Cruz paté

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A cruz paté ou cruz patada é aquela cruz cuxos brazos se estreitan ó chegar ó centro e se ensanchan nos extremos. O seu nomé provén de que os brazos deste tipo de cruz semellan patas. Existen moitos tipos de cruces paté.

A cruz paté asóciase cos cabaleiros templarios. «O 24 de abril de 1147, o papa Uxío III, papa concedeu ós templarios o dereito a levar permanentemente a cruz; cruz sinxela, pero ancorada ou paté, que simbolizaba o martirio de Cristo; de cor vermella, porque o vermello era o símbolo do sangue verquido por Cristo, pero tamén da vida. A cruz estaba colocada no seu manto sobre o ombreiro esquerdo, enriba do corazón.»[1]

Posteriormente, foi utilizada polos cabaleiros teutónicos (o seu emblema era unha cruz paté negra sobre fondo branco) e máis tarde foi asociada a Prusia e ó Imperio alemán de 1871 a 1918. Os militares alemáns continuaron usando esta cruz despois de 1918. Unha versión da cruz de ferro é empregada polo exército alemán coma o seu símbolo e píntase en avións e vehículos militares.

Esta cruz tamén se coloca diante do nome dun bispo que emite o imprimatur ou en determinados mapas e sinala o lugar onde se atopa unha localización cristiá.

A cruz paté é emblemática da rexión xeográfica do Vexin, no noroeste de Francia, onde se atopa en numerosos marcos e cruces de monumentos.

Unha versión da Cruz Paté é empregada por Teletón, un evento benéfico de axuda a nenos tolleitos, nas Teletóns de Chile, o Perú e o Uruguai.

Algunhas variantes das cruces paté:

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Demurger, Alain (1989). Vie et mort de l'ordre du Temple (1120-1314). Éditions du Seuil. p. 79. ISBN 2-02-020815-6. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]