Wikipedia:Participación activa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Solicitudes de obradoiros[editar a fonte]

As solicitudes para facer obradoiros poden engadirse nesta táboa e os que estean interesados en realizar esa actividade teñen que apuntarse no apartado de "Usuario encargado" e encargarse de organizar o obradoiro xunto coa persoa de contacto.

Lugar Persoa de contacto Usuario encargado Data Notas
Texto da cela Texto da cela Texto da cela Texto da cela Texto da cela
Texto da cela Texto da cela Texto da cela Texto da cela Texto da cela

Próximos obradoiros[editar a fonte]

Próximos obradoiros
Lugar Data/Hora Voluntario/a (e observacións) Cartel Avisados

IES da Pobra Caramiñal
Luns 28 de xaneiro
16:30
Aprazado por forza maior ata nova data
As persoas interesadas en asistir como usuarios poden poñerse en contacto con Aprofa ou Nemigo

Narón, antiga Casa do Concello en Xuvia.
Venres, 1 de marzo
19:00
Suspendido ata nova data a determinar, por escasa inscrición (1 persoa).

Casa da Xuventude
Ribadeo
Venres, 15 de marzo
20:00
As persoas interesadas poden poñerse en contacto con Agremon por correo electrónico ou outro medio, ou coa Aula Cemit de Ribadeo. Constará dunha parte expositiva e outra obradoiro (1 h cada)
O concello será o encargado de facer a propaganda e a inscrición

IES de Ribadeo
Xoves, 27 de febreiro
16:50
Presentación de carácter interno, para profesores do IES, impartido por Agremon A notificación será interna. Cabe a posibilidade de que sexa acompañado de varias actuacións con alumnos.

Auditorio Municipal, Lalín
Por determinar (Nome do que impartirá o obradorio)
Aula Cemit
Centro Galego de Barcelona
Páxina do Centro Galego de Barcelona
A comezos de abril pendente de confirmación Socios do Centro galego
Telecentro do concello de Marín
Aula CeMIT Marín
Venres 22 de marzo, das 19:00 ás 21:00 Beninho Adiado por enfermidade. En canto teña unha nova data anunciareina.

Cambre
24 de maio no Graxal ás 18:30 e o
25 de maio na Barcala ás 11:30
Elisardojm
Xa están as datas acordadadas e publicadas na web do concello. Tamén saleu anunciado no diario La Opinión, aquí.
Este obradoiro foi suspendido porque só se apuntaron dúas persoas.
Programa: Arredor do Día das Letras Galegas 2013

A Coruña
Datas propostas:
Centro Agora: mércores 19 xuño de 19:00 a 20:30
Fórum Metropolitano: xoves 20 xuño, de 19:00 a 20:30
Elisardojm
Varios correos de coordinación enviados ó concello e datas iniciais escollidas.
Información e inscrición no obradoiro na Coruña
Suspendido por falta de xente, previsto facelo de novo en outono.

Participación activa[editar a fonte]

Proposta[editar a fonte]

Antes da data do aniversario podería buscarse a un grupo de colaboradores actuais que acheguen a Wikipedia a cidades e vilas. Ofrecerse a dar conferencias ou pequenos cursos sobre edición con Wikipedia. Contactar con asociacións e organizacións e que alguén se achege aos seus locales para ofrecer in situ unha pequena formación inicial.

Necesidades[editar a fonte]

Cunha ducia de persoas en dous ou tres meses (un curso por semana) podería achegarse a case 100 concellos unha formación básica.

Proposta de esquema para os obradoiros[editar a fonte]

Esta é unha proposta de esquema dalgúns pasos a ter en conta nos obradoiros, pero cada participante pode facer o seu propio e todos poden mellorar este.

Esquema para os obradoiros
Tempo Observacións Ligazóns
<15min Presentación básica da Galipedia.
Vídeos da Fundación Wikipedia
A historia da Wikipedia, a maior enciclopedia do mundo 6'48" Parte1
A historia da Wikipedia, a maior enciclopedia do mundo 9'26" Parte 2
(pdf, ligazón ou vídeo)
Presentación de introdución á Galipedia
? Comentar as vantaxes de crear usuarios e ¿creación das contas por parte dos asistentes?
Pode saltarse a creación das contas porque algúns usuarios pode ser que lles guste pensar tranquilamente o seu nome de usuario, e así pode usarse ese tempo para facer máis actividades (edición de páxinas).
Os cinco piares
(ligazóns)
? Prácticas de edición nas súas páxinas de usuario seguindo os comandos da guía de referencia básica da Galipedia. Tamén poden seguirse os pasos da Wikipedia:Guía de edición da Galipedia que está moi ben, e podemos aproveitar tamén para darlle un repaso por se precisa algún contido ou explicación e meterlla Guía de referencia básica
Wikipedia:Guía
Zona de probas
(ligazóns)
? Introdución a Commons e explicación da subida de imaxes (importante) Vídeo explicativo da Fundación Wikimedia de 3 minutos (en inglés) agora con subtítulos en galego! ;)
? Proposta de tarefas sinxelas para facer despois do obradoiro, por exemplo as de esta páxina ou outras semellantes, e que servirían para facer un pequeno seguimento do grupo para facilitar que sigan no proxecto Traballos propostos
(ligazóns)
Requerimentos materiais para obradoiros
-Estes obradoiros non poderán funcionar se os asistentes non teñen un ordenador (por usuaria/o) para as prácticas. Os usuarios poden achegar o seu propio ordenador.
-Conexión a Internet (imprescindible).
-Sala con equipamento axeitado.
-Asistentes por actividade entre 10 e 20.
-Duración entre unha hora e dúas horas (variable en función dos asistentes).
-O obradoiro será de acceso libre, para calquera idade e gratuíto.

