Saltar ao contido

Os Pobos Deciden

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Os Pobos Deciden
Logo
Tipopartido político
Data de fundación2014
PaísEspaña
editar datos en Wikidata ]

Os Pobos Deciden (en español e asturiano Los Pueblos Deciden, en vasco Herriek Erabaki, en aragonés Os Pueblos Deciden), é unha coalición política española formada para as eleccións ao Parlamento Europeo de 2014 e integrada por Euskal Herria Bildu (EH Bildu), o Bloque Nacionalista Galego (BNG),[1][2] e outras formacións minoritarias de esquerda nacionalista, como a aragonesa Puyalón de Cuchas,[3] a asturiana Andecha Astur,[4] ou as formacións canarias Alternativa Nacionalista Canaria (ANC) e Unidad del Pueblo (UP).[5] Tamén recibiu o apoio de Euskal Herria Bai (EH Bai), formación do País Vasco francés que decidiu non presentarse a estas eleccións,[6] así como de Gorripidea, formación proveniente de Zutik.[7]

A coalición está formada por organizacións de esquerda independentista e nacionalista do País Vasco, Navarra, Galicia, Aragón, Asturias e as Canarias co obxectivo común de acadar a autodeterminación dentro de España. O cabeza de lista foi Josu Juaristi de EH Bildu,[8] seguido de Ana Miranda Paz como representante do BNG.[9] Asemade, o escritor Suso de Toro figuraba no posto doce da lista como independente, dentro da cota do BNG. No caso de obter un único escano, EH Bildu e BNG acordaron repartirse a lexislatura en función dos votos achegados á candidatura.[10]

Tamén se barallou a presenza nesta coalición da Esquerra Republicana de Catalunya (ERC), que decidiu presentar a súa propia candidatura xunto con dous partidos minoritarios cataláns,[11][12] e da Candidatura d'Unitat Popular (CUP) e Nós-Unidade Popular,[13] que finalmente rexeitaron presentarse a devandita cita electoral.[14][15]

Resultados

[editar | editar a fonte]
Josu Juaristi (EH Bildu) foi cabeza de lista dos Pobos Deciden.
Ana Miranda Paz (BNG) foi a segunda candidata da lista.

Os Pobos Deciden obtivo 326 464 votos (2,08 %)[16] o que lle garantiu obter un eurodeputado. Os mellores resultados obtívoos no País Vasco e Navarra (comunidades onde foi a segunda forza máis votada), así como en Galicia (onde foi a quinta). En función dos acordos adoptados polos partidos integrantes, o candidato de EH Bildu Josu Juaristi mantivo o escano os primeiros tres anos e medio no Parlamento e a candidata do BNG Ana Miranda Paz o restante ano e medio.[17]

Territorio Votos % Posición
Andalucía Andalucía 2 184 0,08 % < 10º
Aragón Aragón 1 241 0,27 % < 10º
Asturias Asturias 1 392 0,37 % < 10º
Canarias Canarias 3 424 0,60 % < 10º
Cantabria Cantabria 471 0,22 % < 10º
Castela-A Mancha Castela-A Mancha 529 0,07 % < 10º
Castela e León Castela e León 1 358 0,14 % < 10º
Cataluña Cataluña 7 248 0,29 % < 10º
Ceuta Ceuta 20 0,13 % < 10º
Comunidade Valenciana 2 081 0,12 % < 10º
Estremadura Estremadura 229 0,06 % < 10º
Galicia Galicia 80 394 7,88 %
Illas Baleares Illas Baleares 924 0,34 % < 10º
A Rioxa A Rioxa 212 0,18 % < 10º
Comunidade de Madrid Madrid 2 570 0,12 % < 10º
Melilla Melilla 9 0,06 % < 10º
Murcia Murcia 355 0,08 % < 10º
Navarra Navarra 44 129 20,21 %
País Vasco 177 694 23,36 %
España 326 464 2,08 %
  1. A posición da UPG de ir con EH-Bildu arrasa no BNG, Galicia Confidencial, 27 de febreiro de 2014.
  2. "BNG y EH Bildu concurrirán juntos a las elecciones europeas". Naiz. 13 de marzo de 2014. 
  3. Comunicado de "Los Pueblos Deciden", web de Puyalón, 16 de marzo de 2014.
  4. La militancia de Andecha Astur decide participar en las europeas en la coalición liderada por EH Bildu, asturies.com, 17 de febreiro de 2014. (en asturiano)
  5. ANC y UP participarán en la candidatura "Los Pueblos Deciden" para el Parlamento Europeo Arquivado 21 de xuño de 2015 en Wayback Machine., El Periódico de Canarias, 16 de marzo de 2014.
  6. Dejeans, Arnaud. «Il n’y aura pas de liste EH Bai aux Européennes» (en francés). Sud Ouest. 6 de maio de 2014.
  7. "¡No a la Troika! ¡Por una Europa ecosocialista, al servicio de las clases trabajadoras y los pueblos!". gorripidea.blogspot. 7 de maio de 2014. Arquivado dende o orixinal o 08 de maio de 2014. Consultado o 13 de decembro de 2018. 
  8. Sainz, Jorge. «Josu Juaristi, candidato de EH Bildu para las elecciones europeas». Diario Vasco. 31 de xaneiro de 2014.
  9. «El BNG presenta su candidatura para las europeas, La Voz de Galicia, 22 de marzo de 2014.
  10. Sampedro, D. (29 de abril de 2014). "El BNG se repartirá el escaño europeo con Bildu en función de los votos que obtenga". El Correo Gallego. 
  11. «ERC descarta ir con Bildu a las elecciones europeas». La Vanguardia. 30 de xaneiro de 2014.
  12. Noguer, Miquel. «ERC ficha a Ernest Maragall como número dos para las europeas, El País, 4 de marzo de 2014.
  13. «La CUP no decidirá hasta el 9 de marzo si concurre a las elecciones europeas». Europa Press. 18 de febreiro 2014.
  14. «Nom foi possível articular a candidatura que a Galiza precisa: Nós-Unidade Popular descarta participar nas Eleiçons europeias» (en galego). nosgaliza.org. 13 de marzo de 2014.
  15. «La CUP no se presentará a las elecciones europeas». El Periódico de Catalunya. 9 de marzo de 2014.
  16. Elaboración propia a partir de Boletín Oficial del Estado (12 de xuño de 2014). "Acuerdo de la Junta Electoral Central, por el que se procede a la publicación de los resultados de las elecciones de Diputados al Parlamento Europeo". 
  17. «Ana Miranda (BNG) ocupará un año y medio el escaño conseguido por la coalición Los Pueblos Deciden». La Información. 26 de maio de 2014. Arquivado 03 de marzo de 2016 en Wayback Machine.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]