Conversa Wikipedia:Libro de estilo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Visitas á páxina deste artigo nos últimos 30 días

Estatísticas detalladas de tráfico
Replacement filing cabinet.svg
Arquivos
1, 2

Variantes galegas - forma máis recomendable[editar a fonte]

Se ben para as variantes galegas sempre se procura respectar a escolla do primeiro editor cando hai dúas formas válidas, dende hai un tempo veño observando que en ocasións corríxense variantes das que o RAG indica que hai unha "forma máis recomendable". Propoño xa que logo engadir isto na sección de variantes galegas da seguinte forma (marcado aquí en negras):

A Galipedia segue a normativa oficial do galego da RAG. Debido ás reformas producidas no ano 2003 na normativa, existen casos nos que hai dúas ou máis opcións válidas para a escrita dunha palabra. Cando o RAG indica unha forma máis recomendable para varias opcións válidas, optaráse pola opción máis recomendable indicada. Para o resto de variantes a norma aplicada dentro da Galipedia consiste en respectar as decisións do primeiro editor do artigo. Deste xeito, conservaranse ao longo dos artigos as solucións do tipo ó/ao, -ble/-bel, -ería/-aría ou Galicia/Galiza escollidas polo primeiro editor simplemente por motivos de coherencia. Se se fai un cambio dun amable por un amábel, ou viceversa, esta modificación será revertida. Convén lembrar que ambos os adxectivos son correctos, e non hai preferencia nin por un nin polo outro máis ca a que teña o usuario orixinal.

Banjo tell me 11 de outubro de 2018 ás 17:43 (UTC)

Discordo. Por aquilo de manter a variedade lingüística. --. HombreDHojalata.conversa 11 de outubro de 2018 ás 19:46 (UTC)
Eu opino o mesmo que HombreDHojalata. Sinceramente, acho que optar por este tipo de solucións limita enormemente a liberdade dos editores no seu traballo. O idioma non debe ser conducido cara a unha dirección concreta por un interese determinado, aínda que sexa coa mellor intención. Saúdos --Castelao (conversa) 12 de outubro de 2018 ás 06:08 (UTC)
Razonable... Non o vira dende ese aspecto. Deixámolo estar logo. Banjo tell me 12 de outubro de 2018 ás 07:04 (UTC)
Concordo coa visión xeral de respectar a decisión do primeiro editor. Así e todo quedan aqueles casos nos que o primeiro editor emprega dúas solucións diferentes, neses casos parece obvio que hai que harmonizar. No caso de haber unha forma abrumadora no texto o lóxico é elixir esta última. Pero para os casos de existir no mesmo texto dúas solucións máis o memos parellas elixe o editor que harmoniza pero penso que é nestes casos cando se pode seguir o criterio da RAG e empregar as formas máis recomendables. Así se dende o comezo hai terminacións en -ería e -aría ( a cantidade é o de menos a non ser que unha forma sexa abrumadora, quitando claro os casos de formas obrigatorias en -ería ou -aría) e aplicando o criterio das NOMIG ( "A forma -aría, maioritaria no galego medieval, era o resultado fonético regular da correspondente latina -ARÍA. Por iso debe dárselle preferencia a esta solución") si que se debería harmonizar en -aría. E así para o resto das formas máis recomendables segundo o DRAG.--HacheDous=0 (conversa) 12 de outubro de 2018 ás 11:39 (UTC)