Saltar ao contido

Pedro de Betancur

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaPedro de Betancur

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento21 de marzo de 1626 Editar o valor en Wikidata
Vilaflor de Chasna (Coroa de Castela) Editar o valor en Wikidata
Morte25 de abril de 1667 Editar o valor en Wikidata (41 anos)
Antiga Guatemala Editar o valor en Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmisioneiro, clérigo Editar o valor en Wikidata
Orde relixiosaOrde dos Irmáns de Belén Editar o valor en Wikidata
Enaltecemento
Día de festividade relixiosa24 de abril Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteAppletons' Cyclopædia of American Biography Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1063664

Pedro de San José Betancur, nado en Vilaflor de Chasna, Tenerife, o 21 de marzo de 1626 e finado en Antigua Guatemala, Guatemala, o 25 de abril de 1667, coñecido como Santo Hermano Pedro, foi un monxe franciscano e misioneiro español, fundador da Orde dos Betlemitas.

Biografía

[editar | editar a fonte]

Naceu en Vilaflor, no sur da illa de Tenerife, no seo dunha familia de campesiños. Segundo as crónicas, mostrou desde pequeno unha profunda relixiosidade.[1]

Con 23 anos marchou a Guatemala como misioneiro. Alá fundou hospitais e centros de saúde para os sen teito, espallando a súa caridade por toda América Central.

Tumba do santo en Guatemala.

Foi fundador do primeiro hospital convalecente e da primeira escola popular para nenos e adultos na que, no marco da América hispana do século XVII, non houbo aceptación de persoas por raza ou sexo: os nenos poderían participar igualmente e mozas, brancos, indíxenas, negros e mestizos. Foi tamén o iniciador dun movemento hospitalario para estranxeiros, sacerdotes e estudantes.[2]

Describiuse como unha personalidade dotada, con gran facilidade para comunicarse con todo tipo de persoas, disciplinado consigo mesmo e compasivo cos demais. Utilizou métodos de ensinanza eficaces e, en certa medida, innovadores (premios, reforzos, copilemas, cancións), ao introducir o concepto de convalecencia no campo da saúde.[2]

O 25 de abril de 1667 morreu en Antigua Guatemala.

O papa Xoán Paulo II declarouno Santo o 30 de xullo de 2002 na Cidade de Guatemala, durante a súa terceira visita ao país. Así, o Hermano Pedro tornouse o primeiro santo das Illas Canarias, de Guatemala e América Central.

Santuarios

[editar | editar a fonte]
Cova do Santo Hermano Pedro, Tenerife.

A tumba de San Pedro de Betancur atópase na Igrexa de San Francisco O Grande en Antigua Guatemala e é un lugar de peregrinación. En Tenerife, a Cova do Santo Hermano Pedro está situada no sur da illa, nun deserto fóra do pobo de El Médano. Neste lugar o santo se refuxiou no inverno co seu gando e tamén foi o seu lugar de oración. Tamén un importante lugar de veneración é o Santuario do Santo Hermano Pedro, que está construído no seu lugar de nacemento en Vilaflor.[3]

Rutas tradicionais dedicadas ao Santo

[editar | editar a fonte]

En Tenerife celébrase o chamado "Camiño do Hermano Pedro" cada ano, que é unha ruta pastoral que o santo viaxou para pasar co seu rabaño ao longo da rexión de Chasna. Esta ruta parte desde Vilaflor ata a cova do Santo. Actualmente, durante a festa do santo de abril, centos de peregrinos percorren este percorrido que ten un grande interese relixioso-histórico.[4]

En Guatemala hai outro camiño similar. Neste caso é unha ruta turística que conmemora a canonización de San Pedro de San José de Betancourt, que permite un percorrido polos monumentos da Antiga Guatemala vinculados ao santo.[5]

  1. San Pedro de San José de Betancourt
  2. 2,0 2,1 Garbayo Sandino, María; Ferraz Lorenzo, Manuel (2003). "El canario Pedro de Betancur: sus aportaciones educativas y sanitarias en la América hispana del siglo ⅩⅦ" (PDF). Tebeto: Anuario del Archivo Histórico Insular de Fuerteventura (16): 49–78. ISSN 1134-430X. 
  3. "Santuario del Santo Hermano Pedro en Vilaflor". Arquivado dende o orixinal o 29 de outubro de 2013. Consultado o 29 de abril de 2018. 
  4. "La comarca se une para potenciar el Camino del Hermano Pedro a nivel mundial". Arquivado dende o orixinal o 19 de outubro de 2016. Consultado o 29 de abril de 2018. 
  5. "El Gobierno guatemalteco anunció hoy que lanzará una ruta turística conmemorativa de la canonización del santo hermano Pedro de San José de Betancur, celebrada el 30 de julio de 2002 en Guatemala por el papa Juan Pablo II.". Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 29 de abril de 2018. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]