Carallo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Grafiti pintado nun muro lisboeta.
Mastro dunha embarcación.

O termo carallo na lingua galega, ao igual que nalgunhas outras linguas romances (o portugués caralho, o italiano cazzo ou o castelán carajo), é o termo popular para designar o pene[1], mais tamén é empregado a modo de interxección, denotando abraio, sorpresa ou anoxo. Na lingua galega cobra especial relevancia, de maneira que decote o carallo é desposuído do seu significado orixinal chegando a desvirtuarse até o punto de crear novas acepcións.

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

A orixe do termo é de orixe incerta. Segundo o Dicionário Estraviz e outros dicionarios portugueses, deriva do latín caraculu(m) (pois seria a única reconstrución que acabar dando -c'lu > -lho > -llo en galego-portugués e > -jo en castelán). Outra teoría é que procede dun caraliu (con análoga evolución), ou de cassus ou carassus, mais neste caso é difícil (de feito seria o único caso) que acabar en "carallo", sendo o normal e previsíbel, "caraixo"*, "careixo"* ou mesmo "creixo"*, como for, por metáfora en xerga mariñeira facía referencia ao mastro maior dunha embarcación.

Emprego de carallo[editar | editar a fonte]

Expresións e frases feitas[editar | editar a fonte]

  • Manda carallo
  • Manda carallo na Habana
  • O carallo 29, termo que ai referencia ao artigo 29 da lei electoral de 1907, que permitía que se só se presentaba un candidato nun determinado distrito, quedaba elexido automaticamente sen necesidade de eleccións. Así, os grandes partidos e caciques conseguían repartirse os distritos sen problemas. Nas eleccións entre 1910 e 1923, máis do 25 % dos deputados galegos foron "elexidos" así; en Pontevedra, o 50%. "Isto explica que o tal artígo calase na cultura popular, até o punto de que parece derivarse del a coñecida expresión ¡o carallo 29' como sinónimo da arbitrariedade, sentido que aínda hoxe se mantén"[2].
  • Que carallo
  • Bueno, carallo, bueno
  • Vai ao carallo
  • Vai rañar o carallo
  • Carallo!
  • Tóca(me/lle) o carallo
  • Máta(lle/me) o carallo
  • Arre carallo
  • Vai/Fai un sol de carallo
  • Ala, carallo
  • Ten carallo a cousa
  • Éche o carallo!
  • Hui que carallo!

Derivacións de carallo[editar | editar a fonte]

  • Carallada
  • Carallán
  • Caralludo
  • Caralludamente
  • Caralla (dito popular: Cada can que lamba a súa caralla)
  • Escarallar
  • Escarallado

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Chacón Calvar, Rafael (2008), Carajo, carallo / Caralho, Carall, La Cueva de Zaratustra.
  2. 'Galicia siglo XX, Ramón Villares, La Voz de Galicia 2004, páx. 76.