Castro de Santa Comba

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 43°33′34.23″N 8°16′57.08″O / 43.5595083, -8.2825222

Castro de Santa Comba
Castro de Santa Comba Illa de Santa Comba Covas Ferrol.jpg
Parroquia Covas
Concello Ferrol
Provincia A Coruña
Comunidade autónoma Galiza
Cronoloxía
Data da descuberta 2001-2006
Períodos de escavación 2001-2006
Véxase tamén
Castros de Galiza

O Castro de Santa Comba é un castro costeiro situado na illa de Santa Comba (concello de Ferrol), formada actualmente por tres illas, con orientación NO-SE. Sobre a illa central, a de maior tamaño, está a Ermida de Santa Comba, do século XI.

Descrición[editar | editar a fonte]

Debuxo dunha fusaiola do século I da era actual ou I antes da actual. Coa inscrición REBE TRASANCI AVG[VST]E.

No ano 2001 a Universidade da Coruña e o CSIC iniciaron un traballo de escavación na illa de Santa Comba que foi continuado ata o ano 2006. As tres illas formaban unha península unida a terra. As tres illas teñen unha lonxitude total de 320 metros e unha anchura máxima de 110 metros. Alí atopouse o único forno obradoiro para traballos con ferro que se coñece en Galiza.[1]

O 15 de outubro de 2001 André Pena Graña atopou unha lousiña circular datada no século I do tamaño e da forma dunha fusaiola duns 4 centímetros de diámetro, cunha inscrición adicada a Reva: REBE TRASANCI AVG[VST]E[2] ("PARA REVA TRASANCIUCA", da «Terra de Trasancos»). Esta inscrición fai referencia á Terra de Trasancos, organización territorial nacida durante a Cultura castrexa.

As prospeccións feitas na terceira campaña de prospeccións arqueolóxicas nas illas e na zona próxima feitas polo CSIC e a UDC atoparon indicios de construcións.[3][4]

Accesos[editar | editar a fonte]

O acceso só é posible na baixamar á illa central que é a de maior tamaño e na que está a Ermida de Santa Comba.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Armada, Xosé-Lois e Alonso, Víctor (2016): O xacemento de Santa Comba e a minería de Covas. Edicións Embora

Outros artigos[editar | editar a fonte]