Illas Ons

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Para a páxina da illa principal do arquipélago véxase Illa de Ons.

Coordenadas: 42°22′50″N 8°56′0″O / 42.38056, -8.93333

Illas Ons
Isla de Ons NWW.png
Imaxe das illas Ons dende o espazo..
Mapa das Illas Ons.png
Illas Ons
Situación
País Galicia Galiza
Provincia Flag Pontevedra Province.svg Pontevedra
Arquipélago Illas Ons
Mar Atlántico
Coordenadas 42°22′50″N 8°56′0″O / 42.38056, -8.93333
Xeografía
Superficie 4,458 km²
Longura máxima 6,0 km (N-S)
Largura máxima 1,5 km (L-O)
Punto máis alto 128 msnm, Alto do Cucorno
Distancia a terra 3,8 km
Demografía
Capital Bueu
Poboación 80 (2010)

As illas Ons son un arquipélago situado á saída da ría de Pontevedra. A ela pertencen as illas de Onza (illa granítica pequena de difícil acceso) e Ons, pertencentes ao concello de Bueu e ao Parque nacional das Illas Atlánticas. Nelas hai praias, calas, cantís e furnas.

Xeografía[editar | editar a fonte]

O arquipélago das Illas Ons está formado por dúas grandes illas e varios illotes:

  • Illa de Ons
  • Illa de Onza
  • A Freitosa, o maior illote, xunto co seu illote xemelgo A Freitosa de Terra, ámbolos dous moi preto da costa suroeste da illa.
  • O Centolo, no seu extremo norte, de destacada forma, trátase da parte do arquipélago máis achegada á terra firme.
  • O Cairo, situado fronte do antigo cemiterio da illa. Trátase dun farallón rochoso cunha característica forma de dente canino (cairo en galego).
  • A Laxe do Abade, preto do peirao. De valor histórico por posuir no seu cumio un sepulcro antropomorfo medieval labrado na piedra.
  • A Pedra do Fedorento, ao sur da illa.
  • A Illa do Xuvenco, ao norte.
  • O Con dos Galos, e outros de menor tamaño e importancia.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]