Conversa usuario:Elisardojm/arquivo 3

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Arquivo das conversas da segunda metade do 2012:

Mapa de galipedistas[editar a fonte]

Ola. Non souben, até hoxe, que tiveras feito un "Mapa de galipedistas". Comprobo que non figuro nel, a pesar de que na miña páxina informo da miña "cidade" de residencia, e de que non me importa que os demais membros da comunidade saiban onde vivo (que ti, xa o sabes). Un saúdo. --XoioÉche o que hai 15:06, 5 de agosto de 2012 (UTC)

Bens de Interese Cultural[editar a fonte]

Ola, Elisardo! A ver se me podes axudar estes días: onte Núñez Feijóo dixo que se ía aprobar a declaración do Pazo de Fefiñáns como Ben de Interese Cultural, polo que un destes días aparecerá reflectido oficialmente no DOG.; xa incluín a información no propio artigo do pazo, pero non actualicei a lista de monumentos da provincia de Pontevedra; podes encargarte ti, porfi?

Por certo, ao final fun tirar fotos á Torre dos Mouros, a ver se me animo a subilas e iniciar a redacción do artigo :)

Saúdos!! --Estevo(aei)pa o que queiras... 06:43, 6 de agosto de 2012 (UTC)

The Signpost: 06 August 2012[editar a fonte]

News, reports and features from the English Wikipedia's weekly journal about Wikipedia and Wikimedia

Revisores ortográficos[editar a fonte]

Non tenía activado, graciñas polo consello. --Ravave (conversa) 11:37, 8 de agosto de 2012 (UTC)

RE: Lista do revisor[editar a fonte]

Xenial! Si, xa está rematado. Eu tamén teño algunha idea para ir ampliando, agora mesmo escribo algo na conversa. Saúdos. --VaiPolaSombra (conversa) 10:08, 10 de agosto de 2012 (UTC)

The Signpost: 13 August 2012[editar a fonte]

News, reports and features from the English Wikipedia's weekly journal about Wikipedia and Wikimedia

Púrpura[editar a fonte]

Ola Eli.

Retirei a marca de {{lixo}} de Púrpura, porque antes de borrar hai que resolver isto: Especial:Páxinas_que_ligan_con_esta/Púrpura. --. HombreDHojalata.conversa 17:33, 16 de agosto de 2012 (UTC)


Ben, así que onde teño que escribir é aquí. Espero ir familiarizándome con isto. Grazas de novo Chas (conversa) 12:35, 20 de agosto de 2012 (UTC)

Aprendendo[editar a fonte]

Vale, xa me vou enterando algo máis, creo. O que vexo en moitas entradas son erros de contidos, algúns termos confundidos ou contidos escasos. Sobre todo no que se refire a temas de etnografía galega: faltan moitas cousas que espero, con tempo, poder contribuir en algo. Chas (conversa) 13:15, 20 de agosto de 2012 (UTC)

A primeira na fronte!!! Botei un ollo ao teu enlace e deume por mirar a entrada "a cor branca na cultura popular galega" E vexo con asombro que di que as noivas casaban de branco!!!! :O A moda de casar de branco non chegou a Galicia ata os anos 30 do século XX, interrumpíndose despois coa Guerra Civil e a Postguerra, extendéndose a partires dos 50!!!!!! Tes moitisima razón, hai traballo para varias vidas. Pouco a pouco. Saúdos Chas (conversa) 09:42, 22 de agosto de 2012 (UTC)

The Signpost: 20 August 2012[editar a fonte]

News, reports and features from the English Wikipedia's weekly journal about Wikipedia and Wikimedia

graciñas[editar a fonte]

Graciñas Elisardo polos arranxos de Bellini --Elvira (Conversa comigo) 11:39, 21 de agosto de 2012 (UTC)

Tes razón. Grazas polo aviso. --. HombreDHojalata.conversa 06:51, 23 de agosto de 2012 (UTC)

RE: Do barrio chungo a Extremo Oriente[editar a fonte]

ha, ha! Faise o que se pode! Xa se sabe que os galegos levamos a emigración no ADN. A ver se cando xa teña de novo algo de tempo podo facer/traducir o artigo da miña cidade de acollida (Zhengzhou), que está moi sifilítico. E, quen sabe, se me animo igual ata me propoño facer un ano temático creando/mellorando artigos de cousas relacionadas coa China Popular!--VaiPolaSombra (conversa) 10:30, 27 de agosto de 2012 (UTC)

The Signpost: 27 August 2012[editar a fonte]

News, reports and features from the English Wikipedia's weekly journal about Wikipedia and Wikimedia

RE:Ligazóns a páxina con *campiona[editar a fonte]

Feito, grazas polo aviso. Un saúdo. -- Fryant (conversa) 17:53, 29 de agosto de 2012 (UTC)

Ola, Elisardo. Como vai o tema das fotos da AELG que falaramos en novembro?

Apertas!!!

Ramiro Torres (conversa) 21:33, 29 de agosto de 2012 (UTC)

Unificación de contas[editar a fonte]

Boas Elisardo, simplemente queria facerche unha pregunta

é posible unificar a miña conta coa que teño creada na Wikipedia en inglés co nome de usuario Jmabuin ¿??¿ en caso afirmativo como teño que facer¿? Un saúdo --Cheminha (conversa) 08:28, 31 de agosto de 2012 (UTC)

The Signpost: 03 September 2012[editar a fonte]

News, reports and features from the English Wikipedia's weekly journal about Wikipedia and Wikimedia
Read this Signpost in full · Single-page · Unsubscribe · Global message delivery 18:08, 5 de setembro de 2012 (UTC)

RE: Logotipo[editar a fonte]

O logo éche ese, si. En ocasións anteriores bastou con cargar unha nova versión de Ficheiro:Wiki.png para mudalo. Non sei se deixou de funcionar. Podes informarte. A ver se queda chulo. --Toliño Fala aquí comigo 11:42, 7 de setembro de 2012 (UTC)

