Dirección

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A dirección é a liña que une dous puntos, podéndose seguir en dous sentidos. Xeralmente aplícase a unha recta ou xeodésica. A dirección nas liñas rectas é constante, pois non se crea ningún ángulo a medida que se lle van dando valores á función que a describe. Porén, nas liñas curvas a direccións pode ser distinta en cada punto: á dirección de cada punto se lle adoita chamar tanxente e matematicamente se calcula co valor da derivada en cadanseu punto.

Na sinalización das obras públicas, principalmente na rede viaria, serve para indicar o camiño que se debe utilizar para chegar un lugar determinado. É moi habitual sinalizar as direccións nas rotondas e nas saídas das autovías, autoestradas e outras vías principais, así coma naquelas estradas e pistas que non presentan desviacións durante un longo tramo do seu percorrido.

Non debe confundirse con enderezo, palabra utilizada nos ámbitos informáticos (p. ex. enderezo IP) ou postais para indicar as señas finais para a localización dunha entidade.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]



Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre ciencias é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.