Lusismo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Este artigo trata da interferencia lingüística do portugués noutras linguas, para o movemento que defende a unidade do galego e o portugués vexa: Reintegracionismo.

Un lusismo,[1] lusitanismo[2] ou portuguesismo[3] é un trazo idiomático ou vocábulo do portugués usado noutra lingua.

Lusismos en galego[editar | editar a fonte]

ciúmes (port. ciúmes). s. m. Celos.
Pequeno Diccionario Xerais da Lingua, ed. de 1993[4]

A entrada de palabras do portugués de Portugal, Brasil ou as demais comunidades de fala portuguesa no mundo supoñen empréstimos como aqueles que veñen de calquera outra lingua. Algunhas veces estes empréstimos son aceptados, e a propia norma oficial toma conta deles para encher necesidades terminolóxicas. Moitas outras veces, estes empréstimos son rexeitados pola norma, e son precisamente estes aos que con maior frecuencia se refire o termo lusismo.

Da outra banda, desde o punto de vista da normativa reintegracionista, que parte de que o galego e o portugués son a mesma lingua, o concepto mesmo de lusismo non existe no galego.

Exemplos de lusismos aceptados[editar | editar a fonte]

  • caipiriña
  • ananás
  • azulexo
  • churrasco

Exemplos de lusismos frecuentes non recollidos no Dicionario da Real Academia Galega[editar | editar a fonte]

  • A fórmula de agradecemento obrigada/o no canto de grazas.
  • Bochecha no canto de fazula ou meixela.
  • Calzas no canto de pantalóns.
  • Ciúmes no canto de celos.
  • Loxa no canto de tenda.
  • Greve no canto de folga.
  • Sotaque no canto de acento.
  • Equipa no canto de equipo.
  • Voltar no canto de volver.
  • Cartaz no canto de cartel.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para lusismo.
  2. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para lusitanismo.
  3. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para portuguesismo.
  4. "ciúmes". Pequeno Diccionario Xerais da Lingua. 6.ª edición (revisada e actualizada). Xerais. 1993. p. 137. ISBN 84-7507-382-4. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]