Castelo, Culleredo
Castelo | |
---|---|
Hórreo en Vilaverde | |
Concello | Culleredo[1] |
Provincia | A Coruña |
Coordenadas | 43°17′18″N 8°23′19″O / 43.288333333333, -8.3886111111111 |
Poboación | 264 hab. (2020)[2] |
Entidades de poboación | 6[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Santiago de Castelo[1] é unha parroquia localizada no sueste do concello de Culleredo, marcadamente rural. Segundo o IGE en 2016 tiña 280 habitantes (143 mulleres e 137 homes) distribuídos en 6 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 329 habitantes.
Situación
[editar | editar a fonte]Castelo sitúase ao carón do Monte Xalo (sendo a entrada a este cumio pola súa vertente de Culleredo) e do núcleo urbano do concello de Carral; ademais de lindar coa parroquia cullerdense de Celas de Peiro e tamén coa parroquia carralesa de Tabeaio.
Economía
[editar | editar a fonte]As actividades económicas principais da parroquia son a agricultura e a gandería de autoabastecemento, minoritariamente representativas entre a poboación, traballando a meirande parte dos seus veciños fóra do lugar.
Patrimonio
[editar | editar a fonte]- Igrexa de Santiago de Castelo, reproduce a tipoloxía das igrexas rurais erixidas durante os séculos XVII e XVIII.
- Capela de San Ramón, erguida no lugar onde existiu unha dedicada á Virxe do Vao.
Festas
[editar | editar a fonte]Castelo vén celebrando dúas festas patronais anuais, reunindo varias das características das festas patronais galegas: dianas e alboradas, misas solemnes, verbenas etc.
- Festas de Santiago Apóstolo: varios días de festexos en torno ao 25 de xullo, festividade de Santiago Apóstolo.
- Festas de San Ramón: nos últimos anos celébranse o último venres, sábado e domingo do mes de agosto; sendo o venres o día grande dos festexos, onde destaca a celebración dunha gran churrascada popular.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Castelo
[editar | editar a fonte]Lugares da parroquia de Castelo no concello de Culleredo | |
---|---|
Castelo de Abaixo | Castelo de Arriba | Donepedre | Folgueira | Vilaverde | Xalo | Xián |
Parroquias de Culleredo
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- FestasCastelo.com: web sobre as festas patronais de Castelo.
- CasteloDeporte.org: web da Asociación Castelo Deporte, entidade xuvenil sen ánimo de lucro con sede en Castelo que fomenta o deporte e a cultura rural entre a mocidade.