Este artigo amosa letras persas. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros.
O laki (en persa:لەک;Lekî) é considerado un dialecto do luri.[1][2][3][4][5] As semellanzas gramaticais co khorramabadi luristani son dun 78%, co persa dun 70%, e co luri dun 69%.[6]
O laki fálase[7] nas áreas ao sur de Hamadân e inclúen as cidades de Nahawand, Tuisirkân, Nurâbâd, Ilâm, Gilân, e Pahla (Pehle), así como as zonas rurais nos distritos de Horru, Selasela, Silâkhur, e o norte de Alishtar no oeste de Irán. Existen tamén colonias de falantes de laki desde o Khurâsân até o mar Mediterráneo. Algúns falantes de laki poden atoparse en Azerbaidján, os montes Alburz, a rexión costeira do Caspio, o enclave Khurasani, as terras montañosas entre Qum e Kâshân, e a rexión entre Adiyaman e o río Ceyhan no extremo oeste do Kurdistán na península de Anatolia. Hai tamén tribos kurdas chamadas Lak que agora falan outros dialectos do kurdo, que se poden atopar hoxe no centro de Turquía, no Cáucaso e nos suburbios de Teherán.
A sintaxe e o vocabulario do laki foi moi alterado polo luri. A gramática básica e o sistema verbal do laki é, como noutras linguas kurdas, claramente iránico. O laki é fundamentalmente diferente do luri, e similar ao kurdo.