Wikipedia:Como contactar con outros usuarios

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Atallo:
WP:CONTACTAR

A comunicación entre os colaboradores da Galipedia favorece a boa marcha do proxecto. Aqueles que levan máis tempo traballando no Wiki, non só agradecen e están en disposición de apoiar a calquera do resto de compañeiros, senón que perciben como un excelente indicio de interese e responsabilidade que un novo usuario se poña en contacto con eles persoalmente ou responda as mensaxes que lles envían. Os seguintes apuntamentos están destinados a facilitar ese contacto.

Contactar na Taberna[editar a fonte]

Para asinar usa este botón.png

Tamén é posible facer preguntas ou observacións na Taberna. O procedemento é sinxelo:

  1. Accede a Wikipedia:A Taberna.
  2. Preme enriba da lapela editar (na parte superior da páxina).
  3. Vai ó final da páxina e escribe o contido que desexes.
  4. Ó rematares de escribir, asina facendo clic no penúltimo botón que está por riba da barra de edición (ten unha sinatura por debuxo).
  5. Garda os cambios que realizaches premendo en "Gardar a páxina".

Contactar cun usuario[editar a fonte]

Tódolos usuarios teñen unha páxina persoal (Usuario:Nome de usuario) e unha páxina de conversa (Conversa Usuario:Nome de usuario) para que os demais usuarios se dirixan a el. O procedemento para contactar persoalmente con outro usuario, pode realizarse de diversos xeitos.

  1. Accede á páxina de conversa do usuario:
    1. Se sabes o nome de usuario co que desexas contactar, podes facer unha busca escribindo na caixa de procura Conversa Usuario:Nome de usuario.
    2. Se por un casual accedes á páxina de usuario (Usuario:Nome de usuario) do usuario co que desexas contactar, repara en que, se premes na lapela conversa que está na parte superior da páxina, accedes á súa páxina de conversa.
    3. Facendo clic na sinatura dos usuarios accederás ben á súa páxina de usuario,ben á súa páxina de conversa.
  2. Preme enriba da lapela nova sección (na parte superior da páxina).
  3. Ó rematares de escribir, asina premendo no botón que ten como debuxo un lapis azul asinando.
  4. Garda os cambios que realizaches premendo en "Gardar a páxina".

Tamén podes dar aviso dos teus comentarios a outros usuarios se pos dentro do mesmo unha ligazón ás súas páxinas de conversa. Ó facer iso o Sistema de Notificación da Galipedia deixaralles unha nota que verán a seguinte vez que accedan ó sistema.


Frecha. Volver á páxina de axuda.