Wikipedia:Taboleiro dos administradores/Problemas varios
Esta é a sección xeral do Taboleiro dos administradores | ||||||
---|---|---|---|---|---|---|
![]() Dereitos publicar |
![]() Bloqueos publicar |
![]() Bots publicar |
![]() Imaxes publicar |
![]() Spam publicar |
![]() Vandalismo publicar |
![]() Nesta sección recóllense os problemas non cubertos polas outras seccións.
|
Lembra asinar as mensaxes que escribas engadindo o código "~~~~ " ou premendo na icona "![]() | ||||||
< Conversas vellas | Arquivos: 1, 2, 3, 4, 5, 6, 7, 8, 9 | ||||||
Riós e Wikipedia:Toponimia[editar a fonte]
En contra das políticas de toponimia oficiais vixentes na Galipedia que di que a toponimia é a que se rexistra no Noménclator de Galicia un usuario pretende engadir no artigo do concello de Riós unha forma non oficial no cabezallo como forma ocasional baseándose nunha nova de información da RAG que nin sequera se pode consultar por non estar ben ligada como se unha nova fose unha referencia normativa da RAG. Solicito a protección do artigo para evitarmonos guerras de edicións. Grazas.--HacheDous=0 (conversa) 21 de xaneiro de 2021 ás 22:48 (UTC)
- Para min o engadido é válido. Segundo a política de toponimia, a forma "Riós" é a oficial ao ser a que aparece recollida no Nomenclátor de Galicia, e por este motivo tal debe ser o título do artigo. Non obstante, considero relevante indicar no propio cabezallo do artigo que hai outras formas recollidas amais da que aparece no Nomenclátor, e máis cando a fonte dada é unha nova da RAG, e que a forma non entra en contradición co desenvolvido na correspondente sección Riós#Toponimia. En calquera caso, e como xa defendín hai tres semanas, considero que as guerras de edicións non se evitan con protección de artigos, senón con diálogo e consenso. Un saúdo, e grazas por iniciar a conversa! :) --Estevo(aei)fálame aquí 22 de xaneiro de 2021 ás 01:50 (UTC)
- Xa atopei a fonte orixinal da Comisión de Toponimia/Seminario de Onomástica, que si me parece relevante e que vou engadir o artigo, grazas.--HacheDous=0 (conversa) 22 de xaneiro de 2021 ás 13:08 (UTC)
- Resolto logo. Grazas aos tres. --Atobar (conversa comigo) 22 de xaneiro de 2021 ás 16:02 (UTC)
- Xa atopei a fonte orixinal da Comisión de Toponimia/Seminario de Onomástica, que si me parece relevante e que vou engadir o artigo, grazas.--HacheDous=0 (conversa) 22 de xaneiro de 2021 ás 13:08 (UTC)
Erro co tradutor[editar a fonte]
Bos días. Estaba traducindo este artigo ao galego co trebello para traducir pero ao premer en publicar dáme o seguinte erro e non me deixa publicar:
Houbo un erro descoñecido e irrecuperable. Detalles do erro: Error converting HTML to wikitext: docserver-http: HTTP 400: {"type":"https://mediawiki.org/wiki/HyperSwitch/errors/unknown_error","method":"post","uri":"/gl.wikipedia.org/v1/transform/html/to/wikitext/Juan_Carlos_Lorenzo"}
Xa me ocorrera anteriormente cun ou dous artigos. A que pode deberse? Nonsonninguen (conversa) 30 de xaneiro de 2021 ás 13:06 (UTC)
- Parece que é algún tipo de erro do trebello; hai varios comentarios sobre iso aquí --HacheDous=0 (conversa) 30 de xaneiro de 2021 ás 14:42 (UTC)
- Xa vexo xa... Graciñas. Nonsonninguen (conversa) 30 de xaneiro de 2021 ás 15:19 (UTC)
- Parece que é algún tipo de erro do trebello; hai varios comentarios sobre iso aquí --HacheDous=0 (conversa) 30 de xaneiro de 2021 ás 14:42 (UTC)
Proposta de artigo de calidade: Terra[editar a fonte]
Solicito a inclusión dun aviso en Sitenotice da proposta do artigo Terra. --Viascos (conversa) 20 de febreiro de 2021 ás 20:35 (UTC)
- Eu non teño permisos de administración da interface, @Viascos Só poderían facelo @AMPERIO ou @Banjo e este último non está ultimamente activo. Sínto a tardanza na resposta, pero ao non ter permisos non tiña nada que achegar coa miña resposta. Grazas @Piquito por chamar a atención nas cousas que van quedando pendentes. Un saúdo.-- Maria zaos (conversa) 16 de abril de 2021 ás 20:07 (UTC)
Fusionar historiais[editar a fonte]
Tralo traballo de Usuario:Xoacas (grazas), os contidos de "Festa da Arribada" e "A Arribada, Baiona" xa son idénticos. Poderiades fusionar os historiais das dúas páxinas na primeira e eliminar a segunda? Graciñas. --. HombreDHojalata.conversa 8 de marzo de 2021 ás 20:25 (UTC)
Feito!; grazas polo aviso! --Estevo(aei)fálame aquí 8 de marzo de 2021 ás 22:07 (UTC)
Cambio de logo de MediaWiki[editar a fonte]
Bo día.
