Wikipedia:Artigos bos/Propostas/Schachnovelle (ópera)
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Debate pechado. Por favor, non faga edicións neste arquivo.
Schachnovelle (ópera)[editar a fonte]
Votación PECHADA: Aprobado
Período de votación: 11 de xullo de 2016 - 10 de agosto de 2016
SI: 6 — NON: 0 — NEUTRO: 0 — CONCLUSIÓN: Aprobado |
- Proposto por: Piquito (conversa) 11 de xullo de 2016 ás 00:41 (UTC)[responder]
- Período de votación: dende o 11-07-2016 ata o 10-08-2016.
- Información: MÉRITOS DO ARTIGO: Artigo non moi extenso pero si moi completo sobre esta ópera contemporánea. O artigo é un traballo 100% realizado na Galipedia e é único en todas as Wikipedias. Posiblemente a única fonte de consulta en galego para esta ópera e do máis completo (ou mesmo o máis completo) que hai na rede sobre a mesma. O artigo conta con numerosas referencias das poucas fontes existentes (xa que trátase dunha ópera de hai tan só tres anos e que polo tanto non foi case representada), conta con poucas imaxes pero significativas (o teatro no que foi estreada e o autor da obra que inspirou o libreto), ten numerosas ligazóns externas con reportaxes e entrevistas ao compositor, conta tamén con ligazóns aos portais relacionados. Pode que co tempo, se é máis representada, sexa posible amplialo máis, mais polo momento creo que é un bo xeito de darlle visibilidade á música contemporánea na nosa Wikipedia. --Piquito (conversa) 11 de xullo de 2016 ás 00:41 (UTC)[responder]
- A favor
- Concordo. --Piquito (conversa) 11 de xullo de 2016 ás 00:41 (UTC)[responder]
- Concordo. Parabéns polo traballo Piquito. --AMPERIO (conversa) 15 de xullo de 2016 ás 10:30 (UTC)[responder]
- Concordo--Miguelferig (conversa) 25 de xullo de 2016 ás 15:43 (UTC)[responder]
- Concordo--Elisardojm (conversa) 29 de xullo de 2016 ás 08:25 (UTC)[responder]
- Concordo --. HombreDHojalata.conversa 1 de agosto de 2016 ás 16:32 (UTC)[responder]
- Concordo --Atobar (conversa comigo) 1 de agosto de 2016 ás 20:07 (UTC)[responder]
- En contra
- Neutros
- Comentarios
-
- Comentario En Schachnovelle (ópera)#Argumento hai un parágrafo que penso que precisa dunha redacción máis clara: "Cando ao final da guerra, nunha viaxe de Nova York a Buenos Aires no barco de vapor “Santa María”, atreveuse a xogar a súa primeira e última partida contra o campión do mundo. Nesta partida Berger reencóntrase consigo mesmo e con Viena, e con el o celebran o espírito e os libros de Kraus, Musil, Roth, Schnitzler- e por suposto, Stefan Zweig, o renacemento a un novo e posiblemente mundo mellor logo da hora cero"
- Amais, no mesmo parágrafo, pode que falten ligazóns internas ¿quen son Kraus, Musil, Roth e Schnitzler? --. HombreDHojalata.conversa 18 de xullo de 2016 ás 15:25 (UTC)[responder]
- Tamén me estrañou a min quen eran eses personaxes, dos cales só coñecía a Stefan Zweig. Procurando un pouco no Google creo que todos os demais son escritores austríacos da segunda metade do século XIX. Se non estou errado trátase de: Joseph Roth (1894-1939), Arthur Schnitzler (1862-1931), Robert Musil (1880-1942) e Karl Kraus (1874-1936).--Miguelferig (conversa) 18 de xullo de 2016 ás 23:39 (UTC)[responder]
- Amais, no mesmo parágrafo, pode que falten ligazóns internas ¿quen son Kraus, Musil, Roth e Schnitzler? --. HombreDHojalata.conversa 18 de xullo de 2016 ás 15:25 (UTC)[responder]
- Comentario. HombreDHojalata, retoquei o parágrafo que indicas, mira se agora é máis claro, aínda que a linguaxe é metafórica. Sobre as ligazóns internas eu pouco podo facer, os nomes que dis están tirados da fonte que referencia ese parágrafo, eu non coñezo a literatura austríaca e non sei a quen se refire, aínda que seguramente sexa o que indica Miguelferig, pero repito que tampouco teño coñecementos para afirmalo, polo que non engadiría ningunha ligazón (tampouco creo que pase nada porque non a haxa, ao cabo non é un dato relevante para o artigo en si, que trata da ópera). Piquito (conversa) 24 de xullo de 2016 ás 23:39 (UTC)[responder]
- En primeiro lugar: A construción do parágrafo, na Galipedia, continua a ser gramaticalmente incorrecta. Na fonte orixinal si que é correcta: a primeira frase ten suxeito, verbo e predicado. A frase na Galipedia non ten sentido.
