Torre de Celas de Peiro
Torre de Celas de Peiro | ||||
---|---|---|---|---|
![]() | ||||
Tipo | torre e monumento ![]() | |||
Localización | ||||
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | Galicia | |||
Provincia | provincia da Coruña | |||
Concello | Culleredo | |||
Parroquia | Celas ![]() | |||
Patrimonio cultural | ||||
Ben de Interese Cultural | ||||
Data | 17 de outubro de 1994 | |||
Identificador | RI-51-0008842 | |||
Contacto | ||||
Redes | ![]() | |||
[ Wikidata ] [ C:Commons ] |
A Torre de Celas de Peiro[1] é o que queda en pé da fortaleza medieval de Vinseira, tamén coñecida como Torre de Vinseira Pequena[2] ou Fortaleza dos Condes de Andrade. Sitúase na parroquia de Celas, no concello coruñés de Culleredo.
A fortaleza xa existía no ano 1395. Pertenceu á casa de Andrade, e aínda conserva escudo coas súas armas.
Historia
[editar | editar a fonte]
Esta torre é o único que queda do antigo castelo de Vinseira, que xa existía anteriormente a 1395, pois a primeira referencia documental a esta fortificación data dese ano. O castelo e os seus dominios pertencían á casa dos Andrade. Foi destruída durante a Gran Guerra Irmandiña, e reconstruída pouco tempo despois.
Durante boa parte da Idade Media foi a única fortificación galega que permaneceu fóra do dominio da nobreza grazas ó foro de reguengo concedido por Afonso VIII no século XIII, o cal dispuña que a cidade non podía ter como veciños nin monxes nin nobres.
Pero este foro non foi sempre respectado e consta como, xa en 1395, o fidalgo Martín Becerra (posiblemente ás ordes dos Andrade) someteu os campesiños coa axuda deste castelo de Celas. Encontrándose coa forte oposición do concello coruñés, finalmente chegaron ó acordo de eliminar da fortificación os elementos defensivos como os palenques, seteiras, beirís e ameado.
Características
[editar | editar a fonte]Na actualidade só se conserva unha torre de planta cadrada, con 8 metros de lado, e 12 metros de altura. Nela aínda se aprecia o brasón de armas dos Andrade. Ata tempos recentes tivo acaroado un pazo xa desaparecido. Foi obxecto de restauración en 1992, cando se acondicionou como espazo museolóxico e de exposicións. Entre 1994 e 2011 as súas instalacións albergaron o Museo Etnográfico de Culleredo.
Conta coa protección da Declaración xenérica do Decreto de 22 de abril de 1949, e da Lei n° 16/1985 sobre o patrimonio Histórico Español.
Crese que a veciña igrexa románica de Santa María de Celas foi parte integrante da primitiva fortificación.
No ano 2019 a cadea de distribución de alimentación Gadisa fixo un anuncio de televisión no que os protagonistas pasean polo parque que arrodea á torre e aparecen nun balcón. Este balcón non existe na torre e foi engadido dixitalmente no vídeo.[3]
Notas
- ↑ Castillo López, Ángel del (1913). "Fortalezas de Galicia. La Torre de Celas de Peiro". Boletín da Real Academia Galega (75): 83–84.
- ↑ Torre de Celas de Peiro na páxina web colaborativa Patrimonio Galego.
- ↑ Vivamos como galegos - #Repunantiños habelos, hainos. #ONosoÉMoito. Minuto 2:52
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Torre de Celas de Peiro ![]() |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Boga Moscoso, Ramón (2003). Guía dos castelos medievais de Galicia. Guías Temáticas Xerais. Xerais. pp. 42–43. ISBN 84-9782-035-5.