Que programa usaches? Lembro que unha vez fixen un logo conmemorativo co Inkscape (que é gratuíto e moitos usuarios de Commons empregan), pero o meu descoñecemento do manexo do programa fixo que tardase bastante en acabalo. Pero ao final conseguín facer algo. Non me gusta pasar a pelota deste xeito, pero coido que HombreDHojalata controla mellor o tema de edición de imaxes. En calquera caso, podo intentar facer algo, pero non prometo nada. --Toliño Fala aquí comigo 17:48, 7 de setembro de 2012 (UTC)
Veño de cargar a túa versión do logo. Polo de agora sigo vendo o vello. Vou agardar un chisco máis a ver se é cousa de termos paciencia ou directamente non funciona dese xeito. --Toliño Fala aquí comigo 10:16, 8 de setembro de 2012 (UTC)
De feito, non pode ser así, porque decateime de que o logo que estaba como "versión actual" antes do teu é o vello e non o que temos actualmente. --Toliño Fala aquí comigo 10:36, 8 de setembro de 2012 (UTC)
O que quero dicir é que desde que se actualizou á nova versión da Wikipedia, o logo non se debe cargar desde Ficheiro:Wiki.png. Debe proceder doutro sitio. A versión que aparece é Ficheiro:Wikipedia-logo-v2-gl.svg como ti dixeras, pero modificar ese ficheiro non ha cambiar o que aparece no recuncho superior. Non sei se me explico. --Toliño Fala aquí comigo 10:56, 8 de setembro de 2012 (UTC)
Ben, pois moitas grazas e parabéns por todo o traballo co logo! --Toliño Fala aquí comigo 09:13, 11 de setembro de 2012 (UTC)

RE: Metílico[editar a fonte]

¿Lembras esa autoflaxelación de que Temos o que nos merecemos? Pois nesa liña parace que ía o avogado defensor. O texto exacto do libro é o seguinte: "A derradeira intervención antes de remata-lo xuízo foi a do avogado de Rogelio Aguilar e a súa dona, María Ferreiro, para quen se pedían as penas máis elevadas. O letrado exculpounos e pediu a libre absolución por entender que os culpables dos tráxicos feitos foron a sociedade e o Estado, debido á inexistencia de control na elaboración dos licores. A sala de vistas encheuse de murmurios que acalou o presidente. A rabuxa contida, segundo contan os cronistas da época, podía adiviñarse na mirada dos familiares das víctimas. Era a excusa máis fútil e a máis eslamiada" (Fernando Méndez, px. 18; a negra é miña). Se a ti te sorprendeu esa acusación á sociedade, igual lle acontece o mesmo a outros lectores. Ti verás se procede engadir esta cita textual. Pensa tamén que ese recurso das defensas é moi vello e bastante común: as violadas... elas o buscaron; os intoxicados polo aceite de colza ... por comprar alimentos nos mercadillos; ou o recente "que se jodan", da tipa de infausto recordo. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 19:11, 10 de setembro de 2012 (UTC)

  • Non teño nin idea de onde estaría ese Rosol, pero en internet atopei esta resolución de 1969 pola que lles expropian un cacho pàra facer un "Ensanche de mejora de firme entre El Pasaje y San Pedro. carreteras LC-211 y LC·212" (busca o nº 27). Con che podo asegurar que falemos do mesmo, claro. Outra cousa que resulta curiosa é que rosolio sexa o nome dun licor italiano a base de pétalos de rosa. Tamén en galego existiu este rosolio/resolio/rosolío: se buscas rosolio no TILGA atoparás "licor feito con alcohol, azúcar e auga a partes iguais; toma diferentes sabores segundo a esencia que se lle engada» (Rosalía chámalle resolio; en cast. rosoli)" (C. Collodi: As aventuras de Pinocchio. de Antón Santamarina Fernández, Xerais, Vigo 1987); pero se buscas resolio atopas 46 aparicións, desde 1858. Eladio Rodríguez defíneo así "El RESOLÍO es bebida muy corriente en nuestras romerías aldeanas, donde las ROSQUILLEIRAS la venden por copas". Supoño que será casualidade, pero non deixa de chamar a atención. Bueno. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 16:01, 11 de setembro de 2012 (UTC)
    • Efectiviwonder. Era a referencia 38. Sorte coas pescudas. Pedro --Lameiro (conversa) 16:30, 11 de setembro de 2012 (UTC)

The Signpost: 10 September 2012[editar a fonte]

News, reports and features from the English Wikipedia's weekly journal about Wikipedia and Wikimedia
Read this Signpost in full · Single-page · Unsubscribe · Global message delivery 04:28, 11 de setembro de 2012 (UTC)

Foto solicitada[editar a fonte]

Xa o pensei. Unha coma a da última paxina de: [1]. Por aí anda a Guardia Civil, espero que non se mosqueen. Estarei fora de Galicia máis de dúas semanas. A ver á volta.

Non foi sen tempo: File:Aduana, fachada sur, Vigo.JPG e File:Aduana, esquina noroeste, Vigo.JPG. --. HombreDHojalata.conversa 5 de marzo de 2016 ás 18:37 (UTC)[responder]

A que é un pouco forzada con respecto ao artigo é Ficheiro:Santa Cruz de Tenerife (2).jpg. Igual era mellor retirala. --. HombreDHojalata.conversa 09:21, 11 de setembro de 2012 (UTC)

Modelo de mapas[editar a fonte]

Boas Elisardojm! Estaba a voltas con ligas de hóckey sobre xeo, concretamente co tema dos mapas. Na Tempada 2009-10 da KHL copiei o mapa de localización dunha edición anterior da wiki en inglés, que non sei por qué aparece totalmente descadrada. A pregunta é a seguinte: como fago para situar as localidades neste mapa? O problema é que non funciona por coordenadas senón por eixos "x" e "y" polo que vin, o cal para min é moi tranquilloso porque non sei onde c... está o eixo nin qué números poñer. Hai un xeito máis doado de facelo ou un modelo? (JonnyJonny faloume de importar o modelo da wiki en inglés, pero se hai solucións na nosa, non vou traer cousas doutras e ter 20.000 modelos para a mesma función... ademais que eu de importar e esas cousas... son moi limitadiño en informática). Finalmente, sabes que pode ser o que está a fallar no mapa da tempada 09-10? Moitísimas grazas, unha aperta, Piquito (conversa) 16:50, 11 de setembro de 2012 (UTC)

