AC-211

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
AC-211
Mapa
Estrada AC-211
Inicio da estrada AC-211 no Temple
Identificador
TipoloxíaEstrada da Rede Primaria Complementaria
RedeRede de estradas de Galicia
Titular da vía
Xunta de Galicia

Dimensións
Lonxitude0,68 km
Formato1 carril por sentido
Localización
Inicio AC-12  San Pedro de Nós
Fin DP-1706   Ponte do Burgo 

A AC-211[1][2] (na provincia da Coruña), é unha estrada da Rede Primaria Complementaria da Xunta de Galicia que une as localidades de San Pedro de Nós e a Ponte do Burgo (O Temple); atravesa os concellos de Oleiros e Cambre. Ten unha lonxitude de 0,68 quilómetros e iníciase nun cruzamento coa AC-12 en San Pedro de Nós (Oleiros) e finaliza nun cruzamento coa DP-1706 na ponte do Burgo, no Temple (Cambre).

Percorrido[editar | editar a fonte]

A estrada, plenamente urbana, inicia o seu percorrido no Seixal (Oleiros), no límite co concello de Cambre. Baixa á Costa da Tapia, na parroquia do Temple (Cambre) até a ponte da ría do Burgo, na desembocadura do río Mero.

Cambio de titularidade[editar | editar a fonte]

En 2016[3] o Consello da Xunta de Galicia aprobou ceder ao Concello de Culleredo a titularidade e a xestión desta estrada no treito comprendido entre A Pasaxe e a ponte do Burgo, amais dunha caseta de legoeiros en Acea de Ama.

Trátase dun treito de 2,67 quilómetros de lonxitude dunha vía (case a súa totalidade) que alberga localidades moi poboadas como Fonteculler, Acea de Ama e O Burgo e que, ademais, soporta unha carga diaria de aproximadamente 3.000 vehículos. Con isto, o concello a transformará nunha auténtica vía urbana. O cambio de titularidade será efectivo ao día seguinte da publicación do decreto no DOG (é dicir, o día 18 de marzo de 2016) e a entrega dos bens formalizarase no prazo de dous meses mediante a sinatura da acta. Desde o goberno local explicaron que unha das primeiras medidas que se tomará na AC-211 será a renovación do sistema de semáforos e a eliminación do cambio de sentido fronte á urbanización "La Ría".[4] O cambio empezouse a notar cando nos indicadores de tráfico tapouse o antigo nome da estrada, AC-211.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]