Conversa:Reino de León

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Untitled[editar a fonte]

Nunca existiu tal reino de Asturias, sempre foi reino da Galiza(Gallaecia) coa sede rexia na cidade "galega" de Oviedo. Posto que o reino cristiá da Galiza abranguía ungrande territorio. Dende Euskalerria, baixamos até o Tejo e imos até Coimbra.—o anterior comentario sen asinar foi feito por 213.60.230.23 (conversacontribucións)

  • Era ben darlle un repaso a este artigo. Efectivamente, o Reino de León é cando menos discutíbel:
Era así como la veían también los musulmanes, que se referían a la parte cristiana de la Península invariablemente como Djalikiyah o al-Yalalika («Galicia»). Este topónimo, a pesar de ser bastante transparente, siempre ha resultado extrañamente difícil de traducir para algunos historiadores. Moyrata, en su Historia general de España, por ejemplo, lo convierte milagrosamente en «Cantabria». Gayangos, en su edición de las crónicas de al-Maccari, traduce «ardhu al-Jalalkah» («la tierra de los gallegos») por «Galicia y Asturias», mientras que para Lafuente «Jalikiya» es, no se sabe cómo, «Reino de León». Al-Maqqari, al-Himayavi, Ibn Khaldun, el Akhbar Machmua… No hay documento árabe que no hable de Galicia o los gallegos en vez del mítico «reino de Asturias».
Otra mirada de Galicia, de Miguel-Anxo Murado

Saúdos. --Atobar (conversa comigo) 19:19, 20 de marzo de 2011 (UTC)


Penso que se están a mezclar várias qüestiois, o nome que lle deron os musulmanos ten relaçón xeográfica con a División Romá, está inspirado nela... A denominación de León é por mor da Capital ou sé da familia real. O reino de Asturias non existíu con esse nome, as crónicas falan de "reino dos astures" ou de "reino de Oviedo" (o mesmo que ó principio o nome de Navarra era Reino de Pamplona). A partir da muda da cidade cabeça, começa a ser chamado Reino de León. A distinçón entre León, Asturias y Galiza foi posterior, se cadra a partir do século X cando se começa a usar o nome de "As Asturias" para o território comprendiso entre o Mar Cantábrico e a cordalera; Galiza pasa a ser o território más ocidental dende a costa Atlántica ate O Cebreiro; e o território repoboado ó sur da Cordelera Cantábrica incluindo a cunca berciana do Sil y a zona central y ocidental da Meseta Norte recebeu o nome de Terra de Foris que depois passa a ser identificada co nome de León.

É depois do reinado de García que a Galiza começa a ser considerada unh Reino, dependente do mesmo trono da Coroa Leonesa, pero unh Reino nominalmente (Como pode provar as inscriciois do Tumbo A da Catedral de Santiago, onde todos os reis titúlanse "Rex Legionensis et Galaecii").

No respetive a Castela, Fernando I somente tía o título de Conde, cando derrotan a Bermudo III recebe o Reino de León e Galiza tras casar ca irmá do Rei de León e Galiza (Por tanto non se percebe unh cámbio de Dinastía, hai unha continuidade de sangue por vía materna). O Reino de Castela é fundado pelo seu fillo primoxénito Sancho, pero foi Alfonso V que volviu a anexar Castela e Galiza a León, e o novo Reino de Castela nun volveu a ser independente ate a morte de Alfonso VII que deixou a vountade de que en León e Galiza hovera un Rei i en Castela e Toledo Outro. Os Reinos de León e Galiza non desapareceran en 1230 senón que no nominal existiron ate as reformas de 1715 que os suprimiron, e deopois se mantiveron como Rexones Históricas...


León e Galiza formaran sempre una unidade política con pequenas diferencias institucionais, inda hoixe a rexón de León é máis irmau da Galiza do que da Castela; non é un caso particular o de O Bierzo, senón que é estensivel a tódalas provincias leonesas (León, Çamora, Salamanca) as Asturias e máis a Extremadura no fol-klore e no direito consuetudinário... además de existit continuidade demográfica con Galiza.