Moi boas Elisardojm! Revisei unha edición pasada na páxina da KHL en inglés na que aparecía o mapa en cuestión, copieino para ver se aparecía ben cadrado todo e funcionou... debín meter a zoca e cambiar algo. A pregunta que teño é sobre cómo podo empregar o modelo, xa que non sei cómo funciona o tema dos eixos (a intención é coller o mapa que che comento arriba e situar os equipos rusos -a excepción dos moscovitas, xa que son un feixe deles-, e despois facer o mesmo cos non rusos). Outra pregunta é: hai xeito de que os puntos sexan de cores para indicar as divisións? en caso de que non sexa posible: hai xeito de que as letras dos equipos do mapa aparezan nas cores das divisións? se non o sabes: quen me pode axudar nese sentido? Perdoa por ser tan pesado, quero facer cousas sen ter coñecementos suficientes. Moitísimas grazas de novo!! Sobre o de poñer o das traducións, agora o estou a facer con case tódolos artigos que comezo, ás veces se me esquece (como co HC Lev Poprad, que logo de crealo vin a túa mensaxe e xa o puxen na conversa). Unha aperta, Piquito (conversa) 16:14, 18 de setembro de 2012 (UTC)
Moitísimas grazas!! Xa estou a facelo co mapa da terceira tempada. Un saudazo, Piquito (conversa) 01:21, 19 de setembro de 2012 (UTC)

The Signpost: 17 September 2012[editar a fonte]

News, reports and features from the English Wikipedia's weekly journal about Wikipedia and Wikimedia
Read this Signpost in full · Single-page · Unsubscribe · Global message delivery 15:53, 18 de setembro de 2012 (UTC)

comezar e comenzar[editar a fonte]

Efectivamente, vexo que as dúas formas son aceptadas. O único que cabe dicir é que non como sinónimos equiparables senón que comenzar é menos recomendable que comezar, pero iso non a converte en forma errónea, é certo. Vexo tamén que no DRAG teñen problemas cos símbolos (polo menos tal e como eu visualizo as entradas), polo que a "recomendabilidade" é algo que extraio da Guía de uso. Apúntate un tanto. Pedro --Lameiro (conversa) 12:18, 19 de setembro de 2012 (UTC)

Concellos sen imaxe[editar a fonte]

De nada. Pois non o sabía, previamente mirei esta outra páxina.

Pois do listado que me das, seguro, teño imaxes de Porqueira (non sei se da Casa do Concello...), pero dos outros concellos teño que ver... Por certo, en Chandrexa de Queixa téñente imaxes.

Unha dúbida (e que fai 3 anos que non ando a editar cousas na galipedia), ¿debería eu modificar eses listados?, e que xa vin que tacharon os nomes das Casas dos Concellos das que subín imáxes onte...

Saudos. La fabrica de nubes (fálame) 08:46, 23 de setembro de 2012 (UTC)

De nada, a mandar. La fabrica de nubes (fálame) 22:28, 23 de setembro de 2012 (UTC)
¿Pero entón tenho que subir as fotos no Commons?
¿Fixen algo mal?
¿qué é o correcto?
¿As podo pasar eu ó Commons?, ¿Como? (valga a redundancia, jejeje) La fabrica de nubes (fálame) 12:28, 24 de setembro de 2012 (UTC)
Ok, mellor en Commons. Pero unha cousa mais, ¿as demais fotos que teño as podo pasar eu como fixestes ti? (e como fago) ¿ou subo unha copia no Commons galego?
O digo mais que nada para non darte choio... La fabrica de nubes (fálame) 13:35, 24 de setembro de 2012 (UTC)
Vin que andivestes a copiarme imaxes ó Commons... Vólvote a preguntar: ¿as demais fotos que teño as podo pasar eu como fixestes ti? (e como fago) ¿ou subo unha copia no Commons galego? O digo mais que nada para non darte choio... La fabrica de nubes (fálame) 12:49, 30 de setembro de 2012 (UTC)


Desculpa, acabo de ver a túa resposta na taberna... Ok, cando poidas faino ti que eu non teño conta de TUSC... Gracias La fabrica de nubes (fálame) 13:32, 30 de setembro de 2012 (UTC)
Sí, finiquitado!!. Pena de non planificar ben a viaxe, porque pasei por Baños de Molgas, Maceda, Vilar de Barrio e Laza... e xusto fun sacar foto so da casa do concello de Maceda, que xa había... En teoría non volvo ata finais de xuño pola zona...
Saludos La fabrica de nubes (fálame) 25 de marzo de 2013 ás 15:35 (UTC)[responder]

Sí, teño. Debo de ter imaxes das placas de case todo os "meus concellos"... Primeiro poño as imaxes en Commons (Altitude signs in Galicia), non sí? Estos días poñome co chollo. --La fabrica de nubes (fálame) 28 de xuño de 2017 ás 23:04 (UTC)[responder]

Caso do metílico[editar a fonte]

Moi boas Elisardojm! Como vin que estiveches a traballar bastante no tema do caso do metílico dígocho a ti... deixei un comentario na votación para artigo de calidade, se queres vótalle un ollo por se pensas que hai algunha idea boa para mellorar o artigo (eu francamente non o sei, non controlo nada o tema, de feito entereime no caso pola wiki :S). Un saúdo, Piquito (conversa) 07:35, 24 de setembro de 2012 (UTC)

Galiza Black Towers[editar a fonte]

Boas, Elisardo. Eille botar unha ollada a ese artigo do que me falas esta noite ó chegar á casa. Un saúdo. JonnyJonny (conversa) 16:58, 24 de setembro de 2012 (UTC)

Batería[editar a fonte]

Batería, e non *baterista, é a forma de denominar en galego á 7. Mús. Persoa que toca a batería. (DRAG). Imaxino que te referías a iso, non? Saúdos! --Atobar (conversa comigo) 01:31, 26 de setembro de 2012 (UTC)

Elena Filatova[editar a fonte]

Estuvei buscando modelos para o artigo, pero non encontrei o adecuado, finalmenté me decante por traballo. Non caín en "enuso". Grazas olo mensaxe. --Ravave (conversa) 08:33, 26 de setembro de 2012 (UTC)

OK, Porqué teño buracos nos petos xDD. --Ravave (conversa) 09:49, 26 de setembro de 2012 (UTC)
Acabeí a tradución, cando queras, revisa o artigo, por si houbese unhas faltas de horrorgrafía. --Ravave (conversa) 10:30, 26 de setembro de 2012 (UTC)

Malo/mao[editar a fonte]

Concho!!! Pois é novidade. Debérono meter agora co dicionario en liña, igual que meteron xoven, olvidar e outras. Graciñas, Elisardo. --Atobar (conversa comigo) 11:28, 27 de setembro de 2012 (UTC)

Ligazón a "commons"[editar a fonte]

Moitas grazas, Elisardo, por arranxar o da ligazón da páxina Pardal mouro a commonscat. Ás altas horas da madrugada en que rematei hoxe o artigo, fixen moitos intentos de amañalo e non fun quen de facelo, así que o deixei para cando estivera máis descansado e despexado e agora, con alegría, vin que xa o resolveras ti. Graciñas. --XoioÉche o que hai 13:42, 27 de setembro de 2012 (UTC)

Escultura de Rámón Conde en Lugo[editar a fonte]

Sen problemas! Se non hoxe, a ver se me podo achegar o luns :) Un saúdo!--Adorian (fálame) 13:22, 28 de setembro de 2012 (UTC)

Portada - Ricardo Mella[editar a fonte]

Cal til?! Elisardo.

