Conversa usuario:Marcio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Benvido(a) á Galipedia, Marcio!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Crystal Clear app korganizer.png Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Icon apps query.svg Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Crystal Clear app amor.png Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.   Para asinar usa este botón.png
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegaciónCheck mark.png Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Nuvola gnome-fs-trash-full.svg Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo.. HombreDHojalata.conversa 14 de setembro de 2013 ás 18:11 (UTC)

Florín[editar a fonte]

Florín de Aruba parece unha boa solución entrementres a RAG non se pronuncie. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 27 de decembro de 2013 ás 11:33 (UTC)

criterios de escolla[editar a fonte]

Ola, Marcio! Como vai?

Mentres non haxa formas prescritivas, entendo que ao existir bibliografía que recomenda unhas formas no canto doutras serve de referencia para retirar as erróneas. Algo similar pasa coa escolla de exónimos. Respecto ao Galizionario, non o teño tan claro; entendo que un dicionario debe ser descritivo e recoller todas as formas usadas, non só as normativas, pero non vexo correcto incluír castelanismos ou incorreccións.

Ti como o ves?

Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 26 de abril de 2016 ás 13:20 (UTC)


Concordo co que dis, Estevoaei. Persoalmente retiraría as formas incorrectas e os castelanismos da Galipedia conforme a bibliografía máis actualizada e rigorosa ao respecto, que é neste caso a de Henrique Costas. Mais hai casos nos que hai unha contradición entre este autor e o que figura no dicionario da RAG por exemplo: chantadino (DRAG) - chantadés ( X.H. Costas). Aínda que sabemos das moitas eivas do dicionario da Academia tómase de facto como referencia na Galipedia, así que deixaría polo momento as dúas formas.

Así fixo o usuario Jglamela na entrada de Allariz, volvendo a inserir "allaricense", forma que creo que eliminaras, alegando que consta no DRAG. Ben é certo que na páxina 35 do propio libro de X.H.Costas figura tamén "*allaricense" como forma secundaria sinalada cun asterisco e este autor sinala na páxina 33 o seguinte:

"...metemos diante un asterisco (p.e. *boirense) aos xentilicios cos que non estamos moi de acordo coa súa formación pero que deixamos por dúas razóns: a) porque teñen un alto grao de popularidade, e/ou b) porque non se coñecen outras invencións".

Así que supoño que para non ser máis papistas ca o Papa habería que deixar na Galipedia as formas con asterisco, especialmente se están avaladas polo DRAG.

Empregaría polo tanto a obra de X.H.Costas e o DRAG como fontes principais para os xentilicios galegos.

No Galizionario rexistraría todas as formas en uso, aínda que (non sei se se pode facer) na entrada das incorrectas ou sospeitas de castelanismo faríao constar: Forma non recomendada por castelanismo/ etc.

Xa me dirás que opinas.

Saúdos.

Marcio (conversa) 1 de maio de 2016 ás 18:27 (UTC)

Paréceme correcto conservar as formas aceptadas polo DRAG; no Galizionario non controlo moito, pero xa vexo que entre ti e o Usuario:Furagaitas andades a aquelar. Avante toda! --Estevo(aei)pa o que queiras... 1 de maio de 2016 ás 23:12 (UTC)


Ola Marcio. Observo que mudaches o xentilicio de Antas de Ulla, según recolle X.H. Costas. Neste sentido debo dicirche que xa comentei con Quique Costas ese asunto e o propio autor convén comigo en que o xentilicio "ulloán/ulloá" corresponde máis axeitadamente ás persoas da comarca natural da Ulla (nos concellos de Vedra, Teo, Boqueixón e A Estrada), ou incluso tamén para todos os da comarca da Ulloa (Monterroso, Palas de Rei e Antas de Ulla). Para o caso de Antas de Ulla, tendo en consideración que o nome orixinario da vila é o de Seoane, e por esa denominación se nos vén coñecendo e por ela nos recoñecemos, estimamos e consideramos que o xentilicio propio dos habitantes de Antas de Ulla debe ser o de "seoaneses/seoanesas" (Costas propoñíame tamén o de "antés/antesa" como construcción válida) Na vindeira edición de "Os Xentilicios de Galicia e doutros territorios de lingua galega", recollerá isto que digo. Agradézoche, polo tanto, que volvas repoñer o citado xentilicio que eu mesmo tiña posto na Galipedia. Saúdos. --Satna (Ti dirás) 14 de maio de 2016 ás 17:08 (UTC)

títulos dos artigos[editar a fonte]