Atendede, por favor, isto.
Graciñas. . HombreDHojalata.conversa 12 de abril de 2021 ás 10:20 (UTC)
Cando as mulleres que exercen as ciencias e o nome das ciencias coinciden[editar a fonte]
Conversa trasladada a Conversa @Elisardojm @HombreDHojalata @Lles
Furna*[editar a fonte]
En "Módulo:Imaxe do día/lista", un administrador ten que mudar "furna" por "urna", concretamente na liña:
151 { 'SaintJamesTomb.jpg', 'Furna de prata na catedral de Santiago de Compostela', 'Santiago o Maior', '350', 'n' },
Pediuno User:Miguelferig (con razón) aquí. . HombreDHojalata.conversa 29 de maio de 2021 ás 21:37 (UTC)
Feito! por Estevoaei. --. HombreDHojalata.conversa 30 de maio de 2021 ás 21:20 (UTC)
Categoría:Wikipedia:Imaxes para borrar[editar a fonte]
Ola compañeiros.
Poderiades facer limpeza en Categoría:Wikipedia:Imaxes para borrar?
Graciñas . HombreDHojalata.conversa 4 de xullo de 2021 ás 08:43 (UTC)
Feito!. Grazas por avisar. --Atobar (conversa comigo) 4 de xullo de 2021 ás 09:00 (UTC)
Imaxe na portada[editar a fonte]
Bo día. Na portada de hoxe, a imaxe que debía aparecer foi borrada e por iso está o espazo baleiro. Cando se poida, habería que colocar outra. Saúdos MAGHOI (conversa) 8 de xullo de 2021 ás 08:21 (UTC)

- A imaxe foi trasladouna @Estevoaei: a Wikimedia Commons con outro nome [[Ficheiro:Rio Mera.jpg]] -> commons:Río Mera.jpg ("Río" con acento). Hai que mudar o nome en Módulo:Imaxe do día/lista (unicamente pode facelo un administrador). --. HombreDHojalata.conversa 10 de xullo de 2021 ás 11:57 (UTC)
Trocar o nome do artigo Airas Corpancho polo de Airas Carpancho[editar a fonte]
Ola, solicito trocar o nome do artigo Airas Corpancho polo de Airas Carpancho. Penso que foi un erro. Figura como Airas Carpancho na base de datos 'Base de datos da Lírica Profana Galego-Portuguesa' do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades e tamén no 'Projeto Littera' da Unversidade de Lisboa. Moitas grazas.--Davidhez (conversa) 16 de agosto de 2021 ás 14:04 (UTC)
Troco de nome do artigo Fernando González de Sanabria por Fernan Gonçalvez de Seabra[editar a fonte]
Pido desculpas polo erro.Grazas--Davidhez (conversa) 17 de agosto de 2021 ás 09:11 (UTC)
Please, check You the removed links from the list.[editar a fonte]
Please, Check You the remove links from this list. --Dušan Kreheľ (conversa) 12 de setembro de 2021 ás 20:08 (UTC)
- -- pregunteille na páxina de conversa a que se refería exactamente. --Xabier Cid Talk 2 me, please 13 de setembro de 2021 ás 05:41 (UTC)
Desfase horario da hora/data da Portada[editar a fonte]
Boas, veño comprobando que hai un desfase horario na Portada. A min paréceme un problema de a.m./p.m, porque se achega a 12 horas. Estaría ben que se resolvese, porque o de ler a Portada de mañá e estar aínda no día anterior non é moi estiloso. Comprobeino entrando coa conta, sen conta (anónima) e en varios navegadores e dispositivos. Supoño que os administradores da interface si poderán facer algo, se non, podo mover este fío á Taberna (Técnica). Saúdos.-- Maria zaos (conversa) 14 de outubro de 2021 ás 23:05 (UTC)
- Ola, @Maria zaos. Desculpa que demorase tanto en mirar isto... Vou ver se chequeo cantas cousas funcionan mal de vez, esta noite ou mañá á mañá. Irei informando. --Xabier Cid Talk 2 me, please 17 de outubro de 2021 ás 17:16 (UTC)
Temas pendentes[editar a fonte]
Segundo esta conversa da portada,:
Bo día. Cómpre mudar a ligazón interna da imaxe do día que apunta cara Siro López (xornalista deportivo) por Siro (caricaturista) no Módulo:Imaxe do día/lista. Un saúdo, --RubenWGA (conversa) 16 de xullo de 2021 ás 02:40 (UTC).