Outra cousa. Podes arquivar a túa páxina de conversa? Os dispositivos móviles sofren moitísimo para cargala enteira. --. HombreDHojalata.conversa 10:54, 1 de outubro de 2012 (UTC)

Imaxes a Commons[editar a fonte]

OK graciñas, faltoute categorizar "Category:Town halls in the province of Ourense" no da Teixeira...Xa o fixen eu, que andiven toda a tarde a collelo tranquillo de crear novas Categorías... eu ando un poco metido no mundo dos monumentos e esculturas e estou un pouco asustado do descontrol que hai para categorizalos... Que se pertenece ó "CONCELLO" de turno, "Sculptures in CONCELLO", que se "Sculptures in PROVINCIA" de turno, que se o "AUTOR"... Por agora vou adoptar dúas categorías, "Sculptures in CONCELLO" e "Autor" La fabrica de nubes (fálame) 17:49, 1 de outubro de 2012 (UTC)

The Signpost: 01 October 2012[editar a fonte]

News, reports and features from the English Wikipedia's weekly journal about Wikipedia and Wikimedia

Nova na Galipedia![editar a fonte]

Ola! non atopo a maneira de que nos meus artigos traducidos aparezan fotografías e a táboa de información que aparece en case todos os artigos. Poderían axudarme? Gracias. --Villanueva96 (conversa) 18:40, 4 de outubro de 2012 (UTC)

Espazo Ecosocialista Galego[editar a fonte]

Acabo de modificar o artigo. Por favor, revisa os contidos por se siguen a ter algún problema. Se é o caso, por favor, faimo saber. Logo queda pendente a unificación co artigo Espazo Ecosocialista. Como collín contidos deste artigo, non sei se é mellor eliminalo. Bueno, ti dirás. Outra cousa. No artigo o link de Anova - Irmandade Nacionalista sáeme en vermello, coma se non estivera creado. Un cordial saúdo.—o anterior comentario sen asinar foi feito por Robertovinki (conversacontribucións) 17:01, 5 de outubro de 2012‎

É incorrecto, Elisardo. Un saúdo! --Atobar (conversa comigo) 23:21, 5 de outubro de 2012 (UTC)

Xa me preguntaras por isto. Eu unicamente cargo algunha se me chama a atención para algún artigo en concreto. E penso que Xas fai o mesmo. Non me consta que ninguén máis estea a subir fotos, a lo menos masivamente, desde fai muito tempo.

O que si fago, cada vez que acendo o ordenador, é comprobar as que están en cola, admitir as que teñen licenza axeitada e rexeitar as outras.

Paréceme unha iniciativa magnífica a do bot. Ese bot poderá discernir as que xa foron subidas a Wikimedia Commons das que non? --. HombreDHojalata.conversa 16:24, 7 de outubro de 2012 (UTC)

Un favorciño[editar a fonte]

Boas Elisardojm! Non son experto en heráldica, poderíasme mirar se a descrición do escudo de Praga - Praha (sección de "símbolos da cidade") é correcta? Emprego terminoloxía que non estou seguro de se está ben empregada, xa que hai elementos fóra do escudo en cuestión, bueno, xa o verás. Moitas grazas de antemán, unha aperta, Piquito (conversa) 09:02, 8 de outubro de 2012 (UTC)

The Signpost: 08 October 2012[editar a fonte]

News, reports and features from the English Wikipedia's weekly journal about Wikipedia and Wikimedia

Prestige[editar a fonte]

Boas. Para o artigo sobre o Prestige son imprescindibles uns mapiñas que eu non sabería facer: un co itinerario parriba e pabaixo, ata que afundiu; e outro coa costa afectada pola marea negra (aínda que este é menos expresivo ó afectar, máis ou menos, practicamente toda Galicia). Tamén preciso un gráfico (¿de tarta?) coas aves petroleadas, vivas e mortas, que se recolleron. Supoño que, co tempo, xa se me ocorrirán máis. ¿encárgaste ti de facelos? Eu mandaríache os mapas e datos que teño por correo e logo ti... Xa me contarás. Pedro --Lameiro (conversa) 19:03, 10 de outubro de 2012 (UTC)

Traducións[editar a fonte]

Ola! Grazas pola túa axuda. Aínda así non son quen de engadir en resumo do onde procede a tradución. Poderías botarme unha man e facelo ti para que vexa como se engade? Grazas. —o anterior comentario sen asinar foi feito por Nachonion (conversacontribucións) o 11 de outubro de 2012 ás 13:15

Re: traducións[editar a fonte]

Vale, moitas grazas pola suxestión. En canto poixa xa indico que se trata dunha tradución. Un saúdo. --DavizRP (conversa) 15:39, 14 de outubro de 2012 (UTC)

Caso do metílico[editar a fonte]

Hola Elisardo, puedes ver el texto en castellano en commons:User:Ecemaml/Nursery/Caso del metílico. Un saludo --Ecemaml (Fala comigo) 08:45, 15 de outubro de 2012 (UTC)

No tiene pinta de que se vaya a arreglar, pero para cualquier cosa relacionada con el artículo, no dudes en contactar conmigo en commons o vía correo electrónico. Un cordial saludo --Ecemaml (Fala comigo) 10:02, 15 de outubro de 2012 (UTC)

10º aniversario[editar a fonte]

Boas Elisardojm! Puxen unha pequena parrafada sobre o 10º aniversario na Taberna, se queres vótalle un ollo. Eu non vou ter moito tempo, tampouco teño contactos para facer o que propoño, seguramente haxa na Galipedia quen os teña, eu o que podo facer é aportar as miñas ideas, sinto non poder facer moito máis. Unha aperta, Piquito (conversa) 17:43, 16 de outubro de 2012 (UTC)