Ola, Marcio! Calquera pode modificar o título do artigo. Dálle á opción "mover", que aparece nas lapelas a carón de "editar", e introduce o novo nome. Proba sen medo.

Saudiña! --Estevo(aei)pa o que queiras... 19 de maio de 2016 ás 14:01 (UTC)

Támesis / Támese[editar a fonte]

Boas Marcio, se consultas a conversa de Támesis, verás que hai referencias para ese nome, polo que debes respectar tamén esa forma. --AMPERIO (conversa) 27 de maio de 2016 ás 23:44 (UTC)

Antes de marcar para borrar[editar a fonte]

Ola Marcio.

Antes de marcar unha páxina para o seu borrado, asegúrate de amañar as páxinas que ligan con ela. Por exemplo: Especial:Páxinas_que_ligan_con_esta/Ghugli.

Un saúdo e a seguir. --. HombreDHojalata.conversa 8 de xullo de 2016 ás 16:03 (UTC)

RE:Cinamomo[editar a fonte]

Feito! Feito! Cando non poidas mover unha páxina porque xa existe a de destino contacta a un administrador (na conversa ou no taboleiro) para que se faga o cambio, no lugar de borrar o contido da páxina da redirección. As redireccións coma a deste caso poden ter un historial que se debe manter xunto ó da páxina de destino. Banjo tell me 8 de xullo de 2016 ás 18:32 (UTC)

Creaches Cinamomo de novo co mesmo contido. Non era que son especies distintas? Banjo tell me 8 de xullo de 2016 ás 18:40 (UTC)
OK, quédache a última versión que fixeches en Elaeagnus angustifolia, podes seguir alí as edicións para ese artigo. Banjo tell me 8 de xullo de 2016 ás 18:56 (UTC)

Artigos de botánica[editar a fonte]

Ola Marcio. Levo anos elaborando en exclusiva os artigos de botánica, así como categorías, etc. Vexo que ultimamente andas metendo man ti, o que é unha moi boa nova. Só unha cousa, nos artigos xa creados pregaría que o tema dos nomes o comentásemos antes de facer cambios, xa que ás veces foi difícil a escolla para evitar homónimos. Vin que nalgunhas páxinas mudaches o nome ao científico (que sempre debe ir en cursiva) cando hai referencias de nomes vulgares; isto sería o máis lóxico a longo prazo, xa que xa temos un bo número de artigos e a cousa vaise complicando...porén polo de agora debemos escoller un común. Se agora estás ti xenial, así podemos facer medrar a parte botánica entre os dous. Un saúdo.Nachonion (conversa) 30 de agosto de 2016 ás 09:20 (UTC)

Cabrifollo e cadrifollo[editar a fonte]

Si, tes toda a razón. Eu tamén pensei o mesmo, que cabrifollo tería máis coherencia, pero outra vez topamos coa preferencia da academia. Supoño que a voz con "d" será máis abundante, algún criterio seguirían...eu por min movémola...Nachonion (conversa) 30 de agosto de 2016 ás 15:37 (UTC)

Zugamel[editar a fonte]

Para evitar confusións mudei a ortiga morta. Zugamel entra redereccionado aos homónimos de chuchamel.Nachonion (conversa) 30 de agosto de 2016 ás 15:43 (UTC)

Hyla[editar a fonte]

