Diccionario enciclopédico galego universal
| Diccionario enciclopédico galego universal | |||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||
| |||||||
| |||||||
| |||||||
| |||||||
| Wikidata |
O Diccionario enciclopédico galego universal (DEGU) é unha obra enciclopédica alfabética de sesenta volumes, editada en galego, no ano 2003.
Descrición
[editar | editar a fonte]Feita por Ir Indo Edicións para La Voz de Galicia, os sesenta volumes distribuíronse cos exemplares dos martes e xoves do xornal,[1] desde o 14 de setembro de 2003, en que comezou cunha tiraxe de 80 000 exemplares.[2][3]
O DEGU, que comparte en gran medida contidos coa Enciclopedia Galega Universal, inclúe, entre outra información, entradas de tódalas parroquias, comarcas, vilas e cidades de Galicia, as poboacións españolas de máis de 1 500 habitantes, cidades europeas de máis de 50 000 habitantes e poboacións de máis de 100 000 habitantes do resto do mundo.[4]
Na derradeira páxina (128 do tomo "60 vot~zw") inclúe unha fe de erratas.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Una edición muy cuidada en los contenidos y en la presentación" (28/8/2003). La Voz de Galicia.
- ↑ "O primeiro tomo do Degu chega mañá, domingo, ás mans dos lectores galegos", en La Voz de Galicia 13.09.2003.
- ↑ "La Voz de Galicia lanza o DEGU, unha adaptación da Enciclopedia Galega Universal..." CCG, 17/9/2003.
- ↑ ""Ciudades, villas, parroquias y lugares de Galicia y del resto del mundo"". Arquivado dende o orixinal o 12 de marzo de 2016. Consultado o 31 de xaneiro de 2015.