Conversa usuario:Rei Momo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Benvido(a) á Galipedia, Rei Momo!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Crystal Clear app korganizer.png Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Icon apps query.svg Onde atopar axuda

Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.

Crystal Clear app amor.png Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.   Para asinar usa este botón.png
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegaciónCheck mark.png Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Nuvola gnome-fs-trash-full.svg Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo.--. HombreDHojalata.conversa 1 de agosto de 2013 ás 21:40 (UTC)

File-manager.png Archive:

Request translation Isabelle de Charrière[editar a fonte]

Hello Rei Momo Could you also write / translate the article of isabelle de Charrière for the GL.wiki or find someone else to do that?? That would be appreciated. Boss-well63 (conversa) 4 de xuño de 2020 ás 09:39 (UTC)

Recoñecemento cando se traduce doutra Wikipedia[editar a fonte]

Ola Rei Momo.

Por favor, ten en conta que os textos da Wikipedia, en tódalas linguas, publícanse baixo CC BY-SA, e entre os requirimentos desta licenza está o recoñecemento. Isto quere dicir que cando se traen, traducíndoos, contidos doutras wikipedias, cómpre recoñecer a súa orixe/autoría.

Na Wikipedia en galego adoitamos facelo dunha das seguintes dúas maneiras:

  • A maneira máis doada, e empregada, é deixar constancia no cadro Resumo. Exemplos:
Exemplo de recoñecemento.
→ Esta achega é unha tradución do artigo da Wikipedia en castelán: [[:es:Cristóbal Colón]]
→ Este artigo contén material procedente dos artigos das Wikipedias en inglés e portugués: [[:en:Europa]] e [[:pt:Europa]]
→ A primeira edición deste artigo procede da tradución e adaptación do artigo homónimo da Wikipedia en lingua_que_sexa
→ Tradución da versión http://pt.wikipedia.org/w/index.php?title=Albert_Einstein&oldid=11330571 do artigo da Wikipedia en portugués
  • Alternativamente ou complementariamente, tamén se pode facer constar na páxina de conversa do artigo, por exemplo empregando o modelo {{Traducido de}}.

Moitas grazas, un saúdo e a seguir! --Estevo(aei)fálame aquí 7 de setembro de 2020 ás 06:37 (UTC)

Benedicta Boccoli[editar a fonte]

Boas Rei Momo. Grazas polas túas achegas. Xa lle votei unha ollada aos dous artigos que me dis e o filme ten moi boa pinta, anotareino para velo. Agardo que todo vaia ben. A situación pola Covid é moi complicada en todas partes. Moitos azos e saúde compañeiro.--Breogan2008 (conversa) 23 de outubro de 2020 ás 08:42 (UTC)

Recoñecemento cando se traduce doutra Wikipedia[editar a fonte]

Ola Rei Momo.

Por favor, ten en conta que os textos da Wikipedia, en tódalas linguas, publícanse baixo CC BY-SA, e entre os requirimentos desta licenza está o recoñecemento. Isto quere dicir que cando se traen, traducíndoos, contidos doutras wikipedias, cómpre recoñecer a súa orixe/autoría.

Na Wikipedia en galego adoitamos facelo dunha das seguintes dúas maneiras:

  • A maneira máis doada, e empregada, é deixar constancia no cadro Resumo. Exemplos:
Exemplo de recoñecemento.
→ Esta achega é unha tradución do artigo da Wikipedia en castelán: [[:es:Cristóbal Colón]]
→ Este artigo contén material procedente dos artigos das Wikipedias en inglés e portugués: [[:en:Europa]] e [[:pt:Europa]]
→ A primeira edición deste artigo procede da tradución e adaptación do artigo homónimo da Wikipedia en lingua_que_sexa
→ Tradución da versión http://pt.wikipedia.org/w/index.php?title=Albert_Einstein&oldid=11330571 do artigo da Wikipedia en portugués
  • Alternativamente ou complementariamente, tamén se pode facer constar na páxina de conversa do artigo, por exemplo empregando o modelo {{Traducido de}}.

Moitas grazas, un saúdo e a seguir! --Estevo(aei)fálame aquí 18 de novembro de 2020 ás 21:58 (UTC)

Xa empregaches o modelo noutras ocasións, como nesta edición. --Estevo(aei)fálame aquí 18 de novembro de 2020 ás 22:45 (UTC)

Gino Bramieri[editar a fonte]

Feito, xa corrixín unhas pequenas cousas. O certo é que estaba moi ben traducido. Parabéns!! Aproveito a túa boa vontade para pedirche se podías traducir o artigo O que arde ao italiano. É un filme do que gosto moito e estaría moi agradecido se o puideses traducir. Saúdos Rei Momo. --Breogan2008 (conversa) 19 de novembro de 2020 ás 07:23 (UTC)

Boas Rei Momo!! Moi agradecido por ter superado con creces a miña petición do filme O que arde e facer tamén ao grande Óliver Laxe. O certo é que é toda unha sorte contar coas túas achegas na tradución de artigos. Se precisas que che bote unha man en calquera cousa só tes que dicilo. Saúde. --Breogan2008 (conversa) 26 de novembro de 2020 ás 11:53 (UTC)