Profilaxe
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde maio de 2015.) |
Na area da saúde, profilaxe, do grego prophýlaxis (προφὑλαζις), cautela, é a aplicación de medios tendentes a evitar as doenzas ou a súa propagación
Principios
[editar | editar a fonte]Unha doenza ten un ou máis axentes causantes. Estes necesitan dalgunha maneira interaccionar co organismo para xerar a doenza, e a doenza pode dar noutras doenzas. Por exemplo, a bulimia pode dar nunha perda da menstruación (amenorrea) ou a deterioración do esmalte dos dentes, así mesmo pode provocar pneumonías por aspiración do vómito ou alteracións gástricas, con dilatacións e mesmo rotura do esófago, así como alteracións no páncreas (pancreatite).
Calquera medida de saúde que procure impedir esta interacción ou estado anormal no organismo coñécese como medidas profilácticas ou medicina preventiva, mentres que o uso de medicamentos con efectos antimicrobianos co fin de previr a infección se chama profilaxe antimicrobiana.
Patóxeno
[editar | editar a fonte]Chámase patóxeno a un axente potencialmente agresivo ao ser humano. Por exemplo, unha bacteria ou un virus poden ser patóxenos. Tamén son, polo mesmo concepto, unha bala de revólver, un contaminante ambiental, un xene mal formado etc.
- Medidas que impidan o contacto do home cos patóxenos son medidas profilácticas. Unha campaña de desarmamento, o uso de máscaras contra gases e a non exposición do organismo á fenilalanina (nos fenilcetonúricos), son exemplos destas medidas.
- A mellora das condicións de saneamento ambiental deixou de expor o home a unha serie de doenzas, como a peste bubónica, transmitida por unha pulga que vive nas ratas. Nesta mesma situación, outras enfermidades como a hepatite, gastroenterite ou cisticercoses, tamén poden ser previdas, xa que son transmitidas por auga e alimentos contaminados.
- Medidas mecánicas simples que impiden o contacto co patóxeno, como o uso de preservativos, impiden a transmisión de doenzas transmitidas sexualmente , como a gonorrea, a sífilis, ou mesmo a SIDA (AIDS).
Hospedeiro
[editar | editar a fonte]O hospedeiro da doenza é o home. As medidas que tratan de evitar a agresión dos patóxenos tamén son exemplos de medidas profilácticas contra as doenzas.
Vacinación
[editar | editar a fonte]Un exemplo desta situación é a utilización de vacinas.
- O sistema inmunitario humano recoñece algúns elementos externos e desencadea unha reacción de defensa contra eles. Isto é estudado pola inmunoloxía. Nun primeiro contacto cun destes elementos, ocorren unha serie de reaccións orgánicas, que adoitan demorarse en xeral algúns días, ata a eliminación ou neutralización do axente agresor. Nun eventual segundo contacto, o tempo de resposta diminúe, sendo ás veces de horas.
- Doenzas como o sarampelo e a varíola ocorren só unha vez na vida do individuo, xa que esta resposta inmunolóxica mantense por tempo indeterminado.
- Outras doenzas, como unha infección urinaria por certas bacterias, ou a malaria, non desencadean unha resposta definitiva, podendo repetirse varias veces na vida do individuo.
- Noutras doenzas ocorre unha resposta prolongada, mais non definitiva. A difteria e o tétano son exemplos de doenzas deste grupo.
- Cando o organismo é artificialmente exposto a un patóxeno debilitado ou morto, ou aínda a partes do patóxeno morto, coa finalidade de preparar o organismo para o contacto futuro co axente agresor natural, chámase vacinación. Só é posible vacinar as doenzas que desencadean resposta inmune prolongada ou definitiva.
- Unha doenza que xa non existe grazas á vacinación, aínda que o virus se conserva nalgún laboratorio, é a varíola.
- Unha doenza que diminuíu drasticamente foi a poliomielite, grazas a unha campaña de vacinación continua en practicamente todos os países do mundo.
Historia
[editar | editar a fonte]Moito antes de que a sociedade entendese os mecanismos da infección, a observación mostrou unha serie de medidas profilácticas eficientes:
- Os primeiros libros da Biblia conteñen unha serie de recomendacións transmitidas por Moisés aos hebreos, pois segundo esta, recibe de Deus os Dez Mandamentos e un conxunto de leis relixiosas, sociais e alimentarias (Torá escrita e oral; en hebreo Toráh), o que fai que doenzas como a cisticercose diminúan ou deixen de ocorrer cando as persoas deixan de consumir carne de porco.
- A circuncisión diminúe a doenza de cancro de pene, posiblemente por mellorar as condicións de hixiene íntima.
- A observación da fidelidade conxugal, recomendada nas dúas táboas dos Dez Mandamentos, prevén doenzas sexualmente transmisibles do home á muller e viceversa.
- No principio da infectoloxía diminúe moito o número de infeccións puerperais, infeccións producidas no posparto inmediato debido a unha medida moi simple que é que os médicos pasaran a lavar as mans ao vir das salas de autopsia, antes de atenderen os partos. Mesmo descoñecendo a existencia de bacterias, estas primeiras medidas previron un gran número de mortes.
Non sempre as medidas profilácticas foron benvidas.
- Un exemplo claro de gran diminución da incidencia de doenzas nunha poboación foi a reforma urbana ocorrida no inicio do Século XX, na cidade do Río de Xaneiro, coordinada polo prefecto Pereira Pasos e polo científico Oswaldo Cruz. As medidas, conducidas de maneira arbitraria, xeraron a chamada revolta da vacina.
- Os defensores do Referendo sobre a prohibición da comercialización de armas de fogo e municións, ocorrido no Brasil o 23 de outubro de 2005, argumentaban que esta sería unha medida profiláctica contras as mortes por armas de fogo. Esta tese non foi suficiente para a aceptación desta medida por parte da poboación.
- O filme Apocalipse Now, describe unha situación ficticia onde as forzas americanas promoven unha campaña de vacinación nos nenos nativos, o que provocou unha violenta reacción dos locais, con amputación dos membros vacinados. Aínda que ficticia, tal situación mostra a necesidade do respecto a cultura local cando da utilización de medidas profilácticas.
Durante o nazismo, debido aos conceptos de euxenesia que se cría na época, era considerada unha medida profiláctica "afastar" persoas consideradas incapaces física ou mentalmente, para que estas non fosen deixar descendentes coas súas mesmas taras, chegando inclusive ao punto da castración ou mesmo a morte destes individuos.
Exemplos de doenzas específicas suxeitas a profilaxe
[editar | editar a fonte]- Infeccións nos hospitais.
- Endocardite infecciosa.
- SIDA - Síndrome de Inmunodeficiencia Adquirida (AIDS).
- Sarampelo
- Tuberculose
- Arteriosclerose
Profilaxe versus diagnóstico precoz
[editar | editar a fonte]Nun senso amplo, o diagnóstico precoz das doenzas é unha medida profiláctica, xa que permite iniciar un tratamento precoz, o que permite unha mudanza na evolución das mesmas.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Profilaxe |