Saltar ao contido

Castro de Santa María de Cervantes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Castro de Santa María de Cervantes
O Castro Editar o valor en Wikidata
 Instancia de
Datas
 Fundación / creación
século I Editar o valor en Wikidata
Dimensión
Superficie0,3 ha e 6.500 m² Editar o valor en Wikidata
Localización
 Situado en
Patrimonio cultural
Id. catálogoGA27012001
Ben de Interese Cultural de España
Fontes e ligazóns
Redes
Patrimonio Galego: 6062
Wikidata C:Commons

O castro de Santa María de Cervantes é un poboado castrexo situado na ribeira dos Ancares, na parroquia do Castro, a 12 km da capital do concello de Cervantes, na provincia de Lugo.

Características

[editar | editar a fonte]

Localízase nun promontorio no val do río Quindós, afluente do río Navia. Ten forma elíptica, de norte a sur mide uns 80 metros e de leste a oeste uns 50 metros. Está datado na Idade de Ferro (século I ou II), e ten grande interese polo gran potencial dos seus restos.

Foi estudado entre 1995 e 1996, se ben calcúlase que só se escavou unha décima parte da súa superficie. Os materiais atopados consérvanse no Museo Provincial de Lugo. Documentáronse 23 construcións de uso doméstico, amais de zonas de paso, canles, muros de nivelación, escaleiras, enlousados, muros de descarga e de nivelación e sistemas de drenaxe. Nunha das vivendas documentouse a existencia dun andar superior. Varias das construcións tiñan os muros interiores enlucidos e pequenas alacenas de pedra. Documentáronse os marcos de madeira das portas, que foron restituídos.

Sobre os restos do conxunto construíuse unha necrópole medieval, entre os séculos XIII e XIV, reutilizando parcialmente pedras do asentamento castrexo, e mesmo algún muro da construción anterior. Tiña 63 sepulturas, en moitas das cales se puideron recuperar restos óseos.

Enriba do mesmo sitúase a igrexa de Santa María.

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]