Ola, Marcio. Os nomes comúns das especies son un gran problema en moitos casos. Eu son partidario de usar os nomes científicos para as especies exóticas ata que haxa unha estabilidade nas referencias, pero unha excepción son os nomes das especies que viven en Galicia, que creo que deberían ter o nome común. De todos modos están suxeitas a que na fala popular adoita haber unha gran confusión sobre a que especie exacta se asigna cada nome, varía duns lugares a outros, moitos nomes danse a xéneros enteiros (non a especies) etc. As necesidades dos falantes e as necesidades de extrema precisión dos taxónomos non coinciden. En canto aos nomes dados en obras de temática zoolóxica publicadas, os autores atopáronse cos mesmos problemas cos que nos atopamos nós na wikipedia. Moitas veces tiveron que tomar decisións e elixir un nome para distinguir unha especie doutra (xeralmente sen seren eles lexicólogos nin ter feito traballo lingüístico de campo), e, na miña opinión, non sempre estiveron acertados. Por exemplo, o traballo de Conde Teria cos nomes de aves paréceme bastante coidadoso e, aínda así, non estou nada de acordo con media ducia de escollas que fixo, pero polo menos os seus nomes foron elixidos pola Sociedade Galega de Historia Natural, polo que teñen a sanción favorable dun colectivo importante (que, de todos modos, teño entendido que aprobou todos os nomes en bloque, é dicir, sen examinar un por un como deberían ter feito) e xeralmente son os que aparecen no DRAG. No caso da Chave dan tamén a súa opinión particular, sen que teña sanción oficial, polo que non hai que tomalo como a Biblia, pero é unha (outra) referencia. En xeral concordo pouco coa Chave porque creo que ten unha tendencia bastante lusista, por exemplo usan os nomes das famílias en -ídeos, como en portugués, cando o DRAG usa a terminación -idos (frinxilídeos/frinxílidos, ranídeos/ránidos), e usan para os animais moitísimos nomes amerindios brasileiros (máis do 80% dos nomes de animais en Brasil son de orixe amerindia), ás veces afastándose do que é máis común no conxunto das linguas máis coñecidas. O problema é que na wikipedia non podemos inventar ou propoñer nós os nomes, por razoables que sexan, senón que temos que aternos ás referencias publicadas, e tamén ao DRAG (que non é unha obra especializada en zooloxía ou botánica). Aínda así, para facer algunhas páxinas é inevitable usar algún dos nomes que internacionalmente se lle dan a un animal, porque se non é case imposible facer a páxina, pero outra cousa é poñelo no título; nese caso é mellor o nome científico, penso (ver Hyla versicolor). Por se iso non fose xa dabondo, os cambios taxonómicos recentes complican a cousa aínda máis. As sinonimias son especialmente odiosas; por exemplo, mofo significa balor (fungo) e musgo (planta), polo que é un termo inútil para o seu uso científico, e totalmente inapropiado para o seu uso na docencia (aínda así o libro de Anaya de Bioloxía de 1º de ESO, por poñer un exemplo, que usan en moitos institutos, úsao para ambos, é dicir, mofo escrito en títulos moi grandes para falar dos fungos e unha lección máis adiante outra vez mofo escrito en títulos moi grandes para falar dos musgos ou carrizas; un auténtico despropósito innecesario!)

Dito isto, en canto ás Hyla, creo que está ben manter rela europea (Hyla arborea) e rela meridional (Hyla meridionalis). O DRAG dálle o nome de rela a H. arborea e a H. molleri porque antes eran a mesma especie e despois os taxónomos dividíronas en dúas especies, polo que ten a súa lóxica. Pero nós temos o problema agora do nome para H. molleri. O lóxico é chamarlle rela e poñerlle algún apelido, pero non está referenciado e nós non o podemos inventar, e eu non me atrevo a recomendar ningún. Podemos chamarlle rela común, pero a verdade é que a especie é pouco "común" en Galicia e mesmo está en perigo de desaparición en moitas áreas. Outra opción é chamarlle ra de Santo Antón, que se menciona como exemplo no DRAG (na entrada rela). Como non podemos chamarlle simplemente rela (porque hai outras relas), o máis conservador e prudente sería polo momento ra de Santo Antón. Pero dá pena, que o nome máis normal destes animais sexa rela e que non se lle poida poñer, polo que rela común tampouco me parece disparatado. Sinto non poder dar unha opinión contundente sobre isto, que che sirva de axuda, pero as cousas están sí. En canto a estroza, aparece en obras zoolóxicas (puxen unha referencia na páxina), pero probablemente é a escolla peor e non é o termo máis apropiado para o título da páxina. Usouna un taxónomo pero non sei en que dicionario pode estar nin de onde a sacou. Ás veces inventan palabras, como en corvo "viaraz" (viaraz?).--Miguelferig (conversa) 27 de novembro de 2016 ás 17:00 (UTC)