Por favor, cambiade Siro López por Siro en aquí @MAGHOI @Chairego apc @Xabier Cid
{ 'Ramón Piñeiro Siro López.jpg', 'Caricatura de Ramón Piñeiro realizada por Siro López.', 'Ramón Piñeiro', , 'n' } Maria zaos (conversa) 16 de outubro de 2021 ás 09:49 (UTC)
- @AMPERIO @Atobar Maria zaos (conversa) 16 de outubro de 2021 ás 09:54 (UTC)
- @Maria zaos, @RubenWGA.
Feito! --Xabier Cid Talk 2 me, please 17 de outubro de 2021 ás 16:55 (UTC)
Fusión de historiais[editar a fonte]
Por favor, poderiades fusionar historiais de "José Vilas Nogueira" e "Xosé Vilas Nogueira"?
Graciñas e a seguir. . HombreDHojalata.conversa 21 de outubro de 2021 ás 12:50 (UTC)
Problema nas citas[editar a fonte]
Estou traducindo un artigo e copiei as citas do orixinal. Nel funcionan ben, pero ao copialas aparéceme esta mensaxe: "Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; o nome ":0" está definido varias veces con contidos diferentes Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; o nome ":0" está definido varias veces con contidos diferentes." Non fixen ningunha edición e non sei cal é o problema. Moitas grazas de antemán! —o anterior comentario sen asinar foi feito por SpookyFlora (conversa • contribucións) 15 de febreiro de 2022 ás 17:09
- Ola, @Usuario:SpookyFlora. Déixoche a resposta na túa páxina de conversa. Tamén che deixo unhas ligazóns con consellos varios de benvida para mellora-las edicións. Un saúdo. --MAGHOI (conversa) 15 de febreiro de 2022 ás 16:43 (UTC)
Fusionar historiais[editar a fonte]
Hai que fusionar os historiais de Montes Aquilanos e Montes Aquilianos. O artigo que ha permanecer é Montes Aquilanos, Grazas.--HacheDous=0 (conversa) 19 de febreiro de 2022 ás 17:39 (UTC)
Feito! @ HacheDous=0. Saúdos. --MAGHOI (conversa) 16 de maio de 2022 ás 10:57 (UTC)
Bad article name[editar a fonte]
Some years ago, Manuchansu (conversa · contribucións) did a cross-wiki renaming of Catalan writer Manuel Milà i Fontanals into the wrong name Manuel Milà y Fontanals. Now I was trying to revert it, but had a misstype and it ended up as Manuel Milà i Fontanalsr. Can you please erase this final "r" and move it back to Manuel Milà i Fontanals? I am really sorry for my mistake. --SMP (conversa) 1 de marzo de 2022 ás 10:11 (UTC)
Múltiples redireccións erradas en proxecto pedagóxico.[editar a fonte]
Boas, un usuario do proxecto pedagóxico moveu repetidas veces a súa subpáxina creando unha cadea de redireccións encadeadas. O título a conservar é Anna Maria Primavesi e o resto que localicei marqueinas con lixo. Os contidos moveríanse neste momento dende Quero que se publique/Anna Maria Primavesi a Anna Maria Primavesi. Por favor, informade do cambio a quen editou, Usuario:Galipediantefisico. Graciñas! FormacionWiki (conversa) 10 de marzo de 2022 ás 19:54 (UTC)
- Solucionado. Graciñas!
