Conversa usuario:RMGAvania

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Benvido(a) á Galipedia, RMGAvania!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Crystal Clear app korganizer.png Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros, citar as fontes e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Icon apps query.svg Onde atopar axuda

Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.

Crystal Clear app amor.png Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.   Para asinar usa este botón.png
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegaciónCheck mark.png Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Nuvola gnome-fs-trash-full.svg Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 1 de xuño de 2016 ás 13:09 (UTC)

Mapas da Baña[editar a fonte]

Bos días RMGAvania, quitei os mapas que engadiches no artigo da Baña porque ó non indicarse unha licenza na web http://abana.compromiso.gal/o-noso-concello/, asúmese que teñen copyright (ademais de que teñen unha marca de auga con (c))e non poden usarse nas wikipedias. Na Galipedia só poden usarse imaxes con certas licenzas libres, tes máis información en Wikipedia:Política de uso de imaxes. Se tes calquera dúbida podes contactar comigo na miña páxina de usuario. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 1 de xuño de 2016 ás 13:09 (UTC)

Recoñecemento cando se traduce doutra Wikipedia[editar a fonte]

Ola RMGAvania.

Por favor, ten en conta que os textos da Wikipedia, en tódalas linguas, publícanse baixo CC-BY-SA, e entre os requirimentos desta licenza está o recoñecemento. Isto quere dicir que cando se traen, traducíndoos, contidos doutras wikipedias, cómpre recoñecer a súa orixe/autoría.

Na Wikipedia en galego adoitamos facelo dunha das seguintes dúas maneiras:

  • A maneira máis doada, e empregada, é deixar constancia no cadro Resumo. Exemplos:
Exemplo de recoñecemento.
→ Esta achega é unha tradución do artigo da Wikipedia en castelán: [[:es:Cristóbal Colón]]
→ Este artigo contén material procedente dos artigos das Wikipedias en inglés e portugués: [[:en:Europa]] e [[:pt:Europa]]
→ A primeira edición deste artigo procede da tradución e adaptación do artigo homónimo da Wikipedia en lingua_que_sexa
→ Tradución da versión http://pt.wikipedia.org/w/index.php?title=Albert_Einstein&oldid=11330571 do artigo da Wikipedia en portugués
  • Alternativamente, tamén se pode facer constar na páxina de conversa do artigo, por exemplo empregando o modelo {{Traducido de}}.

Moitas grazas, un saúdo e a seguir!

Axudas ortográficas[editar a fonte]

Ola RMGAvania. Asemella que tes algunha dificultade coa ortografía.

Se queres, podes botar man das seguintes ferramentas:

Tes máis axuda en: como mellorar a ortografía.

Moitas grazas, un saúdo e a seguir!

--Estevo(aei)pa o que queiras... 1 de xuño de 2016 ás 18:12 (UTC)

ortografía e referencias[editar a fonte]

Por favor, indica de onde tomas a información que citas. En vez de incluír ligazóns externas no corpo do texto, pon eses enlaces como referencias. E revisa a ortografía: por exemplo, lembra que é muíño, e non *muiño. Un saúdo!! --Estevo(aei)pa o que queiras... 1 de xuño de 2016 ás 22:26 (UTC)

Referencias en contribucións recentes[editar a fonte]

Commons-emblem-question book orange.svg

Ola, RMGAvania. Algunhas das contribucións que realizaches non teñen fontes ou referencias, necesarias para cumprir coa política de verificabilidade da Galipedia. Debido a isto, incluíronse os marcadores {{Sen referencias}} e/ou {{Cómpre referencia}} ou ben foron modificadas ou retiradas dos artigos.

Para engadir referencias nun artigo, tes que incluír <ref>referencia</ref> despois da información, poñendo no lugar de referencia a cita da fonte ou ligazón de onde sacaches a información, cos parámetros de modelos como {{Cita libro}} ou {{Cita web}}. Tamén podes utilizar a ferramenta para citar dispoñíbel na Galipedia; para iso segue os seguintes pasos:

Na barra de ferramentas hai un botón que pon "Citar". E ao premer nel aparece un menú despregábel onde pon "Modelos".
Ao premer en "Modelos" desprega estas opcións; hai que escoler unha segundo o tipo de cita.
Despois de escoller unha, sae un formulario; unha vez completado, hai que darlle a "Inserir" (non é necesario encher todos os campos).

Antes de retirar o marcador, asegúrate de incluír as referencias no artigo ou artigos.

Moitas grazas, un saúdo e a seguir! Banjo tell me 3 de xuño de 2016 ás 10:43 (UTC)

Superficie[editar a fonte]

Ola. De onde estás a tirar os datos de superficie que puxeches en diversos artigos de lugares? Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 7 de xuño de 2016 ás 17:32 (UTC)

Moi ben. Graciñas. --Atobar (conversa comigo) 9 de xuño de 2016 ás 10:19 (UTC)
Deberías achegar ós artigos a referencia ó lugar onde se pode atopar esa información para que todos os usuarios poidan consultala e así cumprir Wikipedia:Verificabilidade. Se precisas axuda para engadir referencias déixame unha nota na miña conversa. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 9 de xuño de 2016 ás 10:28 (UTC)

Datos poboación 2016[editar a fonte]

Hola RMGAvania. Poderías confirmar que fonte utilizaches para sacar os datos de poboación de 2016 dos artigos que editaches hoxe? Hai algún enderezo URL no que se podan consultar? Grazas. Banjo tell me 1 de febreiro de 2017 ás 18:08 (UTC)

Ola! Empreguei os datos do nomenclator do INE, que xa están actualizados http://www.ine.es/nomen2/index.do. No IGE aínda seguen os do 2015. Unha aperta --RMGAvania (conversa) 7 de febreiro de 2017 ás 18:05 (UTC)