Mediana

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Mediana pode referirse a:

  • Mediana (cálculo). En matemáticas, dise do valor dunha distribución estatística que se sitúa acumulativamente no percentil 50, é dicir, que a metade dos outros valores da distribución ten un valor menor cá mediana e a outra metade teno maior.
  • Mediana (xeometría). Nun polígono, recta que vai dende punto medio dun lado ata o vértice oposto (se o número de lados do polígono é impar) ou ata o punto medio do lado oposto (se o número de lados do polígono é par)
  • Mediana (obras públicas). Muriño construído para dividir o espazo correspondente a dous carrís distintos, xa sexan do mesmo sentido, de distinto sentido continuos ou con beiravías independentes. Poden construírse con bloques de cemento, con valados metálicos ou con moldes de plástico ocos (enchidos con auga ou area). A súa finalidade é previr que un automóbil poida saírse do seu carril e provocar un accidente ós automóbiles doutros carrís, ou ben dirixir o tráfico.