Voluntarios[editar a fonte]

Os que queran e teñan dispoñibilidade de facer esta actividade poden apuntarse nesta táboa indicando o seu concello e os comentarios que vexan oportunos. Se queredes poñer máis información poden poñerse outras columnas.

Provincia da Coruña
Usuaria/o Concello Observacións
Elisardojm (conversa) Culleredo Tamén podo acercarme a Coruña, Cambre, Abegondo
Nemigo Galiza Calquera concello de Galiza e provincias limítrofes, tamén norte de Portugal.
Pero só se non hai ninguén máis.
Xosé Antonio (fálame sempre) Pontedeume Podería ir a concellos veciños, entre Ferrol e Betanzos. Estiven buscando, sen éxito, unha guía de edición que alguén fixo e que vin unha vez nalgún lugar da Galipedia, creo que en formato PDF. Alguén sabe algo diso? Sería interesante para ter como guía das charlas.
Texto da cela Texto da cela Texto da cela
Provincia de Lugo
Usuaria/o Concello Observacións
Agremon (conversa) Ribadeo A zona, preferente pola Mariña, pero falaremos sitio a sitio...
Texto da cela Texto da cela Texto da cela
Provincia de Ourense
Usuaria/o Concello Observacións
Elisardojm Ourense Se non hai outra persoa máis preto, eu animaríame a ir.
Texto da cela Texto da cela Texto da cela
Provincia de Pontevedra
Usuaria/o Concello Observacións
Paradanta Vigo O meu tempo é moi escaso, polo que toda axuda na preparación do evento será benvida.
Xas Comarca de Deza Non teño moito tempo, calquera axuda será ben recibida.
Elisardojm Ponteareas Tamén podería acercarme ata Vigo para facer de reforzo.
Beninho Marín Podería achegarme tamén outros concellos da zona do Morrazo e Pontevedra, e tamén precisaría algo de axuda coa planificación.
Texto da cela Texto da cela Texto da cela

Proposta de comunicación cos concellos[editar a fonte]

Estimados señores,
son ZZZ un editor da Galipedia, a enciclopedia libre en galego, e póñome en contacto con vostedes porque no vindeiro mes de marzo a Galipedia vai celebrar o seu décimo aniversario e a nosa comunidade quere realizar unha serie de eventos de difusión en diferentes concellos. Estes eventos consisten na realización de obradoiros de edición da Galipedia, obradoiros de acceso libre a tódolos interesados e gratuítos.

Gustaríanos facer un dos obradoiros no seu concello e por iso pedimos a súa colaboración. O obradoiro sería impartido por un dos editores experimentados da Galipedia e pola súa banda o único que precisaríamos sería que dispuxeran dun aula de informática con conexión a Internet e que publicitaran a realización do obradoiro entre os seus veciños para fomentar todo o posible a participación.

Se están interesados poden poñerse en contacto comigo para decidir as datas e horas nas que se podería realizar esta actividade e para ampliar calquera outra información que precisen.

Poden consultar a información relacionada con esta actividade en: http://gl.wikipedia.org/wiki/Wikipedia:Participaci%C3%B3n_activa. Nesa páxina tamén poden facer preguntas sobre estes eventos se así o prefiren.