Eu, lamentablemente, estarei afastado do proxecto durante meses por motivos de traballo. --. HombreDHojalata.conversa 10:49, 21 de outubro de 2012 (UTC)

The Signpost: 15 October 2012[editar a fonte]

News, reports and features from the English Wikipedia's weekly journal about Wikipedia and Wikimedia
Read this Signpost in full · Single-page · Unsubscribe · Global message delivery 20:23, 16 de outubro de 2012 (UTC)

Podes dar a túa opinión aquí é que fai falta cuórum. --Vivaelcelta {conversa  · contribucións} 10:36, 18 de outubro de 2012 (UTC)

mecanismo OTRS e fotos do Prestige[editar a fonte]

Boas Elisardo. Xa me apareceron varias fotos dos tempos do Prestige que subirei cando o puto escáner queira traballar, que hoxe está caprichoso. Pedín fotos a algúns colegas, con pouco éxito polo de agora, e estou á espera que me manden algo, así que vou necesitar iso do OTRS. Síntoo pero vas ter que volvermo a explicar, mandarme o modelo de recoñecemento que teñen que asinar e a quen dirixilo, e logo explicarme qué teño que poñer na descrición -supoño- cando suba esas fotos a Commons. Clariño, clariño, e estando atento ás miñas preguntas cando me poña a iso, porque espero, confío, en que as atopen e mas manden. Veña, saúdos. Pedro --Lameiro (conversa) 16:51, 18 de outubro de 2012 (UTC)

Parabéns, Elisardo. Es grande, ti. Pedro --Lameiro (conversa) 22:49, 20 de outubro de 2012 (UTC)
Ben sinto que non poidamos usar a foto do barco. A falta de Fernández Mesa, ben nos pode valer pare ese Collage Fraga ou Trillo. De Rajoy xa temos unha foto el só. Pedro --Lameiro (conversa) 12:26, 22 de outubro de 2012 (UTC)
Xa está posto o collage no seu sitio. ¿Como van os mapas do itinerario do Prestige entre o 13 e o 19 de novembro? Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 22:50, 31 de outubro de 2012 (UTC)
Creo que o mapa co itinerario do barco desde o accidente ata o afundimento sería imprescindible. O da evolución das mareas desde que chega a Muxía o 16 ata que chega a Francia na noitevella sería ilustrativo pero non sei se moi visual (sería unha sucesión de manchas e iso non o imaxino como algo entendible á vista). Logo necesitaría o gráfico da mortandade de aves, cos datos que che mandei, aínda que outra posibilidade sería outro co número de aves recollidas ó longo do tempo, para o que tamén teño datos. Pero agora vou necesitar tamén outros dous mapas para completar o artigo marea negra: un onde estean marcados os petroleiros afundidos aquí (Polycommander, Urquiola, Andros Patria, Aegean Sea e Prestige; e marcando noutrea cor o Casón) e outro do mundo mundial onde estean marcadas as principais mareas negras mundiais. Xa che mandarei os datos. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 12:09, 1 de novembro de 2012 (UTC)
Ese mapa non me gusta nada porque trae demasiada información e non permite que se vexa nada. Quizais é demasiado ambicioso e abondaría cun punto vermello en cada barco, sen máis lendas, acompañando un cadro cos 10-20 vertidos máis importantes. Ou limitarnos a indicar o nome do barco dos 10 máis importantes (a menos texto, máis lexible): creo que así sería máis ilustrativo. Outro problema, menor, é que lle falta o vertido da plataforma Deepwater Horizon, en Luisiana, en xullo de 2010, que coas súas 780.000 toneladas é hoxe o maior vertido accidental da historia. Na es:wiki teñen un anexo counha morea de vertidos en todo o mundo. Pero todo isto será mañá, que xa non son horas. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 00:29, 2 de novembro de 2012 (UTC)

The Signpost: 22 October 2012[editar a fonte]

News, reports and features from the English Wikipedia's weekly journal about Wikipedia and Wikimedia
Read this Signpost in full · Single-page · Unsubscribe · Global message delivery 09:48, 24 de outubro de 2012 (UTC)

The Signpost: 29 October 2012[editar a fonte]

News, reports and features from the English Wikipedia's weekly journal about Wikipedia and Wikimedia
Read this Signpost in full · Single-page · Unsubscribe · Global message delivery 07:04, 31 de outubro de 2012 (UTC)

Perdoa que sexa pesado. O mapa dos accidentes marítimos fronte a Galicia (que tamén me fai falta para Marea negra) debería indicar cun punto negro gordo estes cinco: Polycommander (1970, illas Cíes), Urquiola (1976, Coruña), Andros Patria (1978, fronte ás Sisargas), Mar Exeo (1992, Coruña) e Prestige (2002, fronte a Fisterra). Cun punto negro máis pequeno, outros 5: Boris Sheboldaeff (1934, Camelle), Brenno (1942, ría de Ortigueira), Nord Atlantic (1943, ría Camariñas), Bonifaz (1968, cabo Fisterra) e Spyros (1968, Cabo Fisterra); estes cinco vertidos, menores, podes excluílos se ves que se carga demasiado o mapa, xa os cito eu no texto do artigo. E tamén, cun punto vermello, dous casos: Erkowit (1970, Bastiagueiro, Oleiros) e Cason (1987, Fisterra); estes si que son importantes que aparezan no mapa, sobre todo o Cason.

Para o mapa mundial, tes outra fonte moi práctica que simplifica moito as cousas, no monográfico que publico a Casa das Ciencias sobre as mareas negras. Sorte e xa me contarás. Pedro --Lameiro (conversa) 15:26, 3 de novembro de 2012 (UTC)

Concello de Ortigueira[editar a fonte]

Boas Elisardo, como es ti quen puxo a andar o das imaxes das casas dos concellos de Galicia, cóntoche. Curioseando por flickr, achei estas dúas imaxes do concello de Ortigueira (un dos dous que faltan do norte da Coruña: son esta [2] e máis esta [3]. O problema é que na licenza das dúas pon "Todos los derechos reservados". Lin nalgures da Taberna que poñéndose en contacto co autor e dicíndolle para que é a foto, normalmente acceden a cambiar a licenza. Eu non vexo como poñerse en contacto co autor nin teño experiencia en cargar imaxes de flickr, quizais ti poderías arranxalo, que me dis? --Xosé Antonio (fálame sempre) 23:51, 4 de novembro de 2012 (UTC)

OK! Pregunta a ver, chéganos cunha das dúas (a verdade non sabería cal escoller pois ambas son moi boas). Xa me contarás, saúdos. --Xosé Antonio (fálame sempre) 14:20, 5 de novembro de 2012 (UTC)

Elisardo, cando metas o Modelo:Atención, lembra poñerlle o Subst, deste xeito: {{Subst:Atención|O que sexa}}.

