.642 artigos traballa día a día unha comunidade de voluntarios que se esforza por aumentar a calidade do proxecto ao engadir nova información, referenciar e revisar a calidade do idioma empregado. A Wikipedia en galego forma parte dos proxectos desenvolvidos pola Fundación Wikimedia, unha organización sen fin de lucro adicada a difundir o coñecemento libre de forma plurilingüe e de xeito gratuíto.
Na Wikipedia todo o mundo pode participar, xa amañando un pequeno erro, xa ampliando o contido dun apartado ou creando un artigo novo sobre un tema do que posúa certos coñecementos. Todas as edicións quedan rexistradas no historial dos artigos, polo tanto é moi sinxelo recuperar unha versión anterior en caso de que se introduza un erro, tanto de forma inadvertida como intencionada. Para colaborar non fai falta grande esforzo, tan só ter interese pola idea de crear unha enciclopedia universal de balde en galego, e despois diso premer na pestana Editar que figura en tódalas páxinas do proxecto.
Dende o 8 de marzo do 2003 transcorreron case dez anos que serviron para crear un proxecto con máis de 98.000 artigos únicos, máis de 100.000 imaxes diferentes, case 3 millóns de edicións e por volta dos 340 usuarios activos que fan que día a día medre.
O primeiro usuario da Galipedia foi ILVI e o primeiro artigo que creou el mesmo foi Ou, aínda que co tempo tal artigo foi movido para o Galizionario, o proxecto da Fundación encargado de crear un dicionario libre en galego. Logo chegou Agremón, o primeiro administrador galego e ó pouco tempo os medios de comunicación xa se fixeron eco do proxecto, saíndo unha nova en El Progreso na edición da Mariña: Catrocentas Entradas.
O proxecto vai medrando pouco a pouco e en novembro do 2004 xa tiña 2.000 entradas.
(Tamén se podería mencionar ó Galizionario e Galilibros, aínda que non estean de aniversario son tamén parte importante deste proxecto).
Cobertura de necesidades
[editar a fonte]- Coido que sería bo facer un esquema coas liñas xerais dos textos, pero non estou seguro: a diversidade tamén é boa. En canto á disponibilidade, estou disponible, pero non activo o último ano ...--Agremon(contacto) 1 de decembro de 2012 ás 11:49 (UTC)
- Penso que poderíamos facer un texto explicando o que é o proxecto e como funciona, sen extenderse moito, e logo facer un pequeno resumo do que aconteceu nestes dez anos: nacemento, comezos, expansión do proxecto, algunhas celebracións e xuntanzas... Tamén se pode falar dos distintos traballos que se fan no proxecto ou tamén as áreas nas que somos "máis fortes", por exemplo. O que non pode faltar é pedir a colaboración da xente ;) Eu tamén estou dispoñible por se hai que falar con alguén. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 1 de decembro de 2012 ás 23:42 (UTC)
Comentarios Difusión nos medios de comunicación
[editar a fonte]- Tentarei estes días quedar cun par de periodistas que levan tempo por aquí para presentarlles o estado da cuestión e ver se poden aportar algunha suxerencia, ó tempo de preparalos para o que se organice por aquí (son de crónica local)--Agremon(contacto) 1 de decembro de 2012 ás 11:39 (UTC)
- E que tal se lle mandamos un correo ou unha mensaxe na súa páxina de usuario ó usuario ILVI (o creador do proxecto) comentándolle estas actividades por se quixera enviarnos unhas liñas? Tamén sería interesante que Agremon deixara algunhas impresións e a súa visión de cara ó futuro do proxecto..., que non? :) Saúdos, --Elisardojm (conversa) 10 de decembro de 2012 ás 01:53 (UTC)
Votos Difusión nos medios de comunicación
[editar a fonte]Votación pechada. Por favor, non faga edicións nesta sección. É unha copia da votación que se fixo nesta páxina. |
- Concordo. Piquito (conversa) 23 de novembro de 2012 ás 07:41 (UTC)
- Concordo, --Xosé Antonio (fálame sempre) 24 de novembro de 2012 ás 21:05 (UTC)
- Concordo--XoioÉche o que hai 25 de novembro de 2012 ás 16:20 (UTC)
- Concordo. --Miguelferig (conversa) 26 de novembro de 2012 ás 10:20 (UTC)
- Concordo. --Xas (conversa) 26 de novembro de 2012 ás 12:15 (UTC)
- Concordo Pedro --Lameiro (conversa) 27 de novembro de 2012 ás 18:19 (UTC)
- Concordo--Agremon(contacto) 27 de novembro de 2012 ás 21:08 (UTC)
# Concordo--JaviP96conversa 27 de novembro de 2012 ás 22:43 (UTC)# Concordo --Beninho (conversa) 28 de novembro de 2012 ás 08:43 (UTC)