PD: Perdoai pelo meu galego esterior, nun sei escreber no galego RAG, sou falante de Galego Oriental por razois familiares e do Leonés por nacença, mas nunca recebí educaçón nas mias líguas maternas, estudei Portugués que acho asemellado.—o anterior comentario sen asinar foi feito por 31.4.241.132 (conversacontribucións)

Sobre os problemas do artigo[editar a fonte]

Creo que xa vai sendo hora de arranxar este artigo e chegar a un punto intermedio no que sexan válidas ambas argumentacións (a do Reino de Galicia que contén o de León e viceversa).

Algo que resulta innegable é a existencia dun Reino de León ao longo da historia de España, outra cuestión son as orixes deste reino. No de que o reino de Asturias o reino dos Astures (a Crónica Albeldense escrita no auxe do reino (881) fala do Reino dos Astures: et Asturorum regnum divina providentia exoritu) non existíu é discutible posto que os nobles visigodos encabezados por Don Paio refuxiaronse alí e venceron aos musulmáns en Covadonga que está en Asturias dando así orixe ao novo reino. Que este reino, ao reconquistar Galicia pasara a chamarse Reino de Galicia xa é outro tema e pode ser perfectamente válido.

O reino de Galicia (ou Asturias) dividíuse en tres reinos ao morrer Alfonso III: o reino de Galicia que pasou ao seu fillo Ordoño II, o reino de León de García I e Asturias de Froila II.

O problema, polo que vexo, aparece cando Ordoño reclama o trono de León e de Asturias. Perfectamente pudo ser rei dos tres reinos e manter a independencia destes ata que algún outro rei repartira o trono entre os seus fillos (ocorresme por exemplo a división que fixo Fernando I de León entre os seus fillos no 1065).

Con isto non quero poñer en dúbida a existencia do Reino de Galicia, que efectivamente existíu como parte da Coroa de Castela desde tempos do rei de Fernando III o Santo, quen usurpou o trono as súas medio irmás unindo así os reinos de Galicia e León baixo u só rei ata a súa disolución efectiva no 1833.

Eu tamén tería en conta que o reino histórico de Castela e León ten incluído no seu nome o de León e non o de Galicia á hora de xuzgar cal foi o reino que predominou finalmente. Ainda que tamén pode ser un erro na traducción--AMPERIO (conversa) 8 de xaneiro de 2014 ás 12:23 (UTC)

  1. Symbol comment vote.svg Comentario Ollo! Non pretendo empezar unha guerra sobre que reino existíu ou cal deixou de existir. --AMPERIO (conversa) 8 de xaneiro de 2014 ás 12:28 (UTC)
  2. Symbol comment vote.svg Comentario
    Agora las ayan quitas heredades de Carrion:
    Sin vergüença las casare o a qui pese o a qui non.
    Andidieron en pleytos los de Nauarra e de Aragon:
    Ouieron su aiunta con Alfonsso el de Leon:
    Ffizieron sus casamientos con don Eluira e con donna Sol.
    Los primeros fueron grandes, mas aquestos son miiores.
    A mayor ondra las casa que lo que primero fue.
    Ved qual ondra creçe al que en buen ora naçio,
    Quando sennoras son sus fijas de Nauarra e de Aragon.
    --AMPERIO (conversa) 8 de xaneiro de 2014 ás 13:07 (UTC)
  3. Symbol comment vote.svg Comentario Outra fonte medieval na que aparece mencionado o rei de León (e de Galicia) é o Odenamiento de Cortes de León
    ítem constitutioiies ehisdem regís incliti edite apud Legwnem in mense septemhri. Snh era M.CC.XXX.II et promúlgate conse- quenter apud compostellam iu concilio X Kalendas nonembris.
    A dei gratia Rex. legionis et galletie! ómnibus regni sui prela- tís et principibus et populis Uniuersis salutem. Sicut de turba- tione.quam regnantium solent habere primordia Regno quoque nostro multa mala succreuerunt sic in tranquillitate quam fecít dorninus nobis que contra justitiam sunt hactenus usurpatal te- nemur extirpare.
  1. Symbol comment vote.svg Comentario. Eu non entendo do tema, mais penso que para que a Galipedia sexa fiable debe incluír todos os distintos puntos de vista (sempre e cando sexan de fontes fiables) e coido que as dúas versións poden ter cabida. Para min é un tema complicado (sen entrar en tendencias políticas), xa que ese período da historia é moi difuso, as fontes da época poden estar influenciadas (para calquera dos lados), xa que a historia a escriben os vencedores (e moitas veces deixando polo chan ou negando aos vencidos, esto o fixo Castela e seguro que Galiza o tería feito na súa situación, era o normal). Outro problema que vexo para esta época é que moitas veces se mesturan mitos e realidades (véxanse os cantares, que esaxeran personalidades e feitos para darlles maior grandeza). A miña opinión (de profano) é que os tres reinos existiron de xeito independente entre si, evidentemente se xuntaron, mais é posible que cada un deles tivera unha certa independencia e tiveran un "título honorífico", máis aínda nunha época onde os nobles feudais tiñan grandes cotas de poder (algúns posiblemente mesmo máis que este) e que podían influír no monarca (cunha situación máis delicada, non era un monarca absoluto e os nobles podían ir na súa contra. En conclusión, o que creo que é mellor é expoñer todos os puntos de vista posibles, xa que penso que será o único xeito de ter contentos a todos e crear algo mínimamente fiable (que é o que queremos), é todo canto podo dicir. Piquito (conversa) 8 de xaneiro de 2014 ás 14:10 (UTC)
  2. Piquito, Castela o que fixo foi unificar todos os reinos na Coroa de Castela, que seguiron existindo como reinos ata 1833. De feito os títulos históricos que empregan os reis de España inclúen a todos estes reinos. Por exemplo, na actualidade, a Constitución española de 1978 no artigo 56.2 recoñece que o rei pode empregar os títulos históricos nos que se inclúe o reino de Galicia e o reino de León
    Rei de España, de Castilla, de León, de Aragón, das Dúas Sicilias (referido a Nápoles e Sicilia), de Xerusalén, de Navarra, de Granada, de Toledo, de Valencia, de Galicia, de Mallorca, de Sevilla, de Cerdeña, de Córdoba, de Córcega, de Murcia, de Menorca, de Xaén, dos Algarves, de Alxeciras, de Gibraltar, de las Illas Canarias, da s Indias Orientais e Occidentais e das Illas e Terra Firme do Mar Océano
    Algúns dos títulos dos que pode facer uso o rei de España