Saudiños. --. HombreDHojalata.conversa 15:38, 5 de novembro de 2012 (UTC)

Desfixen a túa edición en Modelo:Atención/uso. Emprégase "subst:" ou "data=", as dúas cousas non, "subst" introduce a data actual, e con "data=" pode introducirse unha data atrasada á man, co formato mes_en_letra+espazo+ano:en_número.
Non sei se me expliquei ben, senón dimo. --. HombreDHojalata.conversa 22:48, 5 de novembro de 2012 (UTC)
Normalmente o "subst" descarga o contido do modelo na páxina do artigo, de xeito que aínda que se modificara o modelo a posteriori o engadido non variaría. É recomendable empregalo ás veces, por exemplo nas mensaxes de benvida.
Porén, neste caso emprégase cunha finalidade diferente, concretamente para que meta o mes e ano cando pos o marcador. Clasificando os artigos que están "en atención" por categorías cronoloxicamente. Así saberemos cales son os artigos que levan máis tempo pendentes de mantemento.
Olla o contido de Categoría:Wikipedia:Atención, verás que hai artigos nesa situación dende 2006. --. HombreDHojalata.conversa 23:20, 5 de novembro de 2012 (UTC)
En Modelos principais aparecen os modelos tal e como deberían ir. Uns co "Subst:" e outros sen el. --. HombreDHojalata.conversa 23:22, 5 de novembro de 2012 (UTC)

The Signpost: 05 November 2012[editar a fonte]

News, reports and features from the English Wikipedia's weekly journal about Wikipedia and Wikimedia
Read this Signpost in full · Single-page · Unsubscribe · Global message delivery 22:44, 6 de novembro de 2012 (UTC)

Matahomes[editar a fonte]

Paso o que me contestaron: "o Matahomes é un cangrexo pequeniño de cor casi negro, anda por entras pedras de tódalas "praias" da Ría de Ribadeo. Antigamente era normal velo abundantemente entras pedras da praia dos Bloques, hoxe desaparecida. Este cangrexo ten a caparazón de 3-4 cm x 2 cm. de forma casi rectangular e bastante blanda todo o ano, non alza máis de un ou un e medio cm. e efectivamente, non se come, porque non ten nada de comida e parece que é bastante indixesto si se prepara para darlle simplemente gusto a algún prato de comida, como un arroz, de aí o nome de Matahomes." Saúdos,--Agremon(contacto) 22:21, 8 de novembro de 2012 (UTC)

Ficheiro:Cangas, Avance de Ramón Conde.JPG[editar a fonte]

Aí vai: Ficheiro:Cangas, Avance de Ramón Conde.JPG. --. HombreDHojalata.conversa 17:48, 9 de novembro de 2012 (UTC)

¿fotografía utilizable?[editar a fonte]

Boas noites. Bótame un vistazo a [esta fotografía] e dime se esa fotografía da marea negra do Mar Exeo pode ser utilizada. Disque "The publicly released ESA images may be reproduced without fee, on the following conditions: a) Credit ESA as the source of the images: Examples: Photo: ESA; Photo: ESA/Cluster; Image: ESA/NASA - SOHO/LASCO. b) ESA images may not be used to state or imply the endorsement by ESA or any ESA employee of a commercial product, process or service, or used in any other manner that might mislead". Xa me contarás. Pedro --Lameiro (conversa) 22:38, 9 de novembro de 2012 (UTC)

  • Elisardo. Bota un vistazo á Conversa do Prestige. Verás que Piquito tamén considera bo ilustrar o artigo cos mapas dos que falamos. ¿Como van? Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 19:13, 12 de novembro de 2012 (UTC)
    • Xa mo temía. É que son pesimista de nación. Bueno, se cres que hai posibilidades de que a ESA libere esa imaxe... o non xa o temos. Grazas, Pedro --Lameiro (conversa) 23:47, 12 de novembro de 2012 (UTC)

Máis concellos en flickr[editar a fonte]

Boas Elisardo: Achei máis imaxes de concellos en flickr con todos os dereitos reservados. Se tes a ben poñerte en contacto cos autores, son estas:

Saúdos, --Xosé Antonio (fálame sempre) 23:05, 12 de novembro de 2012 (UTC)

Setas e clavículas[editar a fonte]

Evidentemente, as setas (cogomelos) nada teñen que ver coa clavícula, pero nesa imaxe faise mención á seta (frecha) que sinala a clavícula. Para evitar malentendidos cambiei a frase do pé da imaxe. Sonche problemas da sinonimia e da aversión que corre por aí ás palabras galegas que coinciden co castelán, como se esa coincidencia as fixese menos galegas. Moi observador ti... Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 19:18, 13 de novembro de 2012 (UTC)

The Signpost: 12 November 2012[editar a fonte]

News, reports and features from the English Wikipedia's weekly journal about Wikipedia and Wikimedia
Read this Signpost in full · Single-page · Unsubscribe · Global message delivery 11:24, 14 de novembro de 2012 (UTC)

*Reparto > repartimento[editar a fonte]

É repartimento ou repartición. Sen ningunha dúbida. Ademais, seino porque eu metín, ignorante de min, reparto nunha tradución que fixen e chegáronme varias críticas ao respecto; por exemplo esta (le o penúltimo parágrafo). Así que si: *reparto non vale. Haberá que pór o bot a traballar, con supervisión humana, iso si. Saúdos! --Atobar (conversa comigo) 23:56, 19 de novembro de 2012 (UTC)

The Signpost: 19 November 2012[editar a fonte]

News, reports and features from the English Wikipedia's weekly journal about Wikipedia and Wikimedia
Read this Signpost in full · Single-page · Unsubscribe · Global message delivery 00:54, 21 de novembro de 2012 (UTC)

castros de narón[editar a fonte]

