Castro de Santa Comba: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
bibliografía
Liña 25: Liña 25:
== Acesos ==
== Acesos ==
O aceso só é posible en baixamar á illa central que é a de maior tamaño e na que está a Ermida de Santa Comba.
O aceso só é posible en baixamar á illa central que é a de maior tamaño e na que está a Ermida de Santa Comba.

==Bibliografía==
* Xosé-Lois Armada e Víctor Alonso. O xacemento de Santa Comba e a minería de Covas. Edicións Embora, 2015<ref>[http://www.diariodeferrol.com/articulo/ferrol/xacemento-santa-comba-mineria-covas-volven-ser-motivo-analise/20150820221724132258.html O xacemento de Santa Comba e a minería de Covas volven ser motivo de análise diariodeferrol.com]</ref>


== Notas ==
== Notas ==

Revisión como estaba o 20 de agosto de 2015 ás 23:08

Coordenadas: 43°33′34.23″N 8°16′57.08″O / 43.5595083, -8.2825222

Castro de Santa Comba
ParroquiaCovas
Concello[[Ferrol]]
ProvinciaA Coruña
Comunidade autónomaGaliza
Cronoloxía
Data da descuberta2001-2006
Períodos de escavación2001-2006
Véxase tamén
Castros de Galiza

O Castro de Santa Comba é un castro costeiro situado na illa de Santa Comba (concello de Ferrol), formada actualmente por tres illas, con orientación NO-SE. Sobre a illa central, a de maior tamaño, está a Ermida de Santa Comba, do século XI.

Descrición

Debuxo dunha fusaiola do século I da era actual ou I antes da actual. Coa inscrición REBE TRASANCI AVG[VST]E.

No ano 2001 a Universidade da Coruña e o CSIC iniciaron un traballo de escavación na illa de Santa Comba que foi continuado ata o ano 2006. As tres illas formaban unha península unida a terra. As tres illas teñen unha lonxitude total de 320 metros e unha anchura máxima de 110 metros. Alí atopouse o único forno obradoiro para traballos con ferro que se coñece en Galiza[1].

O 15 de outubro de 2001 André Pena Graña atopou unha lousiña circular datada no século I do tamaño e da forma dunha fusaiola duns 4 centímetros de diámetro, cunha inscrición adicada a Reva: REBE TRASANCI AVG[VST]E[2] ("PARA REVA TRASANCIUCA", da «Terra de Trasancos»). Esta inscrición fai referencia á Terra de Trasancos, organización territorial nacida durante a Cultura castrexa.

As prospeccións feitas na terceira campaña de prospeccións arqueolóxicas nas illas e na zona próxima feitas polo CSIC e a UDC atoparon indicios de construcións[3] .

Acesos

O aceso só é posible en baixamar á illa central que é a de maior tamaño e na que está a Ermida de Santa Comba.

Bibliografía

  • Xosé-Lois Armada e Víctor Alonso. O xacemento de Santa Comba e a minería de Covas. Edicións Embora, 2015[4]

Notas

Véxase tamén

Outros artigos