Moi interesante ese blogue. Grazas. Ben, estou supoñendo que a mensaxe ma mandaches ti (estaba sen asinar).--Miguelferig (conversa) 10 de decembro de 2016 ás 00:33 (UTC)

Imaxe do Tritón común[editar a fonte]

Esta mensaxe é para comentar que comprobei a imaxe que puxeches en Tritón común vía es.wp e resulta que é unha imaxe retocada doutra chamada Triturus boscai.jpg borrada en Wikimedia Commons por infracción do copyright (aquí están as mensaxes de borrado e aquí o aviso ao usuario que cargou a imaxe). De feito a páxina de descrición da imaxe inclúe un aviso automático deixado por un bot que dí: "This image is illegal scanned to the book Barbadillo et al. (1999) (Planeta Editions) and cover by copyright. It can not use!!!". Só deixo a mensaxe porque en canto se decaten en Commons o máis seguro é que borren a fotografía e o artigo pode quedar sen imaxe na caixa de información, aínda que neste caso semella que pasou moito tempo e ninguén descrubiu o problema coa imaxe agás o bot. Un cordial saúdo. --Prevertgl 8 de decembro de 2016 ás 23:18 (UTC)

Grazas a ti. Non era doado decatarse. De feito se a imaxe está incluída en artigos doutras Wikipedias o habitual é pensar que a imaxe é correcta. Un cordial saúdo. --Prevertgl 8 de decembro de 2016 ás 23:28 (UTC)
Boas, solicitei o borrado en Commons desa imaxe porque ten dereitos de autor. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 9 de decembro de 2016 ás 01:39 (UTC)

Paleosuchus[editar a fonte]

Ola Marcio. Como sempre temos que aternos ás referencias que hai e, por tanto, hai que usar esas que puxeches ti, polo que non estou en desacordo cos cambios. Outra cousa é que o nome elixido no Dicionario da Deputación non me pareza moi axeitado. Caimán almiscreiro é un nome pouco usado (e tería que ver onde ten o almiscre ese animal, que non o sei); desde logo non é un nome moi internacional. En cambio, eses animais caracterízanse por ser os máis pequenos entre os caimáns, polo que lles cadra ben o nome de ananos, usado en moitos idiomas. Á especie máis pequena de crocodilos (viven en África) tamén se lle chama crocodilo anano. Por outro lado, a caimán almiscreiro do Brasil tampouco lle vexo o sentido, xa que as dúas especies de caimán almiscareiro viven no Brasil. Pero tampouco son endemismos do Brasil nin o Brasil é a área abrumadoramente maior dese animal, xa que tamén viven en todos os países limítrofes de Brasil arredor da Amazonia e cunca do Orinoco.

Caimán anano de Cuvier ven no BUSCatermos como sinónimo de caimán almiscareiro común (se clicas no nome para abrir a información), pero dá como referencia o Dicionario da Deputación, do que eu non dispoño. Se ti o tes e dis que non aparece nel, entón igual hai que quitar ese nome tamén. Fai como vexas.-

E xa postos, falando do aligátor do Mississippi (calcado do nome científico) tampouco me parece o mellor, xa que non se estende moito pola cunca do Mississippi, senón polo sur de EUA e onde máis abunda é en zonas fóra da cunca do Mississippi. O máis axeitado para el sería aligátor americano, xa que só hai dous aligátores, un na China (aligátor da China) e outro en América (aligátor americano), que fundamentalmente é norteamericano (viven en EUA e un pouco no norte de México), pero en calquera caso americano.-Miguelferig (conversa) 30 de agosto de 2017 ás 21:36 (UTC)