Un saúdo e grazas pola súa atención,

Comentarios Participación activa[editar a fonte]

  1. Esta proposta paréceme moi beneficiosa para a Galipedia. Levo pouco máis dun ano aquí e vexo que o traballo é inxente en tódolos aspectos. Necesítanse moitos máis galipedistas para que isto avance ao ritmo que todos nos desexamos, é por isto que me apunto a colaborar neste apartado. --Xosé Antonio (fálame sempre) 23:42, 30 de outubro de 2012 (UTC)

Apúntome para a bisbarra de Ribadeo. --Agremon(contacto) 16:13, 12 de novembro de 2012 (UTC)

  • É realmente a proposta máis interesante. Eu teño un tempo limitadísimo, pero se se organiza algo deste estilo en Vigo tentaría acudir. Saúdos. --Paradanta (Cóntame) 09:39, 13 de novembro de 2012 (UTC)
  • Penso que hai xente que non colabora porque ve o proxecto como algo lonxano e tampouco entenden como poderían facer achegas. En unha ou dúas horas nunha pequna charla/clase práctica podería facerse moito para "dinamizar" a wikipedia que lamentablmente pode perder pulo pola burocratización. --Nemigo 01:21, 16 de novembro de 2012 (UTC)
  • Algunha idea para comezar a fixar datas, público, lugares, ...? --Agremon(contacto) 1 de decembro de 2012 ás 11:51 (UTC)[responder]
  • Coido que, no caso de Vigo, algunhas asociacións veciñais poderían ser moi receptivas. E eles poderíanse encargar de darlle publicidade ao evento entre os seus socios. --Paradanta (Cóntame) 1 de decembro de 2012 ás 12:45 (UTC)[responder]
  • E, noutra orde de cousas, non se podería poñer un anuncio na parte superior das páxinas para que a xente atopase doadamente as dúas propostas que están en fase de debate? Custoume dar con esta e poida que a moita xente lle pase o mesmo. Saúdos. --Paradanta (Cóntame) 1 de decembro de 2012 ás 12:47 (UTC)[responder]
Como queirades, por min vale. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 2 de decembro de 2012 ás 00:47 (UTC)[responder]
Eu pensaba en organizar obradoiros de edición, pero obradoiros que sexan activos, nada de rollo, que a xente poida aprender fedellando na propia Galipedia. Ó mesmo tempo quizais podería reutilizarse, e actualizarse, a páxina que fixen para o décimo aniversario da wiki en inglés de tarefas sinxelas para ir facendo. Non digo que se fagan esas tarefas nos obradoiros, se non que serían tarefas que se propoñan para que a xente faga despois para ir pillando o tranquillo. Teño unha presentación sinxela que pode servir de introdución, vou buscar un sitio onde poñela para que lle botedes un ollo e xa vos aviso, despois da presentación, esa ou outra semellante, pode usarse a guía de referencia dando unha pequena explicación de cada comando e logo deixando que a xente faga algunhas probas con eles.
Nos concellos pequenos pode tratarse directamente co concello para que difunda o evento e usar os telecentros que hai nalgúns deles. Tampouco sería mala idea contactar cos Departamentos de Normalización Lingüística dos institutos...
Penso que esta actividade podería facerse ó longo do mes de marzo, o mes do aniversario, se escalonamos os eventos durante o mes poderíamos ter unha boa cobertura. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 2 de decembro de 2012 ás 00:47 (UTC)[responder]
  • Creo que o contacto cos departamentos de galego/normalización lingüística dos institutos é unha das claves. A maioría, senón todos, dispoñen dunha aula de informática cun ordenador por alumno. --Marcoos44 (conversa) 13 de decembro de 2012 ás 21:32 (UTC)[responder]
  • Un par de materiais que son xa vellos e que quizáis por iso se están a pasar sen consideración:
Wikipedia:A_Galipedia,_unha_ferramenta_para_a_aprendizaxe_e_o_ensino é unha páxina que ten ó final tomas da presentación correspondente, así como a ligazón ó da charla dada na Universidade de Ourense (2007) con esa presentación. A presentación pode descargarse aquí
Axuda:Educación é unha páxina creada para axudar nos primeiros pasos da introdución da galipedia na educación.--Agremon(contacto) 6 de febreiro de 2013 ás 18:32 (UTC)[responder]
Tomo nota desas páxinas porque teñen información ben interesante, a de Axuda:Educación non a coñecía. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 6 de febreiro de 2013 ás 23:01 (UTC)[responder]

Planificación inicial[editar a fonte]

O bo que ten esta iniciativa é que é "atemporal". Pódese seguir con ela, se interesa e nos interesa, de xeito continuado. Non só para o 10 aniversario da Galipedia.

Habería que definir catro persoas voluntarias, como mínimo. Unha por cada provincia. Non é realista esperar que alguén de Vigo vaia a Ribadeo a dar unha charla (in)-formativa. Alguén de Lugo si pode facer ese esforzo achegándose. Pero todo isto debera facerse ANTES de organizar nada. Non vaia a ser que non teñamos a ningún voluntario para ir cando alguén se interese pola iniciativa. Non quere dicir que esas catro persoas fagan todo o choio, todo o contrario. Sería o retén por se non hai ninguén máis preto para achegarse. Cando se concrete onde será a actividade poderá ir quen estea interesado e viva máis preto. Pode que ao principio deban ir dúas persoas para "formar" a alguén local. O obxectivo é que se forme un grupo local voluntario e autónomo.

