Castro de Borneiro
Coordenadas: 43°11′41″N 8°57′10″O / 43.19472222, -8.95277778
Castro de Borneiro | |
---|---|
![]() | |
Parroquia | Borneiro |
Concello | Cabana de Bergantiños |
Provincia | A Coruña |
Comunidade autónoma | Galicia |
Id. catálogo | GA15014003 |
Cronoloxía | |
Datas de ocupación | séc. -VI a.C. a século I d.C. |
Data da descuberta | 1924 |
Períodos de escavación | Anos 30 Anos 70 Anos 80 |
Estado actual | Escavado parcialmente e consolidado. Visita libre |
Extensión estimada | ? ha. |
Véxase tamén | |
Castros de Galicia |
O castro de Borneiro ou da Cibdá[1] é un castro galaico datado a finais da Idade de Bronce, pertencente á coñecida como Cultura castrexa. Sitúase na parroquia de Borneiro (Cabana de Bergantiños), a 500 metros da estrada LC-430 de Ponteceso a Baio. A poucos quilómetros está o famoso dolmen de Dombate. O poboado castrexo ten sido obxecto de escavacións arqueolóxicas e traballos de consolidación que permiten a súa visita. Foi catalogado como Ben de Interese Cultural en 2011[2]
Descrición[editar | editar a fonte]
Foi o primeiro castro en ser datado cientificamente co método do carbono-14 en Galicia [Cómpre referencia]. Estivo habitado entre os séculos VI a.C. e o I d.C., pero non se observaron sinais de romanización. A súa localización é un tanto atípica, nunha ladeira orientada ao leste que baixa cara a un regato, a unha altura de 200 metros.
Foi descuberto en 1924 polo xeógrafo Isidro Parga Pondal e Ciriaco Pérez Bustamante, e comezouse a escavar na década de 1930 por Sebastián González García-Paz. Na década de 1970 retomou as escavacións Jorge Juan Eiroa, e xa na década de 1980 leváronse a cabo as escavacións máis senlleiras por parte de Ana Romero Masiá. Na actualidade presenta escavadas un total de 36 construcións -case as tres cuartas partes da súa extensión total-. As vivendas son circulares e cuadrangulares coas esquinas redondeadas, de gran tamaño en comparación coas doutros castros.
Atopáronse múltiples fragmentos de cerámica indíxena, útiles de bronce e ferro, muíños de pedra, fusaiolas, fíbulas, moldes de fundición ou contas de vidro, hoxe en día expostos no Museo Arqueolóxico e Histórico da Coruña.
A acrópole está rodeada por un foxo e dous muros defensivos en todo o seu perímetro, excepto no lado leste onde a acentuada pendente do terreo actúa como defensa natural, cunha extensión de 90 metros de longo por 55 de largo.
Ademais do recinto principal hai unha zona coñecida como o Barrio Extramuros, no lado leste, coincidindo coa entrada principal do poboado. É un conxunto formado por unha gran casa ovalada, dúas fontes con desaugadoiro e un forno circular que debeu estar cuberto cunha bóveda.
Galería de imaxes[editar | editar a fonte]
-
-
Entrada ao recinto
-
Vista xeral
-
Sauna castrexa e pedra formosa, monumento con forno.
-
Vista aérea.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Así é o novo acceso ó histórico castro da Cibdá en Cabana de Bergantiños". maio de 2019.
- ↑ Xunta de Galicia (13 de decembro de 2016). "Bens de Interese Cultural (BIC". abert@s. Arquivado dende o orixinal (csv) o 26 de marzo de 2019. Consultado o 26 de marzo de 2019.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Castro de Borneiro ![]() |