Pois si, algunha ligazón estaba mal. Algúns castros teñen máis de un nome ao facer unha páxina de cada castro estase a poñer ben. Non se está a quitar ningunha "referencia". Estanse a ordenar e agrupar ligazóns nas novas páxinas sobre cada castro (onde xa están esas referencias). Se non existe páxina do castro (aínda) deixase o enlace. Cando se fai a páxina pasa a unha páxina adicada a cada castro. Na páxina da wikipedia sobre o concello de Narón están as ligazóns a esas novas páxinas (ligazóns internas). Non ten sentido repetir ligazóns. Os castros amosados na wiki sobre Narón están referenciados na páxina web do concello de Narón alí hai unha listaxe de esos mesmos castros e no PXOM. Tamén pódese consultar esa listaxe do PXOM en http://gl.wikipedia.org/wiki/Castros_da_provincia_da_Coruña (Narón)—o anterior comentario sen asinar foi feito por 91.117.4.220 (conversacontribucións) 21 de novembro de 2012 ás 10:24‎

Non entendín a argumentación. Precisamente por esas diferencias en nome é polo que se está a facer unha páxina sobre cada castro. O PXOM NON reflicte tódolos castros existentes e moito menos os desaparacidos (evidentemente). No caso concreto do Castro de Castro (parroquia de Castro en Narón) ven mencionado na web do concello de narón (citado por Andrés Pena, arqueólogo do concello de narón que o cita como Castro de Castro) ca nota de: desaparecido. O castro non forma parte de PXOM algún pero si está citado na historia de Narón e como tal cítase (xa se di na súa páxina na wikipedia que foi destruído).
En canto ao seu nome emprégase o nome citado por Andrés Pena Graña, arqueólogo municipal do concello de Narón. Non ten sendido poñer máis referencias (as mesas) que empréganse nas páxinas específicas de cada castro, para eso se fai unha páxina por castro (agrupar referencias e evitar duplicidades). A listaxe completa de castros está aquí -> http://onosopatrimonio.blogspot.com.es/2011/07/castros-de-galiza-i.html Nesa mesma listaxe o primeiro castro é: O Castro (Castro) pois é o mesmo.
Na páxina web do concello de narón -> http://www.naronconcello.org/web/cat/gal/cidade/historia/get/3 (ademáis do castro de castro tamén citan o castro de Bazón). saúdos—o anterior comentario sen asinar foi feito por 91.117.4.220 (conversacontribucións) 22 de novembro de 2012 ás 19:18‎
Se queres poñer referencias ponas, é cousa túa. Pero hai que ter en conta que entón haberá que poñer dúas ou tres referencias por castro (simplemente na páxina na que se fai a cita). De tódolos xeitos non entendo como cando se cita a Segunda Guerra Mundial ou Revolución Francesa ponse sen referencia algunha. Todas as referencias están no artigo. Saúdos—o anterior comentario sen asinar foi feito por 91.117.4.220 (conversacontribucións) 23 de novembro de 2012 ás 02:37‎
Están mal (algunhas) das referencias. ¿Que é o que non entendes?. Non é posible poñer esas referencias porque serían máis de unha as necesarias. Unha para o nome do castro, outra para a ubicación e outra para a descrición. O artigo tería máis de 30 notas de referencia, as mesmas que ten o artigo sobre A Coruña. Por outra banda hai máis de 50 mámoas, unha dúcia de casas señorias e outros tantos lugares de interese. ¿Pero cantas notas de referencia debe ter o artigo?. Ocuparían máis as referencias que o artigo. As referencias nun inicio puxéronse porque non había descrición dos castros. Agora mellorouse a páxina (¡con páxinas específicas!). Se houbese esas páxinas antes non se tería posto referencia algunha. Non entendo como alguén que non é quen de atopar unha listaxe de castros se pon a falar do que hai ou falta. ¿Xa atopaches o castro de Bazón? Pois pódelo referenciar, así vemos todos como se fai. saúdos—o anterior comentario sen asinar foi feito por 91.117.4.220 (conversacontribucións) 23 de novembro de 2012 ás 14:20‎
Agora xa non se entende nada. Cando alguén pregunte porque pon Castro do Petouzal e na referencia pon O Couto (Como fixeches ti mesmo co Castro de Castro, en Castro). Xa o explicas ti. Haberá que poñer outra referencia máis e así con todo. Pon ti tódalas referencias que che pete acabamos antes. Non te esquezas de referenciar o castro de Bazón. Saúdos.—o anterior comentario sen asinar foi feito por 91.117.4.220 (conversacontribucións) 23 de novembro de 2012 ás 19:01‎

Marcador Sen referencias[editar a fonte]

Moi boas, Elisardo. Vin que lle chantaches un marcador senrreferencias ao artigo de Beiras. Se cadra efectivamente debe levalo. Non o mirei ben e non o sei. En todo caso, como ultimamente me coincidiu de ver moitos artigos normais, sen problemas aparentes e que non obstante teñen de novas ese marcador, quería comentarche que non sei até que punto é bo. É dicir, cando un artigo ten afirmacións polémicas, daquela mentres isto non se solucione si é moi bo proceder o feito de lle colocar o marcador senref, pero para todos os demais artigos non o creo. Ten en conta que dá unha impresión de desleixo e de falta de fiabilidade tremendas. Certo por outra banda que nos axuda aos editores a saber onde mellorar, pero para min ese detalle non compensa en absoluto. Por iso, creo que non debemos de usalo indiscriminadamente, e reservalo só para os artigos que, como dicía, teñen algunha pasaxe que non acaba de convencer. En síntese: que eu son partidario de usalo en casos moi concretos, e dende logo, mesmo neses casos concretos prefiro o cómpre referencia no lugar sospeitoso que o marcador senref presentando o artigo. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 22 de novembro de 2012 ás 12:50 (UTC)[responder]

RE: Nova proposta[editar a fonte]

O modelo é {{Imaxe da semana/Introdución}}. Veño de facer a modificación. O erro (levaba case dous anos!) fora meu cando actualizara ao novo estilo do modelo. Grazas polo aviso! --Toliño Fala aquí comigo 22 de novembro de 2012 ás 19:32 (UTC)[responder]

RE: Décimo aniversario[editar a fonte]

O cambio da mensaxe das cabeceiras xa o fixera Xas. --Toliño Fala aquí comigo 23 de novembro de 2012 ás 09:08 (UTC)[responder]

Fixen algún cambio máis. Saúdos! --Toliño Fala aquí comigo 24 de novembro de 2012 ás 15:32 (UTC)[responder]

RE: Parabéns[editar a fonte]

Pois graciñas pola felicitación. O certo é que estes dous aniños pasaron voando. É a ost__. -- JonnyJonny (conversa) 24 de novembro de 2012 ás 01:20 (UTC)[responder]