Habería que concretar un programa básico do curso que se daría. Os contidos e estrutura. Algo común para todos, a folla de ruta. Isto terá múltiples vantaxes. Xente que dea formación en informática ou actividades poderá usar ese mesmo programa para dar unha explicación básica sobre a galipedia. E todo iso pódeo facer de xeito 100% autónomo, xa hai quen o está a facer. Xa hai base.—o anterior comentario sen asinar foi feito por 91.117.4.220 (conversacontribucións) 3 de decembro de 2012 ás 21:32

Que está a facer iso xa? Coa Galipedia? Ten material educativo que poida compartir con nós?. Por certo, eu ando buscando un sitio web onde poñer a pequena introdución que teño feita pero se alguén quere que lla mande por correo que me avise.
Non pensara no teu punto de vista, ofrecer Galipedistas para dar charlas, tamén pode dar bos resultados. Eu en vez de ter un galipedista por provincia o que faría sería crear unha lista para que os que queiran dar estas charlas/obradoiros se apunten indicando o seu concello. Fixen a táboa no apartado de "Necesidades" de enriba.
Vexo complicado formar grupos locais, para conseguir iso penso que habería que facer un seguimento no tempo de cada grupo e proporlles actividades sinxelas ou unha formación en varios días.
Sobre os contidos xa fixen a miña proposta no comentario de antes, sería unha cousa sinxela e eminentemente práctica, sería imprescindible que cada asistente tivera o seu ordenador. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 3 de decembro de 2012 ás 23:48 (UTC)[responder]

Pois penso que os obradoiros poderían organizarse da seguinte forma (sempre adaptándose ó poñente e ós asistentes ó evento):

  • presentación básica da Galipedia, sería interesante non sobrepasar os 15 minutos. (Sigo pendente de publicar a presentación que teño feita nun sitio que sexa doado de acceder)
  • comentar as vantaxes de crear usuarios e ¿creación das contas por parte dos asistentes? Pode saltarse a creación das contas porque algúns usuarios pode ser que lles guste pensar tranquilamente o seu nome de usuario.
  • prácticas de edición nas súas páxinas de usuario seguindo os comandos da guía de referencia básica da Galipedia
  • pequena introdución a Commons e explicación da subida de imaxes
  • Proposta de tarefas sinxelas para facer despois do obradoiro, por exemplo as de esta páxina ou outras semellantes

Estes obradoiros non poderán funcionar se os asistentes non teñen un ordenador para as prácticas e conexión a Internete, buscar unha sala con este equipamento será tamén unha tarefa importante. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 6 de decembro de 2012 ás 01:31 (UTC)[responder]

Puxen unha ligazón á presentación de introdución á edición, ó final púxena en google drive de forma pública, espero que todos podades acceder a ela. Está en formato .odp, non se pode previsualizar dentro do explorador, hai que descargala no ordenador e logo xa se pode ver. Se alguén ten algún problema co acceso ou quere facer algunha puntualización ou mellora todos os comentarios son benvidos. A idea desta presentación é facer unha introdución ó proxecto que se pode facer en 15-20 minutos, e logo disto seguría o obradoiro, explicaríase un comando da Referencia básica e logo pediríase ós asistentes que o usaran na súa páxina de usuario, e así con tódolos comandos para que sexa un obradoiro práctico e dinámico resolvendo no momento os problemas e dúbidas que vaian aparecendo. Espero que vos sexa de utilidade. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 23 de decembro de 2012 ás 11:52 (UTC)[responder]

Votos Participación activa[editar a fonte]

  1. Concordo --Elisardojm (conversa) 00:18, 21 de novembro de 2012 (UTC)
  2. Concordo --Paradanta (Cóntame) 21 de novembro de 2012 ás 22:05 (UTC)[responder]
  3. Concordo, aínda que non me vexo capacitado para ensinarlle ninguén. Piquito (conversa) 23 de novembro de 2012 ás 07:57 (UTC)[responder]
  4. Concordo, apúntome para a comarca do Eume. --Xosé Antonio (fálame sempre) 24 de novembro de 2012 ás 20:57 (UTC)[responder]
  5. Concordo, aínda que non dispoño de moito tempo, podería facelo na Comarca do Deza ou nalgunhas próximas. --Xas (conversa) 26 de novembro de 2012 ás 12:13 (UTC)[responder]
  6. Concordo aínda que semella que esta proposta se solapa coas primeiras. Pedro --Lameiro (conversa) 27 de novembro de 2012 ás 18:38 (UTC)[responder]
  7. Concordo, aínda que opino que solapa con outras propostas.--Agremon(contacto) 27 de novembro de 2012 ás 21:29 (UTC)[responder]
# Concordo --Beninho (conversa) 28 de novembro de 2012 ás 08:46 (UTC)[responder]