FormacionWiki (conversa) 10 de marzo de 2022 ás 20:11 (UTC)
Fusionar historiais[editar a fonte]
Hai que fusionar os historiais de Parahucho perry e Parahucho perryi. O artigo que ha permanecer é Parahucho perryi, Grazas.--HacheDous=0 (conversa) 23 de abril de 2022 ás 11:19 (UTC)
- Aproveito para lembrar que tamén fixen a proposta de fusionar o artigo vascularización dentro do artigo anxioxénese. Xa pasei o contido de vascularización a anxioxénese. Non sei se cómpre facer algo máis.--Miguelferig (conversa) 14 de maio de 2022 ás 15:38 (UTC)
Feito! @Miguelferig. Saúdos. --MAGHOI (conversa) 16 de maio de 2022 ás 10:45 (UTC)
- Grazas.--Miguelferig (conversa) 16 de maio de 2022 ás 19:16 (UTC)
Efemérides Isabel Allende[editar a fonte]
Boas; sería bo corrixir a efemérides de hoxe (2-8-22) sobre Isabel Allende. Non é filla do presidente Allende, senón filla dun curmán deste. Angeldomcer (conversa) 2 de agosto de 2022 ás 09:38 (UTC)
Feito! Grazas polo aviso, @Angeldomcer: --Estevo(aei)fálame aquí 2 de agosto de 2022 ás 10:36 (UTC)
Votación.[editar a fonte]
Bo día. EStaba a mirar as votacións en curso e reparei en que Wikipedia:Sobre Galicia/Propostas/O reino de Galicia na historiografía tradicional española, xa está rematada e aprobada. Porén, entroume a dúbida se a parte de ser un artigo sobre Galiza tamén se debe considerar como Artigo de calidade.. Entendo que si pero non sei se ese é o sentido da votación. Que opinades? Un saúdo.--MAGHOI (conversa) 5 de setembro de 2022 ás 07:37 (UTC)
- Non, é só un artigo sobre Galiza. O do artigo de calidade mencionaba eu que podería selo mais pra iso faría falta outra votación. One2 (conversa) 5 de setembro de 2022 ás 12:41 (UTC)
"Amancio Ortega"[editar a fonte]
Estamos preto de montar unha guerra de edicións en Amancio Ortega (editar | conversa | historial | ligazóns | vixiar | rexistros | protexer | borrar). Solicito, por favor, a intervención dun terceiro. Graciñas. --. HombreDHojalata.conversa 12 de setembro de 2022 ás 17:53 (UTC)
- Ping: @AMPERIO:; @Atobar:; @Banjo:; @Chairego apc:; @Estevoaei:; @MAGHOI:; @Xabier Cid:.
Fususionar historiais[editar a fonte]
Hai que fusionar os historiais de Small Faces e The Small Faces. O artigo que ten que quedar é Small Faces. Grazas. --Beninho (conversa) 17 de novembro de 2022 ás 12:04 (UTC)
Feito! --Estevo(aei)fálame aquí 17 de novembro de 2022 ás 12:16 (UTC)
Páxina de usuario redirixida[editar a fonte]
Tras pasala a Fundación San Rosendo, a páxina de borrador Usuario:Tfeliz/Fundación San Rosendo está marcada con { {QuickDelete|Páxina de borrador} } para a súa eliminación. Como pode verse (e non entendo por que), rediríxese a Lixo. Alguen podería revisalo? Tiberio Feliz (Déixame unha mensaxe) 22 de novembro de 2022 ás 10:38 (UTC)
- Ola, @Tfeliz: O problema era que Modelo:QuickDelete redirixía a Lixo en vez de a Modelo:Lixo. Para outra vez que queiras marcar para borrar unha páxina de probas, pon directamente {{lixo}}. Graciñas! Un saúdo! --Estevo(aei)fálame aquí 22 de novembro de 2022 ás 10:42 (UTC)
Fusión de historiais[editar a fonte]
Acabo de editar as seguintes páxinas: J. Castro e Castro (automóbiles). Necesito que alguén fusione os historiais. Mark Gasoline (conversa) 19 de xaneiro de 2023 ás 17:09 (UTC)
Feito! Graciñas polo aviso, @Mark Gasoline:. --Estevo(aei)fálame aquí 19 de xaneiro de 2023 ás 19:42 (UTC)
Wikipedia:Votacións para borrar/Alberte Fernández Silva[editar a fonte]
Hai unha votación para borrar aberta desde novembro: Wikipedia:Votacións para borrar/Alberte Fernández Silva.
