Vilaboa, Rutis, Culleredo
Vilaboa | |
---|---|
Vista de Vilaboa en 2013. | |
Parroquia | Rutis |
Concello | Culleredo |
Coordenadas | 43°18′42″N 8°22′57″O / 43.311527777778, -8.3825277777778 |
Poboación | 3152 hab. (2016) |
[ editar datos en Wikidata ] |
Vilaboa é un lugar da parroquia de Rutis no concello coruñés de Culleredo na Comarca da Coruña. Vilaboa é o núcleo principal da parroquia de Rutis. Tiña 3152 habitantes no ano 2016 segundo datos do INE dos cales 1509 eran homes e 1643 mulleres.
Esténdese ao longo do percorrido da estrada N-550 desde o núcleo da Corveira até o aeroporto de Alvedro. Existen probas do seu poboamento desde a época romana. Actualmente experimenta un acusado desenvolvemento urbano.
En 2018, o muralista KSE realizou dous murais sobre obras de Urbano Lugrís, onda a casa de comidas Casa Rumbo, que frecuentaba o pintor, cos títulos de Mariñeiro en botella e Illas Cíes.[1]
Topónimo
[editar | editar a fonte]Un escrito de 1186 cita ao lugar como Villam Bonam[2]:
illas zenias quas fecistis iuxta Burgum de Faro in rivulum qui discurrit iuxta Villam Bonam.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Rutis
[editar | editar a fonte]Lugares da parroquia de Rutis no concello de Culleredo | |
---|---|
Acea de Ama | Castro | Conduzo | Cordeda | A Corveira | Fonteculler | A Laxe | O Portádego | Vilaboa |
Parroquias de Culleredo
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Urbano Lugrís sigue muy presente en Vilaboa", en La Voz de Galicia 22.01.2018.