Wikipedia:A Taberna (técnica)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Esta é a sección técnica da Taberna
120px-Internet-news-reader svg-gl.png
Novas
publicar
Edit-find-replace.svg
Políticas
publicar
Preferences-system.svg

Esta sección úsase para discutir sobre cuestións técnicas.

Comezar un novo fío de conversa

Dialog-information on.svg
Propostas
publicar
Help-browser.svg
Axuda
publicar
Image-x-generic.svg
Imaxes
publicar
Folder-open.svg
Xeral
publicar
Lembra asinar as mensaxes que escribas engadindo o código "~~~~" ou premendo na icona "Insert-signature.png" da barra de edición.
< Conversas vellas | Arquivos: 1, 2, 3, 4, 5, 6, 7, 8, 9, 10, 11, 12, 13

Modelo:Se-vote[editar a fonte]

Bo día a todos. Vin que en meta:Stewards/Eleccións 2016 teñen un modelo chamado Template:Se-vote que penso que estaría ben importar á nosa wiki. Non sei se alguén (Banjo ou Toliño, por poñer algún exemplo) se animaría a facelo xa que leva varios modelos asociados, pero penso que se pode facer un máis sinxelo no que simplemente apareza a pantalla de votación coas opcións Concordo, Discordo e Neutro e que automaticamente o inclúa na votación. Podedes ver como funciona na páxina que puxen ao comezo. Nesta categoría aparecen todos os modelos relacionados. --AMPERIO (conversa) 13 de febreiro de 2016 ás 12:52 (UTC)

Non son só varios modelos os que habería que adaptar. Tamén hai que introducir un .js asociado para que faiga saír a fiestra popup coas opcións e insira automáticamente o código. A maiores de adaptar tanto modelos e o .js para as distintas votacións e títulos de páxinas locais, así como os modelos de precarga das votacións. É bastante choio. Eu teño cola de traballos pendentes, máis adiante quizáis, non podo prometer nada. Banjo tell me 13 de febreiro de 2016 ás 15:58 (UTC)

Usuarios confirmados e Creadores de contas[editar a fonte]

Segundo a configuración de grupos actual, nestes momentos non temos a capacidade de asignar os grupos "usuario confirmado" e "creador de contas".

Os usuarios confirmados, son usuarios normais, pero cando se lle asigna este grupo ó usuario este non ten porqué facer o mínimo de edicións para tornarse en usuario autoconfirmado, recibe os permisos automaticamente. Este é un grupo útil para wikimaratóns e eventos semellantes nos que se ensina a usar a Wikipedia, xa que así os novos usuarios non teñen problemas á hora de facer as súas primeiras edicións, evitando captchas e o filtro de abusos.

Os creadores de contas son usuarios normais, pero que poden crear contas para outras persoas sen límite por día. Este permiso está asignado "por defecto" a administradores e burócratas, pero non se pode asignar a ningún outro usuario. Se non teño mal entendido, este permiso pode ser beneficioso para profesores ou outro tipo de coordinadores que queran levar a cabo proxectos de edición na Wikipedia, xa que lles permite crear as contas dos seus alumnos/persoas ó cargo.

Coido que sería axeitado que os administradores tivesen a capacidade para asignar e retirar o grupo de "usuarios confirmados", e os burócratas a de asignar e retirar o grupo "creadores de contas", para facilitar e axudar nestas dúas situacións expostas.

Antes de facer unha petición no Phabricator para que se cambie esta configuración, é necesario chegar a un consenso primeiro para que admitan alí a petición e fagan o cambio, por iso esta mensaxe. Primeiro hai que deixar pasar uns días para que a xente opine aquí e indique se está de acordo ou non. Sería bo en particular ter a opinión dos "afectados" (admins e burócratas).

Calquera dúbida ou cuestión estarei atento para respondela o antes posible. Saúdos! Banjo tell me 26 de febreiro de 2016 ás 13:27 (UTC)

  • Symbol support vote.svg Concordo Adiante! --. HombreDHojalata.conversa 26 de febreiro de 2016 ás 21:55 (UTC)
  • Symbol support vote.svg Concordo Especialmente co tema do permiso de creadores de contas que pode ser moi util para eses eventos. Saúdos, Elisardojm (conversa) 27 de febreiro de 2016 ás 00:18 (UTC)
  • Symbol support vote.svg Concordo --AMPERIO (conversa) 27 de febreiro de 2016 ás 10:44 (UTC)
Symbol comment vote.svg Comentario Creei a petición no phabricator: T128948. En canto estea listo aviso por aquí e actualizo as páxinas de Wikipedia:Burócratas e Wikipedia:Administradores. Banjo tell me 5 de marzo de 2016 ás 10:54 (UTC)
Listo, xa aplicaron o cambio, foron máis rápidos do esperado. Quedan actualizadas as páxinas de Wikipedia:Administradores e Wikipedia:Burócratas. Banjo tell me 8 de marzo de 2016 ás 22:05 (UTC)
Grazas Banjo pola xestión do tema. Saúdos, Elisardojm (conversa) 9 de marzo de 2016 ás 00:15 (UTC)

VisualEditor News #1—2016[editar a fonte]

Elitre (WMF), 26 de febreiro de 2016 ás 19:21 (UTC)

Tres tristes trebellos[editar a fonte]

Ola! Hai tres novos trebellos dispoñibles, que se poden activar nas Preferencias:

  1. Abrir as ligazóns externas nunha nova ventá ou lapela
  2. Desactivar os atallos de teclado
  3. Conversas en fíos: Engade cores ós fíos das conversas para destacar os distintos niveles de respostas nas páxinas de conversa.

Espero que resulten de utilidade. Saúdos! Banjo tell me 18 de marzo de 2016 ás 22:09 (UTC)

Grazas polo aviso Banjo. Saúdos, Elisardojm (conversa) 22 de marzo de 2016 ás 13:39 (UTC)