Había que meterlle man e pechar iso. --. HombreDHojalata.conversa 29 de xaneiro de 2023 ás 11:59 (UTC)
Feito! Grazas polo aviso, @HombreDHojalata:! --Estevo(aei)fálame aquí 30 de xaneiro de 2023 ás 09:29 (UTC)
Día da Ilustración[editar a fonte]
Boas, vin que está na portada a Asociación Galega de Profesionais da Ilustración e acabo de crear a súa páxina. Encontrei que o Día da Ilustración este ano está dedicado a María Antonia Dans, e non a Lolita Díaz Baliño. Saúdos! Gasparoff (conversa) 30 de xaneiro de 2023 ás 12:20 (UTC)
Feito! Grazas polo aviso, @Gasparoff:. Un saúdo. --Estevo(aei)fálame aquí 30 de xaneiro de 2023 ás 12:25 (UTC)
Trocar o nome de "Monoulious DOP"[editar a fonte]
Recentemente creei unha páxina do grupo galego "Monoulious DOP" pero á hora de escribilo nome no título trabuqueime e púxeno mal "Monolious DOP", sen o primeiro "u". Se é posible corrxídeo, moitas grazas de antemán, un saúdo. DarkoLuigi (conversa) 18 de febreiro de 2023 ás 17:43 (UTC)
Modificación datos biográficos incorrectos[editar a fonte]
Ola. Bo día. Son Jorge Armesto Rodríguez e descubrín hai algúns días que teño unha páxina biográfica. Tratei -sen éxito- de facerlle chegar a un administrador varias queixas sobre a mesma pero fixo caso omiso ás mesmas. En primeiro lugar, a mención á miña militancia política na actualidade é falsa. En segundo lugar, considero que esa información é contraria a un dos principios que rexen as páxinas biográficas que falan de que os datos que se ofrecen teñen que ser relevantes con respecto ó que fai relevante ó suxeito. Se a miña "relevancia" ven dada pola miña faceta como músico no pasado e articulista ocasional hoxe, a militancia política -que únicamente tivo un carácter simbólico, sen cargos orgánicos nin electivos- só ten que ver coa miña privacidade. En calquera caso, REITERO: ese dato hoxe É FALSO. Unha invasión á miña privacidade tamén a considero a mención ó meu posto de traballo, no que se especifica o lugar e o sector. Ambas cousas non teñen relevancia algunha no que respecta as cuestións musicais ou periodísticas e supoñen unha difusión da miña privacidade que considero fora de lugar, dada a escasísima relevancia pública da miña persoa. Reitero a solicitude para que eliminen esas informacións incorrectas. Un saúdo. Jorge Armesto (conversa) 14 de marzo de 2023 ás 06:12 (UTC)
Invasión da privacidade[editar a fonte]
Boas tardes. Levo varias horas debatindo cun dos vosos compañeiros. Considero que a mención ó meu posto de traballo actual é irrelevante e unha invasión da privacidade. A miña entrada -que desexaría que non existise- en todo caso ven motivada pola miña actividade cultural ou periodística pero non por onde recibo ou non destino nun concurso de traslados. Ademáis de que é absurdo. ¿an a actualizar a entrada no seguinte concurso de traslados?. Penso que, a mención á miña actividade profesional non é relevante, pero, de selo, debería ter un tratamento máis xeneral. Bastaría con dicir: "funcionario de xustiza" e tal información tería o efecto necesario. Polo contrario, a especificación e a concreción, non aporta información relevante o lector pero sí podería dar lugar a interferencias indeseadas no meu traballo diario. Se o principio é "non facer dano", diría que non se cumpre. Persoalmente, tampoco acabo de entender por qué unha entrada debe facerse dun modo hostil cara á persoa da que se fala, cando todo funcionaría mellor de ser máis amable e consensuado. Un saúdo. Jorge Armesto (conversa) 14 de marzo de 2023 ás 16:48 (UTC)
Modelo:Xunta de Galicia e Modelo:Consellerías[editar a fonte]
Por favor, fusionade os historiais de edición do Modelo:Xunta de Galicia e o Modelo:Consellerías. Graciñas. --. HombreDHojalata.conversa 17 de xuño de 2023 ás 08:56 (UTC)
Feito! Grazas, @HombreDHojalata:. --Estevo(aei)fálame aquí 17 de xuño de 2023 ás 09:00 (UTC)
Trocar o nome de Astana.[editar a fonte]
Boas tardes. Investigando un pouco o artigo de Astana hai un audio na wikipedia en castelá que recolle que é Astaná pola pronuncia que da (lembremos que o que hai que tentar é escribir o nome mantendo a pronuncia orixinal).
