Saltar ao contido

Xoán Zorro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Johan Zorro»)
Modelo:BiografíaXoán Zorro
Biografía
Nacemento1250 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata
Morteséculo XIV Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpoeta Editar o valor en Wikidata


En Lixboa sobrelo mar
Barcas novas mandei lavrar
Ai mia senhor veelida!

En Lixboa sobrelo ler
Barcas novas mandei fazer
Ai mia senhor veelida!

Barcas novas mandei lavrar
E no mar as mandei deitar
Ai mia senhor veelida!

Barcas novas mandei fazer
E no mar as mandei meter
Ai mia senhor veelida!

Xoán Zorro[1] ou Johan Zorro foi un xograr galego ou portugués, de finais do século XIII, activo na corte de Afonso III ou máis probabelmente na de don Dinís. É autor de 11 textos: 1 cantiga de amor e 10 cantigas de amigo[2]. Semellante a Martín Codax ou a Paio Gómez Chariño, cantou principalmente temas relacionados co mar. Pénsase que dúas das súas cantigas foron compostas por orde do rei, por ocasión do lanzamento ao mar dalgunhas naves saídas dos estaleiros de Lisboa.

Zorro é infrecuente entre os poetas medievais por escribir sobre mares apouvigados e acalentados, no canto de océanos salvaxes e mortais. Nos seus poemas, os mariñeiros só se laian da perda dos seus fogares, namoradas etc.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]