Termigal é o organismo "encargado da coordinación xeral das actividades terminolóxicas relativas á lingua galega, de promover e levar a cabo a elaboración de recursos terminolóxicos e de garanti-la súa dispoñibilidade, e de promove-lo desenvolvemento de produtos de enxeñaría lingüística en que a terminoloxía teña unha especial incidencia" [1]. Foi creado en 1997 mediante un convenio asinado entre a Real Academia Galega (coma autoridade académica encargada da normativización da lingua galega) e a Dirección Xeral de Política Lingüística da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (coma organismo competente en materia de política lingüística). Actualmente está establecido coma un proxecto do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades (CIRP) e incluído coma unha sección da RAG[2], centrándose en definir a terminoloxía técnica en galego. Na actualidade está coordinado por Manuel González González e nel traballan tres bolseiros que xestionan os seguintes servizos:
con apoio exterior, desenvolven terminoloxía específica e sistemática para determinadas áreas de especialidade, con proxectos a longo prazo moi amplos e variados (hostalería, mundo empresarial, botánica, oficios e profesións, automoción, música);
resolución de consultas realizadas por teléfono ou mediante o correo electrónico, principalmente procedentes de tradutores, terminólogos ou servizos de normalización lingüística.
Fernando Lahuerta Mouriño & Francisco X. Vázquez Álvarez & Xosé L. Rodríguez Villanueva (2002) Vocabulario multilingüe de acuiculturaSantiago de Compostela: Termigal, CIRP-Xunta de Galicia. ISBN 844533316X
Fernando Lahuerta Mouriño & Francisco X. Vázquez Álvarez (2000) Vocabulario multilingüe de organismos acuáticosSantiago de Compostela: Termigal, CIRP-Xunta de Galicia. ISBN 8445329138