Xunto con iso tamén temos a páxina de conversa do artigo, que na parte de enriba o usuario Usuario:Nachonion xa menciona que incluso foi a Astaná e confirma que o nome é así.
O problema incluso maior é que a páxina contradícese; se fora "Astana" porque o xentilicio e "Astanés"? Eu creo que aquí hai unha contradicción clara: se fora Astana o xentilicio sería Astanes (negrita para denotar que se está cambiando a acentuación).
Tentei buscar durante bastante tempo moita información sobre o tema; no AFI sae que o acento vai no "ta", pero en wikis coma o do castelá que é Astaná; buscando en dicionarios de xentilicios non atopei información e pode ser que tanto Nacho como o do audio na wikipedia en castelá poidan mentir; busquei información oficial e Tokayev (o presidente actual) non deixa moi claro a súa pronuncia; no único vídeo que atopei pronuncia Astaná coma 'Astanan' (nótese que precisamente nese caso a palabra e grave). Esta pronuncia atopeina neste vídeo no minuto 13:30 da canle oficial do goberno (se vandes á información da canle podedes ver que ten a páxina oficial do goberno).
Por todo isto eu trocaría ou o xentilicio ou o nome da páxina, mais gustaríame atopar un consenso antes de facelo. Tisment (conversa) 19 de setembro de 2023 ás 15:51 (UTC)
- Ola, @Tisment. A verdade é que nos sei que dicir. Eu tamén teño certos problemas con nomes de reinos da idade antiga dos que non hai referencias en galego. Fixen unha consulta á Academia pero vai lento. MAGHOI (conversa) 20 de setembro de 2023 ás 16:35 (UTC)
- Eu farei outra entón. A verdade é que me sorprende; sendo o Galego un idioma que usa Google, é cooficial e ten uns tres millóns de falantes sorpréndeme que non haxa tanto consenso nos xentilicios...
- Nese caso imaxino que esperarei á academia tamén. Grazas polo teu comentario. Tisment (conversa) 20 de setembro de 2023 ás 18:03 (UTC)
- ACTUALIZACIÓN: decateime de que no AFI (Alfabeto Fonético Internacional) a diferencia do que dixen é, en efecto, unha palabra aguda, iso por lo menos nesta páxina do Wikcionario en castelá (qué onde o atopei) malia tamén hai outra versión que non é aguda; segue sen quedar claro (iso sen esquecer que iso só é en Castelá; en Galego non está claro...). Tisment (conversa) 20 de setembro de 2023 ás 18:29 (UTC)
- Todo iso son investigacións orixinais e nós non somos fonte primaria (WP:NFP). Deben procurarse fontes acreditadas (WP:FF, WP:V), que deben ser citadas (WP:CITE).
- En todo caso, este fío debería trasladarse a: Conversa:Astana. --. HombreDHojalata.conversa 20 de setembro de 2023 ás 20:11 (UTC)
Xosé Lois Foxo[editar a fonte]
O artigo de Xosé Lois Foxo na Wikipedia ten moita información incorrecta, dado que foi redactado por alguén alleo ao suxeito. A Xosé Lois Foxo gustaríalle eliminar toda a información reflectida no artigo e poder incorporar un novo texto.
Como podería facerse isto? 77.26.206.21 29 de setembro de 2023 ás 14:21 (UTC)