Serra do Eixe

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Vista de Pena Trevinca, o pico máis alto da serra.

A serra do Eixe[1][2][3][4][5][6] ou serra do Eixo[7] é unha cadea montañosa de orientación NO-SL situada no leste de Galicia, a cabalo entre os concellos da Veiga e Carballeda de Valdeorras. Fai parte do macizo de Pena Trevinca.

Características[editar | editar a fonte]

Nela atópanse as alturas máis elevadas de Galicia: Pena Trevinca con 2127 m, Pena Negra con 2121 m, e Pena Surbia con 2116 m de altitude. Separa as concas do río Xares e do río Sil. Dun extraordinario interese natural, nela está O Teixedal, espazo único en Europa e vales glaciares. A aldea de Xares é dun gran valor arquitectónico e etnográfico e padece un lamentable abandono. Parte da Serra está incluída como lugar de importancia comunitaria proposto para a Rede Natura 2000. Encóntrase moi danada por explotacións de lousa e ameazada pola construción de parques eólicos. Limita cun parque natural de Seabra da provincia de Zamora pero a Xunta de Galicia carece dun proxecto de creación dun parque similar no territorio galego. Porén os seus atractivos propiciaron investimentos en turismo rural e de natureza e a declaración da Veiga como municipio turístico de Galicia.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Inés Santa María Otero e Noé Massó Lago: Atlas xeográfico e histórico de Galicia e do Mundo (2009), Edicións do Cumio, ISBN 978-84-8289-328-0. Sª do Eixe: páxina 48. Serra do Eixe: páxina 109 (C1-2).
  2. "Eixe, Serra do" en Gran Enciclopedia Galega en DVD.
  3. Mapa: Serras de Galicia en Diciopedia do século 21, t. 3, p. 1920.
  4. Mapa físico de Galicia. Xunta de Galicia e Faro de Vigo. Escala 1:350.000. Abril 2012. Aneto Publicaciones. GradualMap. D.L. B-11909-2011.
  5. "Serra do Eixe" no visor do SIXPAC.
  6. Pena Trevinca e serra do Eixe en Turgalicia: [1] [2] [3]
  7. Rúa, A en Diciopedia do século 21, t. 3, p. 1839.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]