Wikipedia:Políticas e normas
| Esta páxina contén políticas e normas oficiais da Galipedia. Ten unha ampla aceptación entre os editores desta Wikipedia e considérase un estándar que todos os usuarios deben seguir. Agás para edicións pequenas, por favor, use a páxina de conversa para propoñer cambios nestas directrices. |
- Para ler unha pequena introdución ao máis básico das políticas da Wikipedia véxase Axuda:Introdución ás políticas.
Ao longo do tempo, a comunidade da Wikipedia desenvolveu unha serie de políticas e normas que describen o mellor xeito de actuar, ter claros os principios, resolver os conflitos e moitos outros aspectos para conseguir o noso obxectivo de crear unha enciclopedia libre e veraz.
Con base na experiencia propia e na doutros proxectos da Fundación Wikimedia, os usuarios da Galipedia foron adoptando por consenso e/ou votación algunhas destas políticas. Aquí ofrécese unha boa lista delas, algunhas delas aprobadas (marcadas con "
") e outras que aínda están camiño de recibir o prace da comunidade coa redacción actual.
Derivación
[editar a fonte]A Wikipedia está operada pola organización sen ánimo de lucro Fundación Wikimedia que se reserva certos dereitos legais (véxase aquí para unha lista das súas políticas). Porén, a Wikipedia é un proxecto autónomo dirixido pola súa comunidade. As políticas e convencións reflexan o consenso da comunidade, recollendo en Wikipedia:Cinco piares os principios máis importantes.
Políticas fundamentais
[editar a fonte]- Artigo principal: Wikipedia:Cinco piares.
Todas as políticas oficiais da Wikipedia deben basear os seus principios en cinco piares
fundamentais que definen o carácter da enciclopedia. En resumo:
- A Wikipedia é unha enciclopedia
. - A Wikipedia procura o punto de vista neutral
. - A Wikipedia é unha enciclopedia de contido libre
. - A Wikipedia posúe unhas normas de conduta
. - A Wikipedia non ten regras fixas
.
Normas relacionadas co punto de vista neutral
[editar a fonte]Os artigos da Wikipedia deben procurar mostrar un punto de vista neutral que represente equilibradamente as visións existentes sobre un tema. En relación con esta idea desenvolvéronse este conxunto de normas:
- Busque o punto de vista neutral
. - Comprobe que todo sexa verificable
. - Cite as fontes
. - Describa as obras de ficción dende a perspectiva do mundo real
. - Non faga promoción de ideas, persoas nin de vostede mesmo
. - A Wikipedia non é unha fonte primaria
. - Procura evitar escribir ou editar artigos autobiográficos
. - Biografías de persoas vivas
. - Non sabote a Wikipedia para apoiar o seu punto de vista.
- Non xogue co sistema.
Normas relacionadas coa boa conduta
[editar a fonte]A convivencia na Wikipedia baséase no respecto e na colaboración. Por iso ten que ter presente as normas de conduta
e as cousas que non se deben facer
. En concreto, desenvolvéronse normas específicas nestes aspectos:
- Compórtese civicamente.

- Presupoña a boa fe por parte dos demais.
- Non cree bandos nin use monicreques
. - Non entre en guerras de edición
. - Non rompa a edición.
- Asine as súas mensaxes nas páxinas de conversa
. - Non use a páxina de usuario ou as caixas de usuario para incumprir as normas xerais de conduta
. - Os artigos non teñen un dono particular
.
Normas relacionadas co estilo
[editar a fonte]- Aprobadas
- Categorización de artigos
. - Evita as autorreferencias
. - Libro de estilo.
. - Homónimos
. - Ligazóns externas
. - Nomes propios de persoas
. - Redireccións
. - Títulos dos artigos sobre organizacións
. - Toponimia
. - Transliteracións
.
- Propostas
Normas relacionadas cos procedementos de elección
[editar a fonte]Normas relacionadas coa administración
[editar a fonte]- Tipos especiais de usuarios:
- Administradores
. - Burócratas
. - Bots
.
- Administradores
- Borrado de artigos:
- Normas específicas para borrar artigos
. - Criterios de eliminación rápida de artigos
.
- Normas específicas para borrar artigos
- Creación e tratamento de imaxes:
- Política de protección de datos
. - Política de bloqueo
. - Política de protección de artigos
.