Taiga

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A taiga,[1] ou taigá[Cómpre referencia], (pronunciado /'taɪgə/ ou /taɪ'gə/, do ruso тайга́), tamén coñecida por bosque de coníferas, ou bosque boreal, é un bioma comumente atopado no norte de Alaska, Canadá, sur da Groenlandia, parte de Noruega, Suecia, Finlandia, Siberia e Xapón.

No Canadá, emprégase o termo bosque boreal para designar a parte meridional dese bioma, e o termo taiga é usado para designar as áreas menos arboradas ao sur da liña de vexetación arbórea do Ártico.

Na Galiza, Portugal e no Brasil, o termo taiga é xeralmente empregado para designar os bosques rusos, en tanto que se usa bosque boreal ou bosque de coníferas para referirse aos bosques dos restantes países.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. taiga no dicionario da RAG.