Orixinal
Cuando al final de la guerra, en el barco de vapor “Santa María”, en su viaje de Nueva York a Buenos Aires, se atreve a jugar su primera y, al mismo tiempo, última partida contra el campeón del mundo, esta resulta ser su partida más bonita: Berger se reencuentra consigo mismo y con Viena, con el lo celebran el espíritu y los libros de Kraus, Musil, Roth, Schnitzler- y, por supuesto, Stefan Zweig, el renacimiento a un nuevo y posiblemente mundo mejor después de la hora cero.
Galipedia:
Cando ao final da guerra, nunha viaxe de Nova York a Buenos Aires no barco de vapor “Santa María”, atreveuse a xogar a súa primeira e última partida contra o campión do mundo, na que Berger reencóntrase consigo mesmo e con Viena, e con el o celebran o espírito e os libros de Kraus, Musil, Roth, Schnitzler- e por suposto, Stefan Zweig, o renacemento a un novo e posiblemente mundo mellor logo da hora cero
- En canto á segunda frase do parágrafo: O redactor do artigo na Galipedia cópiaa literalmente da orixe e manifesta ser linguaxe metafórica, non saber quen son as persoas das que se fala e que non é un dato relevante. Se é unha metáfora, non sabemos que significa, nin de que fala, nin é relevante... debe eliminarse do artigo.
- Creo que hai por aí algún outro erro gramatical. Corrixídeme se me equivoco: o reflexivo nunha proposición que comeza por "que" vai diante do verbo, non detrás (por exemplo "convértese" debería ser "se convertese". Máis info en: Colocación do pronome átono en galego).
- Polo demais, ten mérito un artigo en galego sobre ópera, orixinal no eido da Wikipedia. Eu votaría a favor se se solucionan estes detalles. --. HombreDHojalata.conversa 25 de xullo de 2016 ás 21:05 (UTC)[responder]
- HombreDHojalata, cambiei algo a redacción dese parágrafo xa que me parecía demasiado parecido ó da fonte orixinal da referencia, bótalle un ollo a ver se queda ben. Non engadín ligazóns internas porque tampouco sei a que autores se refire o texto. Saúdos, Elisardojm (conversa) 29 de xullo de 2016 ás 08:23 (UTC)[responder]
- Consulteille a Atobar, que fixo a entrada da novela, o tema dos nomes por se sabía algo, que aparezan ou non as ligazóns antes de que finalicede a votación penderá posiblemente do que tarde en ver a mensaxe. Eu moito máis non podo facer. Un saúdo, Piquito (conversa) 29 de xullo de 2016 ás 11:35 (UTC)[responder]
- Os autores son, en efecto, os que sinala aí arriba Miguelferig. Amais de Zweig, Schnitzler e Musil (este último, literariamente, o de maior peso, pola súa novela O home sen atributos) son autores esenciais daquela literatura; Roth e Kraus tamén, pero algo menos. Que conste que eu non son ningún entendido na literatura austríaca (nin en xeral na da lingua alemá), pero cadra que estes si os coñezo suficientemente. --Atobar (conversa comigo) 29 de xullo de 2016 ás 11:40 (UTC)[responder]
- Consulteille a Atobar, que fixo a entrada da novela, o tema dos nomes por se sabía algo, que aparezan ou non as ligazóns antes de que finalicede a votación penderá posiblemente do que tarde en ver a mensaxe. Eu moito máis non podo facer. Un saúdo, Piquito (conversa) 29 de xullo de 2016 ás 11:35 (UTC)[responder]
- HombreDHojalata, cambiei algo a redacción dese parágrafo xa que me parecía demasiado parecido ó da fonte orixinal da referencia, bótalle un ollo a ver se queda ben. Non engadín ligazóns internas porque tampouco sei a que autores se refire o texto. Saúdos, Elisardojm (conversa) 29 de xullo de 2016 ás 08:23 (UTC)[responder]