Vencello e vencellar[editar a fonte]

Eu diría que si, que está ben. Certo que no DRAG soamente figura vencello, como sinónimo de vinculo, mais non vencellar como verbo. Mais, se o Xerais si o trae, eu creo que chega. Non sei se o seu uso é ou non recomendable, o que si creo é que marcalo como erro é moito marcar. Así que si, retírado da listaxe de erros, Elisardo. Un saúdo! --Atobar (conversa comigo) 25 de novembro de 2012 ás 13:50 (UTC)[responder]

The Signpost: 26 November 2012[editar a fonte]

News, reports and features from the English Wikipedia's weekly journal about Wikipedia and Wikimedia
Read this Signpost in full · Single-page · Unsubscribe · Global message delivery 28 de novembro de 2012 ás 09:54 (UTC)

Vaia, síntoo moito. Dende o xoves pasado andiven bastante desconectado e non tiven tempo para botarle un ollo a isto. --Beninho (conversa) 28 de novembro de 2012 ás 10:59 (UTC)[responder]

¿Te puedo pedir un favor? He anunciado en el café castellanoparlante de commons esta noticia y esta otra. La segunda no sé si os atañe mucho, porque no ha habido ninguna imagen finalista de Galicia, pero la primera quizá sí (aunque tampoco hay ninguna imagen gallega). Si lo consideras oportuno podrías incluirlas en vuestra taberna (si no lo habéis hecho más). Un abrazo --Ecemaml (Fala comigo) 4 de decembro de 2012 ás 08:56 (UTC)[responder]

The Signpost: 03 December 2012[editar a fonte]

News, reports and features from the English Wikipedia's weekly journal about Wikipedia and Wikimedia
Read this Signpost in full · Single-page · Unsubscribe · Global message delivery 5 de decembro de 2012 ás 19:09 (UTC)

Graciñas pola benvida. Saudiños. LMLM (conversa) 6 de decembro de 2012 ás 00:47 (UTC)[responder]

Gracias pola benvida :) EuGalego (conversa) 7 de decembro de 2012 ás 12:51 (UTC)[responder]

The Signpost: 10 December 2012[editar a fonte]

News, reports and features from the English Wikipedia's weekly journal about Wikipedia and Wikimedia
Read this Signpost in full · Single-page · Unsubscribe · Global message delivery 11 de decembro de 2012 ás 20:19 (UTC)

Re: Participación activa[editar a fonte]

Grazas polas ligazóns, mais eu referíame a unha especie de apuntamentos moi ben feitos. Non sei se era nalgunha sección referente aos traballos nos institutos de ensino ou que. É unha mágoa que non me lembre da súa ubicación porque estaba realmente ben. Saúdos, --Xosé Antonio (fálame sempre) 12 de decembro de 2012 ás 11:16 (UTC)[responder]

Tampouco é a páxina de usuario que mandas (que non está mal!). Era un arquivo (case con seguridade diría que PDF) pero non te amoles por iso. Xa mirarei se o atopo, ademais estou pensando que igual o vin na wiki en español. Vou dar unha volta por aló, saúdos. --Xosé Antonio (fálame sempre) 12 de decembro de 2012 ás 13:46 (UTC)[responder]

Atopei o artigo en PDF!! Fixérao Lmbuga para alumnos do segundo ciclo da ESO e Bacharelato, mais penso que vale para calquera obradoiro. Por certo, que o de Narón non vai moi ben en canto a inscricións. Ata agora só temos unha. A vindeira semana teño pensado ir polo Cemit de Pontedeume para concertar outro obradoiro na vila dos Andrade. Saúdos, --Xosé Antonio (fálame sempre) 10 de febreiro de 2013 ás 11:28 (UTC)[responder]

Historia da Galipedia[editar a fonte]

Agora me ves con isas! :-) --Agremon(contacto) 17 de decembro de 2012 ás 06:26 (UTC)[responder]

¿Me echas una mano?[editar a fonte]

Hola Elisardojm, ¿podrías traducir el título de una imagen aquí? Gracias por adelantado --Ecemaml (Fala comigo) 17 de decembro de 2012 ás 21:01 (UTC)[responder]

Eso es que me vigilan :-P Gracias en todo caso --Ecemaml (Fala comigo) 18 de decembro de 2012 ás 14:42 (UTC)[responder]

The Signpost: 17 December 2012[editar a fonte]

News, reports and features from the English Wikipedia's weekly journal about Wikipedia and Wikimedia
Read this Signpost in full · Single-page · Unsubscribe · Global message delivery 19 de decembro de 2012 ás 22:39 (UTC)

Participación activa[editar a fonte]

Grazas pola información. A ver se comezo a estruturar a cousa. Polo de agora pensei en dous lugares para as charlas: en Pontedeume na Biblioteca Municipal e en Ferrol no Colexio de Arquitectos; pero eles aínda non o saben. Vamos, que non tiven tempo de contactar. Saúdos, --Xosé Antonio (fálame sempre) 23 de decembro de 2012 ás 23:20 (UTC)[responder]

Grazas. Ollareina cando teña tempo (posiblemente esta tarde) e dareiche a miña opinión. Un saúdo! --Paradanta (Cóntame) 24 de decembro de 2012 ás 11:42 (UTC)[responder]

Gracias por la bienvenida. Haré cosas menores como interwikis y algunas fechas... Saludos desde la ciudad de los techos rojos, Laura Fiorucci (conversa) 24 de decembro de 2012 ás 15:03 (UTC)[responder]

The Signpost: 24 December 2012[editar a fonte]

News, reports and features from the English Wikipedia's weekly journal about Wikipedia and Wikimedia
Read this Signpost in full · Single-page · Unsubscribe · Global message delivery 26 de decembro de 2012 ás 05:54 (UTC)

San Sadurniño[editar a fonte]

Os datos que manexas estan mal, por iso estouno cambiando, pero non deixades, cando teña tempo e poida mirar como se fai teño que meter a páxina da parroquia do Camiño Arriba en San Sadurniño, que nonsei porque en toda a rede non aparece referencia a ela, mentras que no me DNI, papeis, en mais rexistros si... Asique fai o favor de poñer o que puxen eu, de novo. E si queres axudarme podoche pasar material para cambiar o resto das páxinas (fotos, documentos...) —o anterior comentario sen asinar foi feito por Cristobal13 (conversacontribucións) 26 de decembro de 2012 ás 18:47