Symbol support vote.svg Concordo co que di Piquito de que as dúas versións deberían ter cabida na Galipedia para que sexa una fonte seria e fiable, que imaxino que é o que pretendemos todos os que colaboramos nela. --AMPERIO (conversa) 8 de xaneiro de 2014 ás 15:23 (UTC)

Sendo precisos hai que dicir que o 56.2 di, exactamente e unicamente:
Su título es el de Rey de España y podrá utilizar los demás que correspondan a la Corona.
[1] --. HombreDHojalata.conversa 8 de xaneiro de 2014 ás 20:21 (UTC)
Vale pero os demais títulos que lle corresponden á Coroa son os mencionados antes, entre outros. --AMPERIO (conversa) 9 de xaneiro de 2014 ás 10:58 (UTC)
Symbol comment vote.svg Comentario Volvín ler o artigo de novo e o o problema sobre a denominación do reino so existe ata o século XII. Propoño polo tanto, que o artigo adicado ao reino de León comece no século XII, quedando iso si o apartado da problemática histórica sobre o topónimo do reino. O primeiro rei que polo tanto se pode considerar como rei dos reinos de Galicia e León sería Afonso VI de León (finado no 1109 ou a súa filla Urraca, raíña entre o 1109 e o 1126. Penso que sería a decisión máis axeitada para resolver o asunto. --AMPERIO (conversa) 8 de xaneiro de 2014 ás 20:05 (UTC)

Penso que esta parte do artigo Reino de Galicia pode servir como comezo para este artigo, posto que é onde se menciona a división do reino entre Afonso VI de León, García II de Galicia e Sancho II de Castela no ano 1065--AMPERIO (conversa) 9 de xaneiro de 2014 ás 11:17 (UTC)

Orixes[editar a fonte]

Fixen dous apartados dentro deste:

  1. Tradición galega (cos orixes expostos no artigo Reino de Galicia).
  2. Tradición castelá (cos orixes no século IX)

O que está claro é que a partir do 1065 había un reino chamado León. --AMPERIO (conversa) 9 de marzo de 2014 ás 13:14 (UTC)

Ligazóns externas modificadas (setembro 2018)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Reino de León. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 2 de setembro de 2018